sexta-feira, 24 de outubro de 2008

O medo é libre










O mundo é así, un paradoxo. Mentres algúns científicos se afanan en encontrar un remedio para o Alzheimer, que vai borrando os recordos ata nos anular —como para demostrar que só en canto que recordamos somos persoas enteiras—, outros, hai que amolarse!, dedícanse a procurar un método de esquecemento selectivo. Así, nuns estudos, ignoro se por xunto se por separado, duns investigadores do Brain and Behavior Discovery Institute, dos Estados Unidos, e do Institute of Brain Functional Genomics (dubido moito que se chame así o sitio este, pero se en inglés non o entenden, imaxinen se llelo alocan en mandarín) de Shànghǎi, na China, concluíron que os ratos sometidos a unha alteración xenética que provocaba aumento de actividade dunha molécula que responde (un dicir) ao sonoro nome de AlfaCaMKII (probade a pronuncialo, veredes que lindo: alfacamcadós) tiñan maiores dificultades para recordar aquilo que lles daba medo ca os ratos, digamos, normais.

Claro, ao mellor a min isto paréceme unha solemne estupidez porque non vivín nada que non queira recordar, nin bo nin malo, non digo eu que si nin que non. O que si que non vou dicir, mesmo que o pense, é que o asunto méteme un medo criminal —que non é para menos—, non vaia ser que un día esperte cunha lixeira alteración xenética e sexa incapaz de lembrar que teño medo de... De que tiña medo eu?

10 comentários:

Teté disse...

E o medo não é, por si só, uma fonte útil de informação para o futuro?

Ou seja, um bebé que coloque um dedo numa acha da lareira, ao queimar-se não aprende que nunca mais deve tocar nelas?

Parece-me que o medo faz parte da aprendizagem que vamos acumulando ao longo da vida.

E sim, estas investigações provocam-me alguns receios, lembram-me o 1984 de Orwell... (`_´)

Beijoca e bom fimde!

Sun Iou Miou disse...

Pois, Teté, isso mesmo penso eu, e por ai pensava tirar no texto, mas já não me quis estender, porque sabia que ia sair aqui esse ponto. He!
Com certeza, o estudo fala de esquecimento "selectivo", mas acho que ter medo é fundamental para sobreviver. E as más experiências, por duras e dolorosas que foram, devemos aprender a supera-las, não a esquece-las propriamente.

Beijo

condado disse...

Aquel home que subía á montaña, caía, volvía a subir e así para sempre, non sería o rato de probas destes científicos?...

Anónimo disse...

E, por exemplo, se vostede fose unha sobrevivinte do voo de Spanair... querería lembralo? Cantas veces ao día?

(pregunta pra amolar, máis ca nada; en xeral estou superafavor de vostede)

Sun Iou Miou disse...

A ese home ben lle podían dar Recordín, Condado! He!

Sun Iou Miou disse...

Pensando nese tipo de situacións, Cesare, dixen que non vivira nada que non quixera recordar. E hai cousas ben peores que un pode vivir ca un accidente de aviación. Mesmo así, a min estas investigacións métenme medo e non quixera que me quitasen o medo a ter medo.

Vostede do que está superafavor é da foto, confese. He! (Por que presentiría eu que hoxe asomaba a patiña por aquí?)

Tá-se bem! disse...

ahahahahaha Parece-me muito útil essa pílula (será distribuída pelos políticos)..??

A mim receitaram Prozac mas não me dá nenhuma vontade de rir... vocês e o malte é que dão! :)

Beijoooooo de Domingo já??? Pois :|

Sun Iou Miou disse...

Mas a pílula é para esquecer o medo, 'Ta-se bem! E se os políticos perdem o medo a perderem o poder...?!

Então, pões tu o malte e eu ponho o (só)riso?

Beijo de domingo sem santificar!

kanjas disse...

pilulas para esquecimento??

bebam mais... tenho noites que no dia a seguir me falham muitas horas e nao ando cá a tomar coisas.
quem diz eu diz os outros que de vez em quando abusam um bocadito

Sun Iou Miou disse...

Justamente o que estava a precisar agora, Fausto. Uma martelada na carola serve?