"Non devolvas o favor, pásao" é a frase que pronuncia o inmigrante polaco unha vez decide regresar ao seu país antes que perder a dignidade. E aí, só aí, está o único instante de tenrura, o mínimo e potente desafío do soñador, ante o cacho de realidade que se nos serve, entendida esta, (a realidade, digo,) no sentido particular de amargor e crueza. É un retrato da explotación exercida polos que fartos de verse asoballados deciden gabear as escaleiras da mansión dos explotadores, polos propios fillos de quen loitou para que os traballadores tivesen uns empregos e uns salarios decentes durante o século XX, unha explotación na que o consumidor actúa de cómplice desconcienciado. Apenas unha instantánea concentrada en noventa e seis minutos, que non revela nada que non se saiba, que non se perciba cada día, pero que vai calando, filtrándose paseniño coma poalla, sen máis que unha leve vacilación, nunha ténue resistencia primeira que cede para a asumir como sinistro sinónimo de liberdade.
Á volta aferreime con toda a forza das mans aos puños calefactores para que a través dos brazos me quecese o peito friísimo que traía.
2 comentários:
Fiquei sem saber que filme era... Tenho a certeza é que ainda não vi, porque nenhum mete um imigrante polaco...
Este, Teté, era In a free world (Num mundo livre). O único que me interessou verdadeiramente dos três.
Enviar um comentário