Tiña a consulta de Rehabilitación ás 17.45. Era un ir e vir, porque total xa o outro (que outro?!, ele!!!) me dixera que non había nada que facer. Ía con tempo de sobra, pero cando entro polo corredor adiante soa a campaíña e na pantalla aparece o meu código (agora non temos nome, senón código, pero non me queixo: o sistema é eficaz).
―Que rapidez. Nin tempo me deu a sentar.
―É que non había ninguén e fun chamando. Mellor non?
―(Sorriso)
―(Sorriso)
Cóntolle telegraficamente o que me pasaba e xa case non me pasa. Porque os ósos nestes tres meses deixaron de doer (tantísimo) e os xeonllos andan que nin os coñezo, lubricados. Resúmolle ametrallado o meu historial clínico: faime a ficha, apálpame, mándame facer forza coas pernas. Sorrimos.
―De calquera forma, se ves que che doe outra vez, pides cita ao médico de cabeceira e volves ―sorríe.
―(Sorriso)
Vexo o reloxo da moto. Son as 16.43. Algo está mal aquí penso. Entón eu tiña cita ás 17.45 (confirmo vendo no papel), a min nalgún lugar cruzóuseme un cable, vin unha hora e cuarto antes, polo si ou polo non (o cuarto a máis era para ler un chisco na sala de espera!, cousa que non...) e atendéronme?!
Definitivamente, teño que ir mirar a cabeza... aínda que sospeito que para isto non hai remedio tampouco.
Mostrar mensagens com a etiqueta na verza. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, 1 de junho de 2010
domingo, 9 de maio de 2010
O parvo, se é calado, pasa ben por asisado
Pola presente confeso que cada día estou peor, non digo para encerrar, que xa me eu encerro sen axuda, nem de amarrar, que bastante me amarra a mortalidade ao chan. Digo peor de parva. Hai un par de días entrei nun blog cuxa xerencia anunciava o feche temporal por viaxe a Escocia. Convencidiña de que estaba no estaminé da Teté, abrín a caixa de comentarios para disuadila de que me trouxese unha botella de malte, que aló, pola cousa dos impostos sobre os vapores etílicos, sae muito máis caro. Chamoume a atención que non houbese a macacada de costume para pór a nota colorida no texto, estrañeza de que deixei constancia por escrito. E quedei tan pancha á espera do regreso. Até que onte me acordou ir visitar o tasco do Marreta e bato coa fuza nun kilt estendido a corar...
quarta-feira, 28 de abril de 2010
Com um sentido ou dois a menos
Imaginem só que há bocado, enquanto tentava escrever um comentário, esqueci um dos cinco sentidos. Pus mentalmente as mãos nos ouvidos, nos olhos, na língua; juntei fisicamente uns dedos aos outros dedos. Faltava um e eu sabia (ainda bem!) que eram cinco: um sentido por cada dedo. Nem o sexto (o dedo, o sentido) me acudia. Tive-o de ir procurar ao espaço virtual: era o olfacto. Às vezes isto assusta-me, falo a sério, assusta-me ao ponto de perder o sentido... ou o rumo.
terça-feira, 23 de fevereiro de 2010
Confusas infusións
Téñovos dito que non sei facer dúas cousas á vez e non me credes. A ver se agora. Ía preparar unha herba luísa, que me presta moito polas tardes. Pensaba, ai de min infeliz, que para iso non cumpría utilizar o caletre, que este podía estar mellor empregado en dar á frase que estaba a traducir a mellor das formas de que era capaz. Total que mentres a auga non fervía, eu remoía, recolocaba, trocaba sinónimos aceptables, alternaba construcións verbais con sintagmas de núcleo substantivo, sumida noutra dimensión.
Ferveu a auga, servina, chimpeille o sobre e fun para o ordenador coa cunca, que quedou alí ao lado a pousar. Isto todo sei que o fixen porque non teño servizo doméstico, non porque me lembre de facelo. Nun alto, mirei para a infusión e descubrín un líquido escuro a máis, do que non se desprendía un mínimo recendo ao limón.
Visto que aquilo era té e do negro (de excitantes non andaba carente), resolvín pingalo con leite para cortarlle o amargor. E aló vou con el para abaixo, abro a neveira, a cismar nun adxectivo que non me convencía, collo o cartón, inclínoo sobre a cunca e vexo saír polo bico un líquido de cor laranxa. Non sabía se rir, pero polo si ou polo non, rin, que se perde menos. Collín o cartón bo, o do leite, e engadinlle unha nube, a ver. Xa vos digo que non me quedou mal de todo. Frío, iso si.
Agora vou ver se dou co adxectivo. Que hei de dar: teño o cerebro entregado.

terça-feira, 1 de dezembro de 2009
Pallasa!
Que saibades que estiven a xantar cun George Clooney de andar pola casa e nin o recoñecín. Besta parda é o que son. Foi a finais do mes pasado durante unha xornada profesional. Nestas xuntanzas de reforzamento identitario adoita haber unha comida polo medio, ou fame negra, no seu defecto, e así, chegado o medio día, fomos ao restaurante. Procurei sitio na mesa e enfiei os ósos onde me cadrou, entre dous guichos. Vencendo o meu tuzarismo militante, recorrín ás armas da naturalidade de que carezo e solicitei aos corpos conlindantes cadanseu nome. Primeiro ao da dereita, que non me soaba de nada, pero nada. Era, dixo, Fulanito, profesor de universidade, que ía de relator ao acto. Logo pregunteille ao da esquerda, e ti quen vés sendo?, que me soaba de vista (que expresión esta magnífica!). Quedou a mirar para min con ar de incredulidade, como rei pasmado.
—Estás de coña, ou? —Aí descartei que fose o Clooney auténtico, porque este sería máis de: Are you fucking kidding me, aren't you?!
—Non, en serio, non sei quen es.
—Non sabes quen son?!
—Home, sei que es dobrador, todos me soades un pouco de vervos cando vou polos estudios, pero saber, saber, vasme perdoar, pero non.
O cata botouse a rir, imaxino agora que era risa frouxa e case humillación, ou quizá convencemento de que eu era unha pallasa. Falamos do oficio e dos inicios e do bo que estaba o cordeiro pero que non, que non comía máis: a conversa normal nestes casos. Desmemoria a miña, cando me levantei da mesa nin o nome me lembraba xa...
Pasou un par de semanas e tocoume traducir unha película de galego a inglés, para subtitulado. Tiven que lidar cun programa novo, de maneira que pasei quince días vendo as imaxes para diante e para atrás (mandando baixar santos do ceo cada vez que se me borraba o que escribira...), conxelando e desconxelando o avance. Namentres ía vendo ir e vir o protagonista polo monitor, un actor galego de sona, nos estritos amplos límites do que se poida considerar "sona" para un actor galego que mesmo participou nunha obra oscarizada.
E que?, diredes. Pois que só onte, cando rematei o choio, caín da burra: o famosísimo protagonista daquilo era o tal co que estivera a xantar no día de autos. Quería ou non quería unhas ben dadas? Pallasa!

sábado, 26 de setembro de 2009
The bright side
O problema que teñen os números comigo vén de lonxe, ou sexa, de sempre. Non me gabo diso en absoluto. Cando alego o típico "son de letras", non me xustifico: límitome a constatar unha carencia. Porén, hai días que son sábado en que esa discapacidade lle dá a servidora unha alegría. El non foi que calculara que tiña 200 páxinas para corrixir na fin de semana, cando en realidade eran (xa van quedando menos) só 100?
Certamente, se fose ao contrário, dábame un ataque de nervios fixo, pero non sendo... En fin, que o que é hoxe e mañá non me vou amargar porque a diminución de neuronas me vaia en aumento.

sexta-feira, 18 de setembro de 2009
Filme de violencia
Mércores de mañá entro no salón de penteado (chamarlle "salón de beleza" é pedir o demo e a aña!) para dar unha rapada e unha man de pintura na cabeza. Nun canto, as donas, a empregada e dúas clientas, todas xente nova, en conversa máis ca animada, barullo de lima sobre uñas, ks-ks-ks, grimoso.
—Ai, eu cando vou no coche sempre vou co revólver... —larga cun sorriso a Di, unha das xefas.
O instinto aconsellábame que recuase e saíse por onde entrei, pero como xa dera os bos días, non había retirada con honra ou sen ela que me valese.
—Ui, se estades tan ocupadas, vou tomar un café e veño dentro dun chisco —suxiro como quen que aquí nin en pintura me vedes máis o pelo.
—Non, déixate estar aí, que xa vas —ordéname a Di.
Imaxinen a miña cara, a cor demudada, que se di. Xa vou? Xa vou? Ollo para os secadores con desconfianza. Pinta de armas de destrución individual non parece que teñan, pero quen fía ante o ofensivo clima de violencia defensiva? Sento fronte ao espello, que sempre se dominan as costas, tan vulnerables. A conversa prosegue, desta é a Cel, a outra dona e irmá da Di, a que contribúe ao desasosego (meu, polo que se ve):
—A miña irmá é que non varía nada, está sempre co mesmo...
A tensión aumenta. Se a irmá anda sempre co revólver, a Cel que? Un día unha metralladora, ao outro un bazuka, quen sabe se un lanzachamas, mísiles terra-ar ou será máis de arma branca? E falando en armas brancas...
—Que lle queres? —deféndese a Di, sacudindo as tesoiras—. A min é que o Carlos Goñi encántame. Ata teño na entrada da casa unha foto del grandisma dedicada... —di, mirando para min á procura de aprobación.
—Se vos conto o que pensei...
E claro, contéillelo. Gargallada xeral. Gañei catro puntos máis na conta da miña loucura. En fin. Teño pasado momentos de horror nos salóns de penteado (e lavado previo!), pero coma este minuto e medio... E todo porque na fala non se distinguen as maiúsculas.

segunda-feira, 13 de abril de 2009
Seguro de morte / Seguro de morte
Botei dous meses de angustia inconstante, sendo aquela mina de carozos en que me empeñara o inferno propio —non réplica deste como presumía? Con receo de non me encontrar nin me ollaba ao espello, escusándome no pretexto de que nin para min era exemplo que debese imitar (dobrada en xeira e en imaxe desdobrada?). De cando en cando soaba o teléfono, eran sempre os que manexan o látego; as cartas recibidas eran só confirmacións de recepción deses churros que dei en fabricar agora en serie, sen que ninguén se alporice, mentres vaian normativamente coordenados. E se me transmutara así na apatía do desespero, na inercia do que vos dean merda polo mesmo prezo, pola mesma presión, total para se anestesiaren os estúpidos topeneando no sofá, que non merecen máis... que me certificaba a prórroga do óbito? O seguro de morte!
Passei dois meses de angústia inconstante, sendo aquela mina de caroços em que me empenhara o inferno próprio —não réplica deste como presumia? Com receio de me não encontrar nem me olhava no espelho, escusando-me no pretexto de que nem para mim era exemplo que devesse imitar (dobrada em jornada e em imagem desdobrada?). Vez por outra tocava o telefone, eram sempre os que governam o chicote; as cartas recebidas eram só confirmações de recebimento dessas farturas que acabei por fabricar agora em série, sem ninguém se irritar, enquanto forem normativamente coordenadas. E se me transmutara assim na apatia do desespero, na inércia do levem é mais merda pelo mesmo preço, pela mesma pressão, afinal para se anestesiarem os estúpidos a cochilarem no sofá, que não merecem mais... o que me certificava a prorrogação do óbito? O seguro de morte!
Así é, a primeiros de cada mes desde hai mil e un anos, aparece puntualmente o Pepe do Fadista ou a muller del, no seu defecto ou virtude, a cobrar a póliza con que me aseguro a incineración polo ben de amigos e parentes que non enterre eu antes. Non imaxinan a mala chispa que me come cada vez que sinto o telefonillo e vexo a calquera dos dous na cancela a me lembrar a miña condición mortal, como frades nas misións a esbardallar arrepentídevos pecadores que a fin está próxima pola boca podre, cilicios pingándolles nas costas sanguinolentas. Foi, non obstante, decisión previsora que tomei, cando me morreu o primeiro morto, meu máis vello, e á dor sumouse a rabia do atraco a man armada dos coveiros traxados contra os desvividos sen vontade (non é que me importe o que fagan cos meus restos, fóra o acto inomisible da homenaxe do tan boa como era coas medallas moi póstumas elas).
Era assim, a primeiros de cada mês desde há mil e um anos, aparece pontualmente o Pepe do Fadista ou a mulher, na falta dele ou virtude, a cobrar a apólice com que me garanto a incineração pelo bem de amigos e parentes que não vá enterrar eu antes. Não imaginam como me ponho cabreira cada vez que ouço o intercomunicador e vejo um qualquer dos dois na cancela a me lembrar a minha condição mortal, como frades nas missões a farfalhar arrependei-vos pecadores que o fim está próximo pela boca podre, cilícios pingando-lhes nas costas sanguinolentas. Foi, contudo, decisão previdente que tomei, quando me morreu o primeiro morto, meu mais velho, e à dor somou-se a raiva do assalto a mão armada dos coveiros bem trajados contra os desvividos sem vontade (não que me importe o que fizerem com os meus restos, fora o acto inomissível da homenagem do e ela era tão boazinha com as medalhas muito póstumas).
Na primeira quincena de xaneiro e sen calefacción nin auga quente nos días máis xélidos que sementou o ano acoitelándome, amortallada en cobertores fronte ao ordenador, coa Lima aos pés, non tiven dúbida da miña existencia, por iso desatendia as voces que me alertaban da alteración da rutina. (Han de pasar a cobrar, han de pasar, respondía eu repetitiva, non hai présa. Sempre pasaron —ben o sabe a historia— por riba dos nosos cadáveres aínda quentes.)
Na primeira quinzena de Janeiro e sem aquecimento nem água quente nos dias mais gélidos que semeou o ano esfaqueando-me, amortalhada em cobertores frente ao computador, com a Lima aos pés, não tive dúvida da minha existência, por isso desatendia as vozes que me alertavam da alteração da rotina. (Eles passam a cobrar, eles passam, respondia eu repetitiva, não tem pressa. Sempre passaram —bem sabe a história— por cima dos nossos cadáveres ainda quentes.)
Veu febreiro e nada, nada, o telefonillo sen soar, nin un tintinar sequera, eu cismando xa polo baixo, o sol abrindo flores, a conta corrente algo máis recuperada, veña a debullar espigas de millo anacarado para os porcos amarrados polo piercing (noutrora brinco) á doméstica causa, a desconfianza asolagándome: será que morrín mesmo e os cabróns intereseiros, na certeza do meu billete pago ao inferno, avaros en custes e emanacións de CO2, deixaron o cargo da miña cremación no demo?!
Veio Fevereiro e nada, nada, o intercomunicador sem tocar, nem um tintinar sequer, eu cismando já com os meus botões, o sol desabrochando flores, a conta corrente um bocado mais recuperada, sempre a debulhar espigas de milho nacarado para os porcos amarrados pelo piercing (noutrora brinco) à doméstica causa, a desconfiança alagando-me: será que morri mesmo e os cabrões interesseiros, na certeza do meu bilhete pago ao inferno, avaros em custes e emanações de CO2, deixaram o cargo da minha cremação no demo?!
Apalpei nos pómulos osudos, na nítida liña dos dentes, nas rótulas marcadas, no ángulo agudo dos nocellos, os artellos un por un, exquisitos no renxer tan autoinmunes, e en desconcerto vivo, baixei ata a casa do Pepe do Fadista, petando na porta con medo de meter medo, se é que, barrunto apenas, asustan os espectros a quen ten trato cos mortos:
—Ai, ola, Sun Iou, eras ti!
—É que como non aparecestes a cobrar o mes pasado nin este, pensei que…
—Pois aínda estiven esta mañá alí e tiñas a moto na porta. Chamei un par de veces no telefonillo...
Apalpei nos pômulos ossudos, na nítida linha dos dentes, nas rótulas marcadas, no ângulo agudo dos tornozelos, os artículos um por um, esquisitos no ranger tão auto-imunes, e em desconcerto vivo, desci até a casa do Pepe do Fadista, batendo na porta com medo de meter medo, se é que, conjectura apenas, assustam os espectros a quem tem trato com os mortos:
—Ai, olá, Sun Iou, era você!
—É que como não apareceram a cobrar no mês passado nem este, pensei que…
—Pois ainda estive de manhã lá e estava a mota na porta. Toquei um par de vezes no intercomunicador...
E eu sorrindo aliviada, notando a lingua en carne a rozar nos incisivos. O telefonillo, claro, nin polo maxín me pasara que puidese estar avariado, habendo como houbo andazo de máquinas desafiuzadas, e eu morrendo así aos poucos, feita idiota.
E eu sorrindo aliviada, notando a língua em carne a roçar nos incisivos. O intercomunicador, então?, nem pela cabeça me passara que pudesse estar avariado, havendo como houve andaço de máquinas desafiuçadas, e eu morrendo assim aos poucos, feita idiota.

quarta-feira, 18 de março de 2009
Eutanasiem-me, haja piedade!
Ontem, já que estava em Cidadeabertaaomar por médica causa, decidi —como se nisso existisse o livre alvedrio, sua otária!— entrar numa livraria. Saí logo, carregada de mochila e ligeira de pés, quase a correr para o lugar onde deixara estacionada a mota, pois combinara com o meu sapinho encantadíssimo em ter com ele na sua casa para beber um café (isto último foi tácito, nem era preciso dizer) e levar-lhe uma garrafa de azeite de Trás-os-Montes (inefável isto outro). De repente, corta-me o passo um moço (bonitão ele, por sinal!) e diz-me, todo sorrisos, à espera dum beijo, um abraço, uma mão sequer mal dada...
—Olá! Pensei que não te alcançava!
Eu fiquei com cara de idiota, porque não —pensava— conhecia de nada aquela beleza com pernas. Mudou-lhe a cara, que quase tive de lhe apanhar do chão as comissuras dos lábios, enquanto eu ruminava o que este me quiser vender, que venda que eu compro, já entregada.
—Não me reconheces?
—Não, deves estar enganado —respondi, não sei mentir, e já me estava arrependendo, pensando para os meus botões ou saíste dum meu sonho ou morri e nem dei por isso, e a pesar dos meus pecados, fui parar à ante-sala do céu para os agnósticos, ali onde viram crentes: aleluia!
—Sou o amigo do J!, que estivemos juntos* no outro dia na Moinobreemoileal.
—És o J! —admirei-me ao fim da minha desmemória selectiva, sendo que o J de que ele falava e o J de que eu falei são J diferentes.
Aí ele já sorriu de novo, reconhecido, nome lembrado. E eu só pensei: Oi, rapariga, ou estás a perder faculdades ou te sobejam os J na miolada...
_____________
* Repare-se que no tal dia não estivera com o gajo cinco minutos, mas horas a falar com ele quase exclusivamente numa mesa com outros colegas que já conhecia e depois ainda fomos jantar juntos, os dois Js e eu sozinhos!!! É grave ou não é grave o meu?

sábado, 13 de dezembro de 2008
Choque
Salvouse, así como volo conto. Porque se en vez de eu lle dar polo embigo como lle dou, medise coma quen di dez centímetros menos, ou el tivese dez centímetros máis de pernas, o golpe había ser brutal... para el, claro. E non sendo así, apenas produciu leves danos no abdome do devandito e no pescozo dunha servidora, que sentiu como a cabeza lle saía disparada cara á esquerda, arrastrando, por fortuna, o corpo enteiro atrás.
Quere isto dicir todo que hoxe, sábado, ando co pescozo cabaleiro e a cabeza que me estoupa, consecuencia da turrada que me metín contra o Teletubby hai dous días ao remate do minipartido de hóquei, cando xa só quedabamos os dous na pista a pelexar cegos e feroces pola bola. E aínda ben, que non me espichou o stick.
segunda-feira, 6 de outubro de 2008
Mañá (in)tensa
Isto cada vez vai a peor ("isto", "o couso", en fin, o que queira que teño dentro do cranio). Pois, hoxe tiña que ir a Cidadeabertaaomar para facer o que os profesionais chaman "unha extracción" e os infladores de palabras "unha analítica", a saber, unha análise (vulgo, unhanalis) de sangue das de toda a vida. Alá erguinme eu á hora de costume (nin queiran saber cal é, que aínda non están as rúas postas), sobrada de tempo, aínda máis que non podía almorzar... Contra as 7:30 decido, con todo o vagar, que vai sendo hora de prepararme, que inda me leva unha hora chegar... E nesas estou cando, polo visto, esperta unha neurona, conecta coa outra, así pin pin pin aos saltiños, xa saben, transmisión neuroquímica... Fogo! Que a cita téñoa para as 8:30!!!! E xa foi un sin vivir. Primeiro pensei en pasarlle unha auga rápido ao o antebrazo que ía levar a picadela. Logo lembreime do conto aquel que non é conto, do cata que foi ao médico porque andaba mal dunha perna e entón o médico pediulle que lle ensinase a outra —para comparar sería— e vai o enfermo todo azorado:
—A outra, doutor?! É que só lavei a mala!
Total que me metín na ducha polo si ou polo non. Enfundei o traxe de moto e saín na brasa. Tirei por Portugal para chegar antes (si, non pregunten, esa explícoa outro día, pero ás veces o camiño máis longo é o máis rápido)... Á porta do hospital hai un amplo aparcadoiro de motos, pero na zona están en obras, co cal, máis da metade tíñano inutilizable. Atopei logo un lugar onde a burra non estorbaba, pero tiven que facer equilibrios (non me paro en explicar, que suei tinta, non sei se chinesa ou de onde) para que non me caese, até que orgullosa que son zafei soíña. Corrín ata o hospital, que nin a quitar os pantalóns de moto parei, chego, ah, ah, ah, ah... entrego os papeis, chámanme, e mentres me furan na vea, cóntolles por que veño tan acelerada ás enfermeiras.
— Muller, por iso, sabes que non facía falla ningunha que foses puntual. Parece mentira en ti.
__________
Aulas de galego:
almorzo = pequeno-almoço
aparcadoiro = parque (*parque = jardim)
espertar = acordar
mala = má
pantalóns = calças
ñ = nh ll = lh ión/án = ão ións = ões áns = ãos an/on = am
os pronomes, quando pospostos, vão colados ao verbo, sem "-"

quarta-feira, 3 de setembro de 2008
Crise aguda de senescencia
Onte á noite chamoume un dos meus J, o J co que teño batido todas as plusmarcas de falar por teléfono, todo hai que dicilo porque nunca oe as despedidas e sempre se lle ocorre algo mais que contar ou reengancha cun "non sei que máis che ía dicir". O caso é que alí estaba eu co teléfono pegado á orella, a apagar ventás no ordenador, a desconectar cables, decidindo que eran horas de ir para a cama mentres o outro falaba de nada. Sempre deixo o móbil coa alarma posta para que soe un par de minutos antes ca o espertador, que así vou abrindo os ollos antes de que me sacuda o pi-pi-pi perforante do reloxo. E aí me vexo eu a dar voltas pola casa, subo, baixo (tampouco pensen que teño unha mansión, pero que hai escaleiras, hai), á procura do móbil. Busco na mochila, na funda da cámara, nos bulsos do pantalón, nos da chaqueta, na cociña, na sala, na mesa de cabeceira, no cuarto de baño, nun dos chanzos da escaleira onde o deixo habitualmente. Nada, nin rastro. Entón era para dicirlle ao J que lle colgaba, que non sabía onde tiña o móbil e ía dar unha chamadela para localizalo... e decateime de que tiña algo na man pegado á orella.
En fin, esqueceume especificar que estaba a falar co J polo móbil, ou?

domingo, 20 de julho de 2008
Agora ele era o herói
Era para ser un domingo fantástico. O madrugón excesivo de onte permitiume acabar incluso coa parte do traballo que calculara que me había de quedar para hoxe. Ceei cos amigos e deiteime algo máis tarde ca de costume, pero conseguín durmir, intermitentemente, iso si, ata as oito, e sen espertar coa cabeza a estoupar. Almorcei devagariño no eido, bloguei un pouco, marchei ata a outra marxe na bici a tomar un café e ler na praza da Nova, volvín e decidín subir a comer para aí para arriba para a montaña. Non me quería afastar moito, para poder volver a tempo do autógrafo. Era un día perfecto. Xantei divinamente, sen deixar nada, ata sobremesa caseira, e aínda lin un chisco do João Vêncio: os seus amores mentres tomaba os cafés de rigor. Cando decidín dar un paseo pola Serra d'Arga, antes de baixar para o val de volta, a burra nin orneou: quedara muda redonda. Ao principio non entendín que lle pasaba: morta non parecía que estivese. Veña a apertar botóns de aquí e de alá... nada. Ata que me dei de conta de que levaba cos piscas de emerxencia postos desde que parara no caixeiro autómatico na Aldea das Carrouchas. Estupendo. A moto sen batería e o móbil sen cobertura da rede que me corresponde. Adoita pasar cando máis falla fai. Moi amables, algúns do bar se ofreceron para arrincala a empurróns, pero non houbo maneira. Tamén non había quen tivese unhas pinzas. Eu só pensaba que non ía chegar a tempo ao autógrafo. Deixáronme un móbil e chamei ao Condado. E alá apareceu a rescatarme unha vez máis o meu heroe (a anterior xa a conto outro día, que ten máis miolo). Arrincouna á primeira e para celebralo, -he!, listos nós- decidimos tomar un café. Cando quixemos volver arrincala, dixo que tentar o demo unha vez fora bastante. E seguiamos sen pinzas. Así que baixamos á Nova, pasou o que se conta no texto anterior, e alá fomos monte arriba, monte abaixo coas pinzas. Desta si, todo foi ben. O mundo sorríame.
Pero como non podía haber tanta felicidade, da casa do Condado á miña, que haberá douscentos metros, caeume da mochila (que, total, para aquí a ía fechar de alí a aquí?????) a tapa dun compartimento da moto que non colocaramos no sitio (porque necesitaba para iso a chave e non queriamos apagar a moto outra vez aló) e fun incapaz de encontrala por máis voltas que dei, co cal terminei histérica perdida este domingo de subidas e baixadas físicas e psíquicas.

segunda-feira, 7 de julho de 2008
Responsabilidades
Total que esperto e decido comprobar a hora que é. Cago en! Ás oito e vinte! Érgome na brasa, ao bordo da histeria, entro no cuarto do meu irmán, prendo a luz e bérrolle:
—Esperta, que é tardísimo, que me quedei a durmir, que non chegades!
Meu irmán rosma polo baixo e eu vou para o cuarto da miña irmá, que esa xa non era nada fácil de levantar. Sacúdoa unha e outra vez ata que por fin logro que pisque os ollos polo menos. Mentres ela paseniño volve ao mundo, vou para a cociña mangada a preparalles o almorzo, porque se non non daban feito e perdían o autobús. E cando estou nesas, ouvo gritar a meu irmán no cuarto:
—Idiota! —Sempre foi o seu insulto preferido.
Achégome a pedirlle desculpas, azorada, e véxoo xunto á fiestra, coa correa da persiana aínda na man.
—Perdoa, perdoa, pero quedeime a durmir, non me soou o espertador e...
—Ti miraches para fóra?
Era noite negra. Volvín os ollos cara ao reloxo e entendín: vira as oito e vinte, cando eran as catro menos vinte...
sexta-feira, 4 de julho de 2008
A segunda lei da gravidade
Hai unha coñecida lei de Murphy que sentencia que a torrada sempre cae do mesmo lado, isto é, o da manteiga. Eu hoxe voume lanzar tamén en caída libre a formular unha lei nova, que carece de utilidade e que nin sequera me produciu satisfacción ningunha constatar, máis ben, todo o contrario. A saber:
En principio, pode parecer chorrada pero non é, tendo en conta a cantidade de veces que levo caído nos últimos meses (des que patino, con patíns; o das neuronas xa vén de lonxe) e que ademais ese preciso xeonllo é a parte do corpo que en peor estado tiña xa de antes (fóra da cabeza e do resto do corpo), porque doe. Doe mesmo. E ademais pode dar lugar a unha lesión grave.
O meu profe, no primeiro día de clase, cando me viu espatelarme por quinta vez e levantarme sacudindo o po con xesto displicente e asubiando de lado (sei dismular moi ben) afirmou:
—Ti vas chegar lonxe nisto, porque non tes medo.
Naturalmente, non o desenganei, para que? Nunca se debe desenganar a quen nos admira. Menos aínda mentindo. De mentir, é mellor mentir cousas bonitas. E o rapaz estaba ilusionado comigo. Quen sabe, talvez se imaxinaba levándome polos reality shows cun nome artístico ben sonoro: The Odd Skating Freaking Wreck, por exemplo. Pero aquí entre nós, en realidade, non é que non teña medo —que son unha cagada— senón que son unha inconsciente, que é o mesmo que dicir que teño falta de conciencia, toda. E esa é unha falta grave, de peso.
A Sun Iou Miou, cando cae, sempre manca o xeonllo no mesmo sitio.

segunda-feira, 9 de junho de 2008
Cabeciña a miña (no ar)
O primeiro que fago ao me erguer pola mañá é pór a radio. Escoito as noticias mentres almorzo e hoxe o tema é recorrente: a folga de transportes. Se non ouvo cincuenta veces as variacións do tema, non é nada. Póñome diante do ordenador e só teño unha teima na cabeza: que non me esqueza enviar o traballo polo que sacrifiquei unha que puido ser divina fin de semana. Non ben dan as nove estou co teléfono na man. Tirurí tirurí benvidos, dime a maquinucha con voz sedutora, e hoxe nin me pide para pulsar números varios. Iso é que vou falar con xente, penso optimista. E é. Respóndeme unha persoa humana.
-Bos días. Atende Conchi. Dígame.
-Bos días. Quería enviar un paquete a Cidadeabertaaomar.
-Sentímolo, pero non facemos entregas nin recollidas por causa da folga.
-Ah. Claro. Lóxico. Natural. Pois nada. Bos días.
-Bos días.
Bos non, estupendos días... perdidos.
________________
P.S.: Traballo feito non corre présa (non se consola quen non quere).

quarta-feira, 21 de maio de 2008
Perversión
Esa é a pata da que coxeo: son perversa, só de pensamento, certo, pero ao final, desde o acoso sinistro do catolicismo conta o mesmo o pecado mental ca o de obra, así que a satisfacción é equivalente. E confeso isto porque onte fun patinar a unha pista que está da marxe de lá, como adoito facer des que logrei percorrer máis de cen metros sen espatifarme. Cando cheguei, decateime de que esquecera os protectores dos pulsos e estiven nun que si que non, ata que decidín calzar os patíns, porque a tentación era máis forte ca o respecto pola miña integridade. Ao primeiro estaba algo insegura, o cal é malo, pero logo funme confiando, que aínda é peor.
A pista do Castelinho é un percorrido cheo de curvas polo que pasea xente en bici, diabéticos e colesterólicos que camiñan por prescrición facultativa, corentóns que corren para non perder o tren, parellas con moito ou pouco que falar... Todos teñen en algo en común: cando me ven vir, apartan, polo que poida ser, con moi bo criterio. Onte non, onte había dúas señoras de clase e idade media tirando a alta, roupa de marca, lentes de deseño, grandes bolsos de coiro lustroso a xogo coa cor dos zapatos, desas que están afeitas a que o mundo se retire cando elas pasan. Así que cada vez que as vía de fronte, absolutamente inconscientes do perigo que eu representaba, un interruptor accionaba no meu maxín perverso unha visión maligna, da que eu saía ben parada, parada mesmo, e elas polo aire, arrastradas pola forza centrífuga dos bolsos. Pero xa dixen que a miña maldade é só mental. Tamén dixen que a efectos de pecado, conta o mesmo. Agora engado: sen arrepentimento non hai absolución e no marcador súmase un punto negativo.
Esquecida eu xa das señoronas, andaba a mellorar a técnica da pata coxa, cando perdín o equilibrio -físico, digo. E non levaba protectores dos pulsos. Desde o centro de decisións e dado que as mans son o meu instrumento de traballo, algo me mandou deixarme caer para atrás amparando os brazos do impacto, e mentres batía coa alcatra no chan, ai!, e a perna dereita saía disparada para diante en liña recta, as articulacións da esquerda contorsionáronseme de tal maneira que parecían de goma sen ser: ai!, ai!, ai! E acordoume outra sentenza da sabedoría popular de tradición católica: deus castiga sen pau e sen pedra.
En fin, que xa sabedes de que pata coxeo agora: da esquerda.

domingo, 6 de abril de 2008
Outra vez as chaves
Xa de regreso, na última parada, no último café que aínda é bica, procuro as chaves da casa coa intención de metelas no bulso da cazadora para telas á man ao chegar. Non as encontro onde deberían estar. Desacóugome, pero no que resta de viaxe, coa cabeza ocupada en guiar, non matino máis. Paro na do Condado a deixarlle un ovos moles, ben cocidos dun día enteiro na maleta esquerda (avisado estaba, pero ameazoume con non me atender máis os cans se non llos traía) e a pedir copia das miñas chaves. Entro, baleiro as maletas, poño a mochila boca abaixo, nin rastro das chaves. Escribo unha carta. Cismo. E rebobino. Cando saín, levaba as chaves na man. Para que non me estorbasen mentres gardaba as bolsas dentro das maletas, pouseinas nalgún lugar. Alí as estaban: dous días as chaves tiradas no camiño, onde cargara a moto, practicamente á porta.
É o que ten vivir na aldea.
É o que ten vivir na aldea.
domingo, 30 de março de 2008
Ruído de fondo
Non se pode dicir das protagonistas do peliculazo desta noite que tivesen a sorte que eu teño, iso non. Chegar a Cidadeabertaaomar, aparcar a moto (tequieromásqueamivida), quitar o traxe: fóra guantes, fóra gafas, fóra casco, pór gafas, fóra braga, fóra chaqueta, fóra pantalón... E gardalo todo nas maletas, colocar cadeado, fechar maletas, as laterais, a de arriba... Ola, J, dá un biquiño, rapaz. Entón tomámoslle algo no Choco, que inda falta media hora? E alá imos, estación do tren abaixo, eu un café, o J un té branco, e xa volta para arriba outra vez, a miña moto (tequieromásqueamivida) aparcada coma unha santa, sen se mover do sitio, fiel, fiel, fiel... E eu, ó muller de pouca fe, asaltada pola dúbida razoable: fecharía ben as maletas? E tanto, tan ben fechadas quedaran, que inda colgaba a chave dunha delas... A este paso aínda vou acabar perdendo a fe no ateísmo, no agnosticismo e mais na incredulidade. Está escrito: non errou quen me deu apelativo de egua ou de iate, son unha muller afortunada.
Ao que viña era a falar de suntuosa simplicidade, de naturalidade xebre, de xentes con tal ausencia de glamour que eu en comparanza parezo Elizabeth Taylor nos seus (e meus) mellores tempos, de vidas insulsas que atrapan cunha historia sen argumento, sen suspense, sen principio, nin final... Non é mais nin menos ca o retrato entretecido de soidade de dúas mulleres normalísimas que se cruzan sen rozarse, de dúas mulleres as que a morte leva, matando a unha, arrincándolle a vida a outra. É apenas imaxe e diálogos conxugados nun produto espectacular, tan presumible, que sorprende; tan tópico, que se adiviña; tan de calquera, que xa se viviu: o xesto, o rostro, o silencio, a voz. É tan só un decorado de usar e tirar trasladado a un primeiro plano sublime.
Ai do sapiño encantado, que por andar á procura dun príncipe, recusou acompañarnos a ver un anaco do máis soberbio cotián.

quarta-feira, 5 de dezembro de 2007
Case mexo fóra do penico
Hoxe pasoume unha desas gloriosas das que teño que tomar nota para non a esquecer cando llela conte aos sobriños-netos. Fun á clase, pero tiven que entrar non por onde entro habitualmente -que en realidade é unha manobra prohibida pero se non veñen vehículos detrás de min nin de fronte fágoa porque se non cómpre dar moita volta (Oi, se algún día me cachan os de Tráfico, largarei a frase mítica: Ui, perdón, non me dera conta do detalle)- senón por onde hai que entrar á Facultade cando se vén de onde eu veño. Total que ía un pouco indecisa contando pavillóns por ver cal era o que me tocaba (Son só catro, pero ás veces nin servíndome dos dedos, que lle queredes?, nunca sei cantos teño nunha man), aparquei lindamente. Entro toda decidida e xa me chocou que unha porta que sempre está aberta estivese entornada, pero pronto, alguén había hoxe ao que o barullo dos estudantes lle molestaba. E dereitiña aló fun a cumprir relixiosamente coa rutina de mexar antes de ir á clase (e antes e depois do que sexa, creo que disto falei noutra parte), cando me desconcertou a disposición da parede do baño que protexe de miradas alleas o que alí dentro se fai cando se abre a porta. Cando vin os tres urinarios en ringleira case me dá un pasmo. E limpos, impolutos, como se os acabasen de instalar. Freguei os ollos mentalemte: non daba creto. Como era posible que en dous días (luns inda estivera alí... alí?) fixesen tal obra? A todo isto eu seguía plantada, mirando. Non, non había ninguén. Pero se chega a haber, era o mesmo, porque tiña tal sorpresa enriba que non había maneira de baixar da póla. Saín e revirei a cabeza para ler o cartel: HOMES, dicía. Pois cambiárono. Ou serei eu co raio do problema de lateralidade, que non me aclaro. O de MULLERES, logo, estará onde estaba o dos HOMES. En efecto. Entrei. Metinme nun dos retretes e ao pechar a porta caín da burra: confundírame de pavillón. Co que a min que me custara fixar na cabeza para que lado ficaba o de MULLERES, e agora isto. Si, si, si, lápidenme, xa me vale.
Aclaración: tampouco é que fose pasar nada, que non é nin será a primeira vez que entro nun de homes, as cousas como son (unhas veces polas présas, outras porque non hai cristo que entenda os crípticos debuxiños cos que adornan as portas nos bares modernos), e mexo, que non vai afundir o mundo por iso. Pero a cara de desconcerto que puxen ante os tres branquísimos urinarios, -pena de cámara de seguridade- debeu de ser de antoloxía.

Subscrever:
Mensagens (Atom)