sexta-feira, 5 de setembro de 2008
Contido e continente a condizer
Quem sabendo inglês o ouvir, ficará arrepiado na mesma, mas com conhecimento de causa.
E aviso: nem sempre contido é sinónimo de moderado, nem continente quem pratica a continência.
Opinar non ten cancelas
Iso si, sexo seguro, por favor: coloquen os preservativos ao alcance da man.
Aparencias
me ves a pousar o queixo
na palma da man dereita,
o mesmo cres, pimpín,
pola miña actitude de pensador marmóreo,
que vaga absorta a miña mente
polas reviravoltas dun espírito torturado.
E non.
Se logo abro o caderno de pastas negras
e destapo a pluma con ritual lento
para me pór a escribir isto,
que claramente —e espreitas— son versos,
aínda vas pensar, lambón,
que tes diante unha intelectual célebre
desas que ninguén coñece por ignorancia.
E non.
É só que teño hora marcada
na perruquería para ir tinguir o pelo,
e estando a contemplar o río,
na heraclítea mudanza reflectida,
sinceramente,
mandaba a cita ao carallo.
Pero convén gardar as aparencias.
Hihihi...
quinta-feira, 4 de setembro de 2008
14
Nalgum outro lugar distante, amigos, familiares, amantes... pronunciam nomes próprios em ecos que se multiplicam. E choram, suspiram, lembram, esperam novas daquelas peles, daquelas voces que partiram, sem saber ainda, talvez para nunca mais saber.
quarta-feira, 3 de setembro de 2008
Crise aguda de senescencia
En fin, esqueceume especificar que estaba a falar co J polo móbil, ou?
Quero ser moribunda andaluza!
terça-feira, 2 de setembro de 2008
De momias e resucitacións
Por se parecese pouco, e como non deben ter moito máis que facer os exiptólogos, que non aparecen momias todos os días (fosen dar unha volta polas clínicas de estética e tiñan material para séculos), a discusión céntrase agora en barrenar se as criaturas non-natas estaban alí co faraón porque ían incluídas no lote da nai enterrada (que aquilo era morrer un individuo importante e enchían a cova de infelices para que o acompañasen na troula), porque as deixou caer pola calada aproveitando o rebumbio algunha que abortou, ou simplemente para que o cata resucitase de bebé na outra vida, que tambén lles vale.
Cadaquén ten as súas experiencias vitais, claro, pero eu se fose faraona, o último que pediría sería para resucitar de bebé, con todo o esforzo que implica o crecemento: pasar de que te obriguen a arrotar e che fagan unha festa cada vez que consegues a que che poñan a caldo cando che escapa un sen querer, superar o pánico a cair polo váter e aprender a limpar o cu na soidade do cuarto de baño, ter que ir por primeira vez á escola e soportar a angustia dos exames sen fin, sufrir a esquizofrenia da adolescencia... E máis tendo en conta que o coitado morreu (ou morrérono) con dezanove anos, xusto cando se ía liberar de todo ese desconcerto e podía chegar á pirámide á hora que lle prouguese.
Eu de pedir para resucitar, pedía que me puxesen o reloxo biolóxico nos trinta. Digo, a rebaixar hai tempo.
domingo, 31 de agosto de 2008
Perplexidade
terça-feira, 26 de agosto de 2008
Nadador-salvador
segunda-feira, 25 de agosto de 2008
Dó de que?
un rastro de lágrimas a abrir un rego na cara:
foi algún lixo -con certeza-
que me entrou nos ollos
ou este sol do poente
que me cega.
E se xa de mañá me encontras triste,
non teñas dó de min:
esa é a máscara que poño aos domingos
cando vou ao cemiterio a deixar flores
na miña campa (só porque vai frío, frío)
e me esquece tirala para o resto da semana.
Deste aspecto de ourizo cacheiro,
envolto sobre si e en picos,
non teñas dó ningún:
é apenas para me defender da terra
pola que me arrastro. Nada grave.
Xa che digo,
de min non teñas dó:
virei de aceiro inoxidable e pedra,
triturei no estómago as túas cartas
(incluso as máis tenras; tamén as outras, feroces)
e coloquei un marcapasos no lugar do corazón.
Se de algo debes ter dó -se acaso, digo só-
é deste meu ouvido dereito
que conserva dentro un ruído
como de riso de meniño grande,
de home meu (?) inmenso,
que non dou borrado
e me fai estremecer xa de mañá cedo
e a cada hora.
domingo, 24 de agosto de 2008
Asas nas mãos a acarinhar de leve
Ontem foi o último dos concertos de verão na Nova. Enquanto procurava em vão no céu a harmonia das estrelas, pensei no luxo que supunha ter ali, num espaço reduzido, quase íntimo, a oportunidade de escutar aquela música nascida na superfície da Terra a roçar na pele.
sábado, 23 de agosto de 2008
Incendio
Esta é a historia dun venres dun mes de agosto
e dun home sentado ao piano
a acompañar un actor que falaba sobre flores e porcos
Todo o mundo coñece o efecto diurético do café. É tomar un café e ao cabo de dous minutos, sinto unha gana de mexar irrefreable -é unha forma de falar, enténdase- que a duras penas dou controlado, pero controlo, tíos, eu controlo. Isto vén a conto de que antes de calquera espectáculo, tomo un café, para evitar pasar o espectáculo a pensar en que non tomei o café en lugar de estar ao que estou, porque iso é o peor que pode haber á hora de prestar atención, fóra de pensar na morte da burra. O caso é que levaba o tempo de rigor que ten que pasar despois da hora fixada para comezar o espectáculo, que nunca é á hora fixada, e mentres pensaba qué pena non fumar para encher este tempo absurdo de fume e nicotina nos pulmóns, sentín necesidade de aliviar a vexiga. Ao me dirixir ao servizos, ouvín comentar a dous membros da organización que dentro de dous minutos se abrían as portas. Xusto o tempo xusto, dixen para min. E avancei polo corredor cara aos mexadeiros.
Vin entón un guicho vestido de negro, todo vestido de negro, a saír do baño dos homes. E foi eu pasar por diante del para entrar no das mulleres, cando saltou a alarma anti-incendios por riba das nosas cabezas. Mirei para el, mirou para min, sen me eu deter, el atrás de min, eu flipando, a alarma atronándonos, el achegándose cada vez mais, segundos eternos, eu no medio e medio da porta do baño, el aproximándose, eu sen saber se entrar se non entrar, el aproximándose, todo vestido de negro, de alí non era, iso fixo, ata que se aproximou tanto, que eu, túzara como son, quixen fuxir e non tiña para onde, porque se entraba non fuxía, se fuxía era sempre cara a el. E aí rozoume no oído cos labios para se facer entender.
-Por qué ha saltado la alarma anti-incendios? Sabes? -susurroume.
-Ni puta idea -mentín en perfecto español-. Puede que sea parte del espectáculo.
-No, eso no, parte del espectáculo soy yo. Soy el pianista y eso, te lo aseguro, no es parte del espectáculo.
-Pues entonces... -sorrín enigmática.
E mentres me tendía a man, entregueille a miña para que ao tirar dela me bicase.
-Soy el pianista -repetiu-. Y tú? Te llamas?
-Yo? Sun Iou Miou -volvín mentir.
-Siéntate en la primera fila.
-No! Ni de coña -Sempre sento nas últimas filas. Padezo pánico escénico.
-Siéntate en la primera fila -insistiu-. Merece la pena.
E deixeino ir indo pola porta de atrás, mentres o corazón chamuscado me ía arrefriando e a alarma paraba de soar.
Será necesario aclarar que sentei na primeira fila?
__________________
PS.: Será necesario aclarar que ao día seguinte non se falou doutra cousa na Aldea das Carrouchas: Que facía a Sun Iou sentada na primeira fila, ela que sempre senta atrás de todo?
sexta-feira, 22 de agosto de 2008
Se Alhadas não vai ao mar...
É o país a afundar ou é o mar a subir?
Foi só que alguém perdeu as coordenadas ao sair do bataclán?
Respondam lá, se fazem favor, para a próxima vez que eu ir ao Centro do Universo Conhecido saber se devo levar, além do fato de neoprene, garrafas de oxigénio ou de tinto.
quinta-feira, 21 de agosto de 2008
Vertixe
Teño vertixe. Subir esa trangallada custoume un mundo. Cando cheguei ao alto, tremíanme as pernas. Sentei a cámara lenta, como se o metro que separaba as miñas mans da plataforma metálica fose un abismo. E había unha pedra ben gorda embaixo. A razón non contaba. Aínda ben, non había ninguén para presenciar o espectáculo porque era ridículo a máis a non poder. E baixar foi un poema. Pero subín, baixei e continuei o camiño.
E aquí estou eu.
quarta-feira, 20 de agosto de 2008
Ó Faustolo! (福斯托, 啊!)
Aqui foi quando ele me disse: Kiss me, oh kiss me!
Pronto, sei que o senhor engenheiro está de férias (e merecidas), mas onde quer que esteja, com boas ondas ou sem elas, isto foi só para lhe meter inveja. Esta noite houve David Fonseca!
E caipiroska... (decidi que a caipirinha só se for com rum decente).
_______________
Era para carregar um vídeo mas o coiso não acabava mais e estou com sono. Vou é dormir.
Ou dormi-la? Seja como for, vou...
Nota à manhã seguinte:
Pronto, agora sei que a caipirinha não se faz com rum, já que Teté me corrigiu e entendi porquê é que essa beberagem me deixa abalada.
Tenham um bom dia, no mínimo como vai ser o meu!
terça-feira, 19 de agosto de 2008
Corpore insepulto (II)
Pois,
non veñan a apañar nos meus restos:
dou un cadáver ben pouco agraciado.
Nin sequera entre unha ducia de homes da Zaka
serían quen de recompor o puzzle do corpo que foi meu.
E logo, do sexo, por exemplo, que caeu aló contra o parterre,
nácenme as flores todas podres.
Na boca —hai que ver!—, cos dentes trincados na tapa da cloaca,
o bafo é tal, que recorda a lúgubre Sodoma ao día seguinte.
Xa digo, non é nada agradable á vista,
menos ao olfacto.
Pásame por morrer
e porfiar en continuar viva,
como se nada,
sen me deixar enterrar.
E morro, mas não morro (colagem)
Ontem, que baixei até a Invicta para ir ao cinema, desconsegui, como sempre que passo diante duma livraria, fugir à sua toxicidade adictiva. E lá entrei, de cartão visa estendido, para comprar os sonhos que já não sou capaz de sonhar. Então deparei com esta edição do Luuanda —que já lera em volume humilde, sem que nada nel faltasse— do José Luandino Vieira e ilustrada pelo meu vizinho ilustre, o Zé Rodrigues, a qual me afirmou no convencimento de que até a perfeição é susceptível de aperfeiçoamento.
…tinha de matar essa cobra enrolada no coração, essa falta de ar que estava a lhe tapar nos olhos, no peito, feitiçar-lhe a vida, nada que podia fazer mais.
Depois continuei a procura e um nome próprio, que conhecia e admirava, seducíu-me com outro título —que reconheci desconhecido, admirando-me—. Peguei nele: Gaveta de papeis, dizia, que José Luís Peixoto assim o baptizara. E li, como faço sempre antes de comprar um livro qualquer, abrindo uma página ao acaso. Fiquei com todos os poemas, e fiz meu este, como se fosse um dos que quando estava viva partilhava com vocês no “Palavras Roubadas”:
Lavar a loiça
E destruir todas as provas de uma noite:
dois copos, dois corpos, garfos espetados
nas costas, facas como palavras repetidas.
E acreditar que o mundo começa na água.
A circunferência certa dos pratos, a cor
absoluta do branco. E esquecer outra vez.
E para o fazer meu mesmo mudei com tinta indelével a derradeira frase:
E esquecer outra vez por última vez e para sempre.
Mais um, disse, que talvez demore a voltar, iludindo-me um quase nada. E deixei-me arrastar de novo a África, pesquisei nos autores, pesquisei nos títulos, pesquisei nas páginas a frase que fosse minha. Até que então soube que a minha estória começara assim Na berma de nenhuma estrada, como no conto que o Mia Couto escreveu para eu perfilhar, num tempo distante:
Estou aqui no sopé da estrada, à espera que alguém me leve. Um qualquer, tanto faz. Basta que passe e me leve. É meu sonho antigo.
Foi o meu sonho, já não. Desisti.
Fotografia gamada ao Condado
_______________
Nota: O título deste meu texto com tão poucas palavras minhas tirei-o dum dos poemas do José Luís Peixoto, aquele que principia com o verso: “Não há motivo para te importunar a meio da noite”.
segunda-feira, 18 de agosto de 2008
Sesión continua
A primeira foi violenta, violenta a mais. Cando vou a unha destas, e noto o corpo sacudido, recorro á táctica de pensar que aquilo é ficción e que como tal hai que tomalo. Non era o caso. Desta vez non era ficción, senón realidade, e o único que dá para illarse do horror é o límite da pantalla e a excesiva comodidade das butacas da sala VIP, que viran absurda ironía e unha acaba por sentir na pel que algo non encaixa entra a vida esta e a vida de tantos outros. Terrible e imprescindible.
A segunda, xa non sei. Vendo a tipa que tiña ao meu lado a rillar un inmenso cacharro de pipocas, que non lle chegou e tivo que ir no intervalo por outro, os humanos do filme parecían sílfides. Do resto, pola merda que quedou ciscada nos corredores, calquera diría que a xente vai ao cine como escusa para beber merda e comer máis merda e que simplemente necesitan ruído de fondo para non se escoitaren mastigar. Amor entre máquinas, máquinas que nos van salvar? Isto si que era ficción. Como non nos salvemos nós, de un en un e todos xuntos, mal imos. E a fantástica canción de Peter Gabriel que acompaña os rótulos do final, con magníficas ilustracións tamén non lle interesou a ninguén. Se decididen ir, mírena cos ollos abertos, que paga a pena.
domingo, 17 de agosto de 2008
Na terra dos sonhos
Hoje foi um dia estupidamente feliz: de manhã a nada fazer e de tarde a ler nos poemas do Nuno Higino na beira do rio, pensando que sim, que Talvez Deus se tenha enganado:
Queria centrar-me todo em certas palavras, ocupar o espaço
sem necessidade de coordenadas, errar o tempo
tomando-o por tempos que nunca existiram. Desejaria a sorte
dos que morreram em naufrágios e foram poupados
à habitação dos cemitérios. Nunca tive jeito para ser feliz
[nem para gritar] e pior que isso: condenado à efémera
duração dos sonhos [bastava a poesia para condenar-me]
Talvez Deus se tenha enganado: sobre o barro soprou a vida
em vez do sonho.
Quando chegou a noite, a lua saiu atrás dos montes de Cerveira, cheia e comida pelas nuvens, como se fosse o cartaz anunciador do concerto do Jorge Palma que estava para começar: duas horas nas que não pesou um minuto.
E quando no final se despediu com esta, não pude evitar pensar em lha dedicar ao Capitão Merda, à naviarra e a toda a sua orgulhosa tripulação.
Por ti, Capitão, enquanto houver ventos e mar, a gente não vai parar...
___________
Anedota: Enquanto estamos na fila para entrar aparecem duas moças a distribuir garrafinhas de água e uns folhetos dum empreendimento da zona. Uma mulher comenta detrás de mim:
-Num concerto no Porto fizeram igual. Diz que é para as pessoas não beberem álcool e assim não seguirem o exemplo do artista...
Vá lá, riam à vontade, que eu já me tive de conter.
___________
Para aqui foram algumas fotos mais.
sábado, 16 de agosto de 2008
A ir e vir chámanlle carrexar...
Rio Vez. Mais um rio num dia de rios
Despois de batallar co antivirus toda a mañá acabei dándoo por imposible e a miña prevista viaxe a Coimbra converteuse nunha excursión a Braga, na que que carrexei imaxes, moitas, e algunha música a soar por dentro. Sen saír das estradas secundarias e até cuaternarias, subín por Lovelhe a Paredes de Coura, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca, Braga, e regresei por Ponte de Lima -como non, o rio do esquecemento que sempre atraveso en van-, Paredes de Coura de novo pero desta vez para a casa vía Covas. Oito horas montada na burra, só parando para chutarme café e conxelar mundos nun instante. Mágoa non me atrevese a reter tamén o xesto cando na rúa dos Capelistas a mirada del pousou na miña, enxoados ambos de barroco e incenso, e a miña descansou na del.
E si, adoro o país no que cando se entra nun café e se pide un café, se sae cun café no estómago e non cun furo nel. Será por iso polo que...?