sábado, 2 de outubro de 2010

Algunhas maneiras dolorosas de compartir a beleza do mundo. Ensaio sobre a perversión










HAI quen experimenta pracer en arrancar unha flor ―das que medran en despreocupación crecente à beira do camiño, ofrecendo o néctar alimenticio á bichería que, en troca, espalla os xermes da descendencia potencial na veciñanza, en tanto soa ao fondo moito e etéreo chilrar de paxaros― co propósito, romanticamente canónico, de agasallar un amor de morte improrrogable.

Alguns, coma quen di, agoan, deseño de coitelo a man alzada, perante o inminente sacrificio da tenrura deliciosa dunha vitela (coellos e pitos ou xabarís novos valen tamén, só que coas multiplicacións mesiánicas consoantes) ―os ollos grandes, negros, a esculcar no verde prado calquera en que pasta mentres abanea os que xa nunca han ser tetos xenerosos, os cornos a abrollar contra o amencer mesto de neboeiro― para celebrar o que se di unha churrascada cos amigos, acompañada de viño (tinto) a esgalla, pan, cachelos e mais o cheiro ao fume que se ha de apegar na roupa, tan repugnante á mañá seguinte.

Outros gozan, en fin, insensibles aos efectos espectacularmente negativos que causan sobre terceiras partes tanto vivas coma inertes ao participaren en excursións masivas que cabalgan monumentos e museos ou paisaxes, e quebran a límpida sonoridade do espazo mediante exclamacións orais prescindibles, puntuadas de ais e ós, coma láminas de vidro escachando e ferintes contra o decorado.

Eu, porén, sei que acadaría unha éxtase case agónica se os dedos me cumprisen unha aspiración sinistra das que se queren inconfesas (quede entre nós, logo): o modelado dun poema sublime en forma de carta envenenada que na última liña ou verso provoque o óbito fulminante da paixón. Que bonito é soñar...

16 comentários:

Anónimo disse...

Lamentablemente, recoñézome no terceiro grupo.
E consólese algo, que se xa ten o poema na cabeza e na intención, algún día os dedos atoparán o camiño, seguro. Persevere.

Sun Iou Miou disse...

Non sei eu, Kaplan, se estes dedos van atopar o camiño até o sublime, pero como digo soñar é bonito bonito. ;)

Chousa da Alcandra disse...

Quixen preguntar se cos dedos se fan poemas. Axiña me decatei que se poden facer poemarios!

Bjs soñados

Sun Iou Miou disse...

A de aplicacións que teñen os dedos, Chousa...!

pau disse...

Sonha e persevera, entao, é quase infalível o sucesso com a matéria e a ferramenta que trabalhas... Persevera. Sonha.

Sun Iou Miou disse...

Ai, Pau, ninguém tem dó da paixão? ;)

condado disse...

Ese día non sei se teríamos algo que celebrar, despois de morta a paixón non habería poema, estaríamos matando ao mensaxeiro, ou non?

Sun Iou Miou disse...

Nota para a posteridade: Neste día apareceu aquí un comentarista que entendeu o que escribo.

Jonas disse...

Claro, claro...!
São estúpidos então, os outros?
Hihi!

Sun Iou Miou disse...

Não, Jonasito, não são estúpidos os outros. Sou eu a estúpida que não se faz entender. Mas isto é velho já, quase tanto como a gente.

Hihihi!

Jonas disse...

...E porque não te fazes entender, então?
Hum?

Sun Iou Miou disse...

Se me fizer entender, qual a piada, então, Jonas? Hein?

Kapikua disse...

vocês decidam-se lá que quem já não percebe nada dessa merda sou eu!

beijo

Sun Iou Miou disse...

Estou a ver que precisas dum dicionário, Kapik.

Ieboj!

Kapikua disse...

blow job?

Sun Iou Miou disse...

A primeira letra é um i! ;)