sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Na véspera da estrea a modo de parabéns

Estrea de Limpeza de Sangue (o sangue fai ruído)
Sábado, 2 de Outubro · 20:30 - 22:30
Pazo da Cultura de Narón


SEI que lle debera desexar moita merda para o choio de mañá, pero à parte de noxenta considero a expresión desfasada, visto que xa nin na aldea vai ninguén en coche de cabalos ao teatro. Desexarlle moito dióxido de carbono sería mais axeitado pero vén sendo pouco ecoloxicamente correcto. E como a sorte, á parte de descartada ―disque a boa concita a mala, nun paradoxo dramático―, eu creo que é cousa do azar (isto é, primitivas e loterías afíns, que non son de desprezar, ollo) e non produto do esforzo e da vontade, mándolle por vía blogoglobeira directa un abrazo de lle estrullar os osiños todos e uns aplausos que lle estoupen os tímpanos, don Rubén Ruibal...

2 comentários:

RubRub disse...

:-DDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD (et cetera)

Sun Iou Miou disse...

Vaites, canto o lamento. Non pretendía que se lle desencaixase a queixada, RubRub (que segundo o meu tradutor automático de english-galego significa 'fregaquefrega', o que resulta moi acaído para quen anda de limpeza... ;)