Mostrar mensagens com a etiqueta sapos encantadísimos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta sapos encantadísimos. Mostrar todas as mensagens
quarta-feira, 6 de abril de 2011
O sapo morto
Acho que matei eu o sapo e nem sequer fui consciente disso. Só reparei no seu corpo esmagado de ali a dois dias, quando levantei a porta da garagem. Apenas nesse momento é que vi o cadáver de sapo morto e esmagado e soube que só eu o podia ter morto e esmagado ali onde ele estava. Era tão triste ter um sapo morto e reparar nisso. Era tão triste ter morto um sapo sem sequer ter reparado nisso. Até porque de ter reparado em que o sapo, enquanto sapo vivo, estava ali onde estava, na mesma noite em que eu estivera com um outro sapo ―este vivo e inchado ainda, espero― a falarmos de coisas tristes, de coisas alegres, de crianças lindas que sorriam em fotografias com um mar de riscos de cores entre as mãos e o cabelo todo na cabeça, de coisas inevitáveis que puderam ser evitadas mais não foram, de amigos que iam embora fazer as Américas com tudo o que tinham ou sem nada do que tiveram... de ter reparado, digo, em que o sapo que eu já tratava por tu estava vivo à porta da garagem quando ia entrar com o carro, teria descido, ter-lhe-ia chegado o bico do pé delicadamente para ele apartar o seu corpo gordo e pesado de tantos anos a devorar bicharada ao luar e ter-lhe-ia dito, anda, sai de aí, sapinho, não vamos querer que sejas esmagado e morto a seguir ou no acto sendo eu consciente disso.
domingo, 12 de outubro de 2008
Pracer
O que máis me gusta dos xelados de cucurucho é o cucurucho. É natural. Que motivos pode ter unha persoa para pedir un xelado de cucurucho, se non lle gusta o cucurucho máis que nada? Por iso, cando como un xelado de cucurucho, o que fago é ir saboreando o xelado, devagariño, moi, moi devagariño, mesturando o chocolate e a framboesa coa culler, levándoo até a boca amodo nunha viaxe demorada para depositalo na punta da lingua, onde primeiro sinto o frío e despois déixoo desfacer con calma, a mestura do doce no centro e do ácido nos bordos, para engulilo coa miña propia saliva, xa formando parte de min. Así é unha culler e outra, todas mínimas, tan pequenas, que o xelado vai derretendo e vira cada vez máis cremoso, fundidos xa o castaño case negro co fucsia escuro. E cada vez que introduzo a culler, observo o cucurucho, impregnado de xelado por dentro, intacto aínda, e deléitome imaxinando o momento en que vou atacar a derradeira cullerada, para logo separalo e miralo por última vez antes de lamber a galleta e trincar o meu primeiro anaco cos dentes, trac, mentres o recollo coa punta da lingua para mastigalo suavemente, ai...
terça-feira, 24 de junho de 2008
sexta-feira, 6 de junho de 2008
Luz
Há dias, como ontem, em que aparece um instante mágico prévio ao pôr-do-sol, quando o ar vira transparentíssimo, quando nem o canto do melro que me embala racha o equilíbrio do rio entre marés, e é tal o sossego, que sinto o impulso de o apreender com as mãos, com os olhos, o nariz, a boca e os ouvidos para não me fugir mais, para me alimentar no lusco-fusco e nas noites breves deste Junho. 'Tá-se bem.
quarta-feira, 20 de fevereiro de 2008
segunda-feira, 28 de janeiro de 2008
Delirio
Esta noite, a corenta e dous días das eleccións, soñei contigo. Soñei que quedabamos, por fin, e non era para manter unha das nosas conversas mudas, nin para deixarnos agarimar por este sol que desdeña o calendario, nin para ver unha desas pelis que nos estremecen, nin para que me agasallases cun cacho de ti en forma de música, nin para trocar libros, nin para tomar un malta con lágrimas. Non. Soñei que quedabamos, si, e non sei que é peor: que a cita fose para ir a un mitin, que estivésemos de primeiros á porta do cine onde se ía celebrar para coller sitio, ou que o mitin fose de Rajoy. A orde de factores non altera o produto. Mala sorte, porque en canto abriron as portas, aquilo foi como imaxino que é un primeiro día de rebaixas, e na confusión, separámonos para intentar sentar estratexicamente, diante pero nos extremos, a fin de poder saír nun momento dado sen molestar. Logo, unha vez conquistadas as butacas, deixei cadansúa peza de roupa nelas para ir por ti, que estabas na outra punta da sala. Tragamos o mitin e saímos, como era previsible, antes que rematase. Non recordo o que prometeu o candidato, porque non escoitei unha soa palabra do que dixo, apenas que xa fóra comentamos que non estivera moi estridente. Cando espertei, francamente asusteime. Voume ter que ir mirar isto, e se é preciso, que me mediquen.
terça-feira, 30 de outubro de 2007
domingo, 28 de outubro de 2007
Poiquilotermos
Como se fose a última tarde,
animais de sangue frío
sobre a area.
Como se tal fose eran as palabras:
escollidas, precisas, meditadas,
faladas, logo de escritas faladas,
dolorosas,
doloridas.
Como se fose a última tarde
de sempre,
eran os silencios máis fondos,
máis longos ca outras veces,
a abanar no rumor das ondas.
Arredor todo tan sinxelo:
mar, penedo, veleiro.
E era só como se fose
aquela última tarde
a derradeira.
animais de sangue frío
sobre a area.
Como se tal fose eran as palabras:
escollidas, precisas, meditadas,
faladas, logo de escritas faladas,
dolorosas,
doloridas.
Como se fose a última tarde
de sempre,
eran os silencios máis fondos,
máis longos ca outras veces,
a abanar no rumor das ondas.
Arredor todo tan sinxelo:
mar, penedo, veleiro.
E era só como se fose
aquela última tarde
a derradeira.
sábado, 20 de outubro de 2007
Trabei nun cacho de ceo
Busqueino na internet e xa non teño dúbida. Os síntomas son inequívocos; o diagnóstico, definitivo. Rebentoume por dentro unha nube e desáugome.
sexta-feira, 19 de outubro de 2007
Ollos negros, papo rubio
Sei que o outono se instalou á fin porque de mañá cedo cacho o pisco a petiscar nas migallas que deixo para os paxaros no peitoril da fiestra da cociña. Máis ollos ca cabeza, foxe a refuxiarse no arce en canto presente a miña sombra do outro lado do vidro. Pouco e pouco, a medida que avance a estación, irá collendo confianza, coma cada ano. Coma cada ano sei que o outono se instalou á fin.
sábado, 13 de outubro de 2007
segunda-feira, 1 de outubro de 2007
Amanita caesarea
Era outono.
Un verteu as bágoas na pel de Outro,
Outro queceulle a Un a pena co alento.
E ao cabo,
enlazados na suavidade dunha aperta,
o mar e o ceo fundidos contra o horizonte imposible
crearon o prodixio:
un cogomelo digno dun príncipe.
Subscrever:
Mensagens (Atom)