Mostrar mensagens com a etiqueta vida de can. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta vida de can. Mostrar todas as mensagens
segunda-feira, 24 de janeiro de 2011
A culpa da morte do gato
Foi polos do coche, non teño dúbida. Un coche de tarde, no camiño apartado sen saída, en sombra, polo que adoito pasear, á beira do río, onde nunca me cruzo con ninguén. Entrevín através dos amieiros un coche ao fundo. Unha parelliña, pensei. E vou pasar eu a incomodalos? E para máis que teño forzosamente que regresar polo mesmo sitio? Déixaos estar felices. Asubiei para os cans, que deron volta, antes que lles fosen mexar nas rodas, e desandamos. Desviámonos á pista asfaltada ata os invernadoiros. Xa nin sei se era sábado de tarde, se domingo, porque non había xente a traballar. Logo fomos vindo de volta. Nisto que a cadela fuxiu, de golpe, para os ameais. Sentíaa ladrar xunto ao regueiro, case histérica. E eu enteira, histérica, cheirando a gatada. Había gato. Gato mesmo, con patas e bigodes e rabo. E vida. Nin me deu tempo a reaccionar. O can intuíu o mesmo ca min e saíu, toda a artrite esquecida, en dirección aos ladridos. Silencio. Mal asunto, souben. A cadela traía o gato afogado na boca, como un trofeo, o rabo a abanar, toda farruca. Pousouno no chan, deulle co fociño, un algo resentida de que non mexese, o xoguete roto, duráralle pouco. Regresamos presos os tres pola correa, para a casa, os cans e eu, as orellas gachas, o gato mollado, mortísimo, abandonado entre a millaxe seca, seca coma a miña gorxa, que rosmaba e renegaba a rabia de matacáns de palabra (mátovos, mátovos, un día destes mátovos, xuraba en falso). Até que logo dei para aliviar, largando remorsos fóra, a culpa toda dos do coche é que é. Debinlles foi chimpar o gato morto pola fiestra dentro, que fosen botar o canivete para un hotel, mecagoentodo, ou para o baño dun restaurante. Aínda me doe o animal e estas bestas miñas con esa cara de inocencia, de quen non partiu nunca un prato, digo, un gato.
segunda-feira, 3 de janeiro de 2011
segunda-feira, 5 de julho de 2010
Nunha caixa de cartón
Atravesei o eido cunha laia e unha eixada. Escollín un lugar onde o sol chegase peneirado polas follas das maceiras no verán, ceibe e calidamente manso do inverno. E cavei. Cavei un buraco da medida dunha cadela pequena e teimosa: setenta centímetros de fundo, trinta de largo, de longo para aí sesenta. Tanta terra nunha morea.
Levantei a caixa de cartón do chan. Pesaba. Agachei e coloqueina amodo. A herba sabíame húmida nos xeonllos. Este ano ou non hai mosquitos ou fíxenme inmune ás picadas, reflexionei. Nunca imaxinei que a primeira padexada de terra fose resoar así contra a tapa da caixa de cartón. Foron outras logo, ningunha igual ca a primeira. Calquei suavemente cos pés.
Axeitei tres pedras enriba.
Atravesei o eido. Gardei no alboio a laia e a eixada. Era case noite xa. Nunha noite de inverno, lembrei, hai catorce anos, cheguei á casa cunha caixa de cartón e unha mincha de cadela dentro.
sexta-feira, 19 de março de 2010
terça-feira, 15 de dezembro de 2009
sexta-feira, 20 de novembro de 2009
Eutanásia
A pequenininha está doente, muito doente, aliás, doente de velhice, que é enfermidade sem cura. Enquanto escrevo isto, ela chora e chora. E eu aguardo pelo momento de arrancar com ela para o veterinário, mais um dia, ver lá o que o se pode fazer ou fazer, se for o caso, o que se deve. Surda, cega e com dores, não me queria eu assim, e só espero, quando me chegar a hora, que me chegará e também não vai ser suave, que alguém tenha dó de mim e uma seringa à mão.
terça-feira, 7 de julho de 2009
É ele! É o Azul!
Tómenme nota deste rostro porque vai ser a sensación da estrea cinematográfica de maior alcance internacional dos tempos vindeiros. Talvez vez desta non lle desen o papel protagonista, pero non me tarda. Á terceira toma —e sen ensaio previo— xa sabía de cor o que tiña que facer, cousa que non se pode dicir dos humanos participantes. Agora só falta aprenderlle a asinar autógrafos. Ai, xa estou ouvindo os latidos histéricos ao seu paso:
—Oh, my gosh! It's him! Isn't he cuuuuute?
_______________
P.S.: Pronto, de aquí a nada opéraseme para mudar de cor.
sexta-feira, 27 de março de 2009
Vómitos / Vômitos
Advertencia: texto non apto para estómagos delicados ou cheos
Advertência: texto não apto para estômagos delicados ou cheios
Había un tempo que non levaba a Lima no coche, porque estaba un pouco farta de limpar vómitos tras cada saída. Pero como me gusta que me acompañe a patinar, luns á noitiña cedín.
Á ida a cousa transcorreu sen incidentes. Chegamos, puxen os patíns e deixeina baixar do coche. Dereitiña foi, como se soubese que estaba alí. Cando a vin toda arroubada, pensei, que merda estará a comer? Pouco imaxinaba eu que era merrrrrda mesmo. Merda humana!
(A miña dilatada experiencia con cans permíteme recoñecer polo cheiro a procedencia dos diferentes tipos de excrementos, que lle queren? Os cans —polo menos os que conviviron comigo— nunca comen merda doutros conxéneres. Poden comer a propia ou a de especies distintas. A de humanos gústalles especialmente: non creo que sexa por fidelidade, senón querenza polo fedor insufrible.)
Cagueime nos mortos e nos vivos do impresentable que fora ciscar xusto alí, á porta da cancha, habendo como hai aseos no xardín e mato dabondo contra o río, pero ao final domineime e cumprimos sen máis desgrazas a hora de patinaxe.
Chegado o momento de volver, temendo o peor, mandei á Lima para a maleta, non me fose deixar bonito o asento do copiloto. Coas ventás de par en par, concentrada en non apañar unha pulmonía e observando as reaccións do bicho polo retrovisor, acouguei cando enfiamos polo camiño que conduce á casa. Á falta de cen metros veume a peste ao nariz. Traguei cuspe... e iso que nin imaxinaba a dimensión real do feito (da desfeita).
Parei para abrir o portal do eido, abrín a maleta para baixar a Lima antes de que se fose untar e cando vin o pastel, quero dicir, a enchente de vómito fecal que alí navegaba... En fin, que saín a correr e afincándo-me contra o valado, larguei ata os sangumiños.
Havia tempo que não levava a Lima de carro, porque estava um bocado cheia de limpar vómitos trás cada saída. Mas como gosto de que me acompanhe a patinar, na Segunda-feira à entardecida cedi.
Na ida a coisa discorreu sem incidentes. Chegamos, pus os patins e deixei-a baixar do carro. Direitinha foi, como se soubesse que estava ali. Quando a vi toda arrebatada, pensei, que merda estará a comer? Não imaginava eu que era merrrrrda mesmo. Merda humana!
(A minha dilatada experiência em cães permite-me reconhecer pelo cheiro a procedência dos diferentes tipos de excrementos, é assim. Os cães —no mínimo os que conviveram comigo— nunca comem merda doutros congéneres. Podem comer a própria ou a de espécies distintas. Da de humanos gostam especialmente: não acho que seja fidelidade, mas querença pelo fedor insofrível.)
Caguei para os mortos e os vivos do intratável que fora borrar justamente ali, na porta da cancha, havendo casa de banho no jardim e mato bastante contra o rio, mas finalmente dominei-me e cumprimos sem mais desgraças a hora de patinagem.
Chegado o momento de voltar, receando o pior, mandei a Lima para a mala, não me fosse deixar bonito o lugar do pendura. De janelas escancaradas, concentrada em não apanhar uma pneumonia e observando as reacções do bicho pelo retrovisor, sosseguei ao enfiarmos pelo caminho que conduz à casa. À falta de cem metros veio-me a pestilência ao nariz. Engoli saliva... e ainda nem imaginava a dimensão real do facto (do jacto).
Parei para abrir a porta do quintal, abri a mala para a Lima baixar antes que se fosse besuntar e quando vi o bolo, quer-se dizer, o alagamento de vômito fecal que lá navegava... Enfim, que saí a correr e encostando contra o muro, lancei até as entranhas.
quinta-feira, 26 de março de 2009
Intelixencia e mareos / Inteligência e enjoos
Estou a ver que van levar unha opinión inexacta da Lima. Pensan que é linda, intelixente, un amor? Pois é. Por desgraza, ten un pero que tamén comparte coa dona: maréase no coche cando non conduce ela. E cando se marea, empeza coa cariña de agonía que lle vai caendo, coma a querer dar pena, e zraca, pota que te criou.
O Condado, avó orgulloso da criatura, viu un programa de psicoloxía canina (dixo) e afirma moi categórico el que iso son furriqueiras (só contradicindo o curso natural do chafariz), dependidas da angustia ante o descoñecido, que se a levo a un sitio ao que lle guste ir, pásalle. Pásalle o que?, digo eu para min. O meu tamén son medos?! Por iso entendo a Lima. É máis, outra cadela que tiven fina como un allo desaparecía só ventar paseo en coche, aínda que non vomitase sempre sempre. Entón a Lima, que é máis intelixente aínda e sempre vomita?
De aí deducín que o cociente de vómitos é proporcional á intelixencia. Se me dese por afondar na materia, isto daba para un sisudo estudo científico. Pero non era isto o que eu quería contar.
Continuará…
Estou a ver que vão levar uma opinião inexacta da Lima. Acham que é linda, inteligente, um amor? Pois é. Infelizmente tem um senão que também partilha com a dona: enjoa quando vai de carro se não conduzir ela. E quando enjoa, começa por aquela carinha de agonia que lhe descai, como a querer dar pena, e pronto: zraca, lanço sem mais nem mais.
O Condado, avô orgulhoso da criatura, viu um programa de psicologia canina (disse) e afirma muito categórico ele que isso são cagaços (só contradizendo o curso natural do jacto), dependidos da angústia ante o desconhecido, que se a levar a um lugar ao que goste de ir, isso passa. Passa, qual quê?, digo eu para os meus botões. O meu também são medos?! Por isso entendo a Lima. É mais, outra cadela que tive esperta como um alho sumia só ventar passeio de carro, ainda que não vomitasse sempre sempre. Então a Lima, que é mais inteligente ainda e vomita sempre?
De aí deduci que o cociente de vômitos é proporcional à inteligência. Se desse em aprofundar na matéria, isto dava para um sisudo estudo científico. Mas não era isto o que eu queria contar.
Continuará…
segunda-feira, 23 de março de 2009
Digresión agonística / Digressão agonística
De mañá cedo a Lima cando sentiu a musiquita da serie que estou a traducir, púxose a ouvear. Ata eu ouveaba, pero fáiseme difícil ouvear e vomitar asemade. En fin, choio é choio: ninguén dixo que a loita pola vida fose fácil. A das persoas, digo.
Antes de que me acusasen de maltrato, deixeina saír ao eido. Nesta casa con padecer eu chega.
Logo de manhã a Lima quando ouviu a musiquita da série que estou a traduzir deu em uivar. Até eu uivaria, mas para mim é difícil uivar e vomitar ao tempo. Mas pronto, faina é faina, ninguém disse que a luta pela vida fosse fácil. A das pessoas, digo.
Não me fossem acusar de maus-tratos, deixei-a sair ao quintal. Nesta casa com padecer eu chega.
quinta-feira, 19 de fevereiro de 2009
Um Rafeiro fidalgo
Ninguém vai ler isto agora, nem provavelmente nunca (passou o dia, passou a romaria é lei de blogoglobo), mas ele eu sei que não se importa, que nem precisa mais público. É só que sinto que merece uma pequena homenagem neste blogue fechado. Nem sei o tempo que deve dedicar a agradecer todos os comentários que se lhe fazem, e quando digo agradecer digo ler os textos escritos nos blogues de todos aqueles que ladram, uivam, ganem ou simplesmente arfam na casota dele, que não sou poucos, deixando em cada um uma lambedela carinhosa e penetrante (e juro que não disse com segundas intenções, mas quem fia em juramentos de ateus?).
O que não esperava dele é o que não esperava, por isso, neste blogue em que não há barra lateral com links para outros blogues, nem há vitrinas para prémios (evita-se assim um clamoroso vazio) e onde em muito poucas oportunidades se aceitam desafios -o que em conjunto converte o Isto non é um Cabaré num reflexo preciso da personalidade túzara (desculpem o adjectivo galego mas não sei como dizem vocês duma pessoa, eu, de trato difícil e pouco razoável) dos dedos que governam os fios da Sun Iou Miou-, por isso (repito por se perderam o fio e se não ainda estão a tempo de perde-lo), vai cá uma homenagem fugaz aos olhos do leitor, mas permanente para quem escreve, ao mais fidalgo dos rafeiros de Portugal e parte do estrangeiro.
Longa vida, meu!
O que não esperava dele é o que não esperava, por isso, neste blogue em que não há barra lateral com links para outros blogues, nem há vitrinas para prémios (evita-se assim um clamoroso vazio) e onde em muito poucas oportunidades se aceitam desafios -o que em conjunto converte o Isto non é um Cabaré num reflexo preciso da personalidade túzara (desculpem o adjectivo galego mas não sei como dizem vocês duma pessoa, eu, de trato difícil e pouco razoável) dos dedos que governam os fios da Sun Iou Miou-, por isso (repito por se perderam o fio e se não ainda estão a tempo de perde-lo), vai cá uma homenagem fugaz aos olhos do leitor, mas permanente para quem escreve, ao mais fidalgo dos rafeiros de Portugal e parte do estrangeiro.
Longa vida, meu!
quinta-feira, 29 de janeiro de 2009
Sempre á última (mesmo en tempos de crise)
Pensaban que a miña Lima ía ficar de fóra?


Trinta dólares?! Aquí amañámonos cunha perruca do entroido pasado (3€) e catro lambiscos. Iso si, case me come a cámara.
Trinta dólares?! Aquí amañámonos cunha perruca do entroido pasado (3€) e catro lambiscos. Iso si, case me come a cámara.
terça-feira, 16 de dezembro de 2008
Que cachada!
terça-feira, 20 de maio de 2008
Subscrever:
Mensagens (Atom)

