Para o Marcelino Camacho
Sabes? Eu, que non entendo nada de economía, nin sequer da miña (tento apenas non escribir por riba da miñas posibilidades), creo, estou convencida, de que isto que agora nos acontece é unha confabulación perversa dos amos do diñeiro, paranoias miñas. Crise. Hai crise. Pero a crise non a provocaron os que nos vendían (ou deberei dicir antes “nos compraban con”?) unha ilusoria felicidade a prazos, un ídolo-boi de ouropel a prezo de ouro? Crise. Hai crise. Daquela imos todos facer o gran sacrificio do boi: choiar máis, gañar menos e repetir unha e outra vez a cantilena: aínda ben, aínda ben, aínda ben... Ollamos arredor: longas filas de persoas sen emprego, filas longas de persoas con fame. Aínda ben, eu teño aínda un salario que rebaixar, horas de traballo que aumentar, repetimos, obedientemente. É a crise.
E entón, imos recuar e perder dereitos laborais, eses que tanto sacrificio (e privación de liberdade) a ti e a túa familia custou ―e a tantos, a tantos sen nome.
Imos recuar, que hai crise e é preciso encher máis e máis os petos dos poderosos, en tanto o caravel vermelho se tinxe de breu.
Morrer será regresar ao punto de partida?
6 comentários:
Houbo persoas (coma él) que partiron o peito para acadar dereitos diante dos que hoxe semella que efectivamente recuamos. Quero pensar que os esforzos por él (e por outros) realizados non caerán no baleiro aínda que hoxe esa sexa a percepción.
Fan falla mais malladores coma Marcelino, que sigue habendo gran que limpar; así que eu case espero que morrer consista en retomar o punto de partida.
Ainda há poucos minutos, ao falar com uma amiga ao telefone, concordámos que este era mais um desses passes de mágica dos poderosos (ajudados pelos políticos lambebotas), em abono do grande capital e de lucros cada vez maiores...
E a malta agacha-se, porque morre de medo de também entrar na fila do desemprego ou, pior ainda, dos esfomeados!
Esse cravo da foto está bem negro!
Os bancos agochan o diñeiro, esperarán e cando o saquen a inflación será descomunal. Pero ¿a eles que lles importa? son os donos do mundo e xa non queda quen lles plante cara como o fixo él.
(plántelles?)
Nao sei o que será morrer, mas o que estamos a fazer tem muito a ver com abandonar, sucumbir. O que nos pode é o medo... sempre o medo...
Muitas verdades para nao saber de economia...
Morreu mais um dos poucos.
E por isso ficamos ainda mais poucos.
Por isso foi triste o dia de hoje, na Peninsula
Repito aquí o que puxen nos comentarios por aí diante: con 50 coma el entre os que nos gobernan o mundo sería ben mellor do que é.
Por outro lado, tamén eu teño a impresión de que morrer é volver ao punto de partida. Sei tamén que non é certo, que cando a partida acaba non se volve comezar: isto non é un parchís (nin un bataclán, perdon polo xogo de palabras)
Enviar um comentário