terça-feira, 7 de outubro de 2008

Sobras




Vale, hai unha pinga que afea a presentación, pero agoando como estaba, nin me decatei cando tirei a foto.



Como domingo non lle aceptei ao Condado o convite para xantar, que andaba eu a non santificar as festas, onte -en lugar de llelas botar aos cans- agasalloume cunha cea de sobras de ensalada temperada de perdiz. E dubido moi moito que o escabeche estivese mellor o día anterior.

En troco, compartín con eles as xemas que me trouxo de La Bañeza (León) un dos meus J para me adozar as penas.

Nada se crea nin se destrúe, aviso, todo se transforma.






Adiviñen de quen é a man que leva a xema que saíu movida.

24 comentários:

condado disse...

Dábame un non sei qué ao saber que te atreveras incluso coa crema de QB... Imaxino cómo sairon esas analises!

Sun Iou Miou disse...

Non te metas con LQB, Condado, que a moza está en fase experimental e ti xa tes moitos anos de carreira ao lombo.

Polas análises non te apures, que hai tanta merda neste sangue meu, que mais unha pouca non se nota.

A ensalada estaba boa. Díxencho?

(Non sei como chegariades a Cidadeabertaomar pero aquí está caendo unha agora, entre auga e vento, que dá gusto estar na casiña.)

condado disse...

Que chova, que chova, que quero preparar cogumelos...

Sun Iou Miou disse...

Que chova, logo.

(Só pensades en comer.)

Raposo disse...

Decátome de que o vaso de viño xa está nas últimas. Bebei, bebei!!

Sun Iou Miou disse...

Es observador, Raposo. O mesmo pensaba eu mentres apuraba a facer a foto para o encher de novo. Hihihi!
(É que o anfitrión tardou en chegar por cuestións de voluntariado involuntario e houbo que entreter a espera.)
Por sorte, na botella aínda había máis viño e na adega... máis botellas.

Anónimo disse...

a man non sei, pero o aro do guardanapo ben podía ser meu que teño un idéntico.
e pola presentación do prato de antes, nin se importe: desde que vde. e a queue andan á competencia, acabarán por reformar a hostelería do século xxi

Teté disse...

Xi, pá, tantas mãos a um bolo?! (nova versão de tantos cães a um osso)

Mas essa adivinha é complicada... deixa-me pensar bem... será a tua mão??? Se não desses a dica, nunca lá chegaria... (`_´)

Beijocas!

La queue bleue disse...

Jo, que inveja... que boa pinta... eu vou desistir e fazer-me a bonzinha e interessante para que sejam os demais os que me convidem...

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, eu para a cociña non teño paciencia. Iso si, son un estómago agradecido e considerado con quen me convida. Así que de competencia con LQB nada: déixolle os fogóns para ela.
Tamén non son de pratos preparados nin comida plástica, ollo. Cousas simples e rápidas pero sanciñas... até que algún sisudo estudo científico diga o contrario.

Sun Iou Miou disse...

Complicada nada, Teté. O rápido aí (e havendo doces sempre) é o Condado, que nem me queria deixar tirar uma foto à caixa antes de meter a mão.(`_^)

Sun Iou Miou disse...

Ânimo, LQB, faille a rosca ao Condado e quen sabe?, agora que empeza a tempada dos cogomelos... de aí aquí non son tantos quilómetros. (^_^)

La queue bleue disse...

Isso é verdade, sun. Eu já lhe dou jabom e tal, que sempre me admiro das cousas que fai, pero nada, é um home difícil! :P

Sun Iou Miou disse...

Hai que sabelo levar, LQB. Ti fala comigo, que xa te inclúo no paquete.

Teté disse...

Ah, afinal o guloso era outro...
(chuif, chuif, acerto sempre ao lado!!!)

Mas é lógico, as tuas haviam de estar a tirar a foto! (`_´)

Tá-se bem! disse...

Isso foi antes da análise, certo?? :p

Sun Iou Miou disse...

O Condado é um guloso fora de série, Teté. Curiosamente, gosta muito de cozinha, mas não de fazer sobremesas, de maneira que se um dia te convidar, lembra-te de lhe levar um bolo... (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Nãoooooo, Tá-se, foi após após após a análise. Mas o sangue já leva sal, também não lhe fazia mal um pouco de açúcar. :PPPP

condado disse...

Isto máis parece un chat que un cabaré como dios manda...

Sun Iou Miou disse...

Condado, a LQB está á espera de que a convides, mouco! Non mudes de tema.

Isto un chat? Que saberás ti o que é un chat? Ou xa te metiches no vicio?

condado disse...

Vou coller a moto...

Sun Iou Miou disse...

Ah, pois, agora empeza a parecer isto un chat, Condado. Colle a moto.

kanjas disse...

se soubesse que os CTT não se atrasavam muito até era menino para pedir a minha fatia. se o sabor for igual ao aspecto, deve ser óptimo :D

Sun Iou Miou disse...

O sabor é óptimo, garanto-te, Fausto.