Mostrar mensagens com a etiqueta son da familia hai que aturalos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta son da familia hai que aturalos. Mostrar todas as mensagens
quarta-feira, 20 de abril de 2011
Eva
Eva naceu hai unha semana. Sei eu porque a tiven no colo e a nai paríraa de madrugada, aínda non se atrevía a abrir moito os ollos na penumbra do cuarto do hospital, entre ramos de flores e xente, enfermeiras e auxiliares que ían e viñan, o instinto de mamar ben aprendido e os avós felices. Todos felices, a verdade, cos ollos postos nas súas mans de velliña, as uñas longas que habería que cortarlle, á espera do primeiro sorriso que aínda tardará (ou non, porque logo parecerá que foi onte), os pés en harmonía co resto do corpo e tamén coas orellas, detalle este importante, talvez o máis importante.
Etiquetas:
son da familia hai que aturalos,
superlativo
sábado, 24 de abril de 2010
Bestial o musical!
Ha! Não posso deixar de partilhar isto com vocês! O director, esse novíssimo Gato Negro, promete!
Etiquetas:
son da familia hai que aturalos,
superlativo
quarta-feira, 30 de dezembro de 2009
Zafarrancho!
Maid de Marc Sijan (USA) na XV Bienal de Vila Nova de Cerveira
Hoxe vacacións (?!) forzosas. Non queda outra. Créanme: preferiría quedar tan ricamente aquí diante do ordenador, a traballar arreo, coas miñas escapadiñas polos blogues, ou até as espreitadelas no botafora do feisbu (bf-fb). Pero non pode ser. E canto máis penso en todo o que me espera, menos gana teño de levantar o cu. Polo pronto, vou ir gardando en carpetas baixo sete chaves as personaxes de mal ou ningún vivir que me acompañan acotío. E veña, a pór lavadoras, a pasar a aspiradora, a facer camas, a cociñar, a dar un repaso á cubertería, á vaixela e á cristalería para dez persoas (só?, dirán algúns; un noventa por cento máis do habitual, digo eu). Ah, si, o máis importante, a preparar un abrazo grande enorme pequerrechiño para a Ana, que chega hoxe, e xa me tarda! Isto, se non é chocheira de avoa, non lle anda lonxe.
terça-feira, 29 de dezembro de 2009
Vêm aí
Pois, este ano a família decidiu maioritariamente que celebrava o fim de ano na minha casa, se não me importava. E é claro que me importo. Se não me importasse eles podiam ir celebrar o fim de ano à casa do... Então, quando me ataca o stress e descubro que está quase na hora, vou comprar qualquer coisinha para preparar o jantar (e o pequeno almoço e o almoço do dia seguinte, suo em frio) e faço contas: terei lençóis para todos? Não. E camas? Também não. (Sempre está a opção de manda-los a dormir com os cães, os animais são meigos e aquecem-se uns com os outros. Muitas vezes eu já tive vontade de ir dormir com eles... Se fui não fui é comigo, não queiram saber tudo de mim.) Toalhas, copos, pratos, talheres? Sim. Pena, este era um bom pretexto, com a gripá e tal não era coisa de partilhar os copos. E digo, podia desaparecer, deixar a chave no vaso da entrada (E tenho vaso na entrada? Não) e um bilhete a avisar que me sequestrou à última hora uma célula de Al-Queca), que fiquem à vontade, celebrem, comam as uvas, brindem e deixem tudo limpinho quando forem embora. Talvez para o ano. Neste ainda os aturo. Veremos.
E as saudades todas de quem já não está.
terça-feira, 15 de setembro de 2009
segunda-feira, 10 de agosto de 2009
Mudando fraldas
Ontem foi um dia de experiências novas. Os responsáveis da manutenção deixaram-a en casa em estado de suspensão, de maneira a convencer-me para ficar com ela. Na verdade, eu estava com receios de que fosse avariar ou partir alguma peça numa queda imprevista, mas não foi assim nada. Funcionou em todo o momento tal como me indicaram. Acordou com meia lagriminha que logo virou sorriso e pusemos um vestido lindo, lindo de morrer, cor-de-rosa, sapatinhos a condizer, tomamos a papa de fruta sem sujar um nada o babeiro e saímos a dar um passeio, mas voltamos logo, que estava muita calor e não gostamos nada desse sol danado nos olhos. E mudamos fraldas (cá entre nós, por um instante pensei que a bebé se estragara, o cheiro que desprendia, mas ao parecer, é natural). Limpinhas já, decidimos que estava na hora de descansar, lendo um bocado, nada de ensaios nem filosofia, uma coisa ligeira —um romance de setecentas páginas sobre uma obsessão amorosa, dizes?, até parece interessante.
Depois como nem tudo é cultivar o intelecto, fomos visitar aos vizinhos, que logo nos deixaram um brinquedo de quando o Surfeirante era baixinho: tira móveis da casa, enfia móveis dentro da casa sem descanso, xiça, até tem carro, brrrmmmm... Tantas cores assim, é divertido!
...até que o sol começou a descer e chegou a hora de voltar, mudar fraldas (desta vez sem cheiros) preparar o bibe: seu leitinho com cereais, as pílulas para a dentição, o chocolate...
Mais uma vez a mudar fraldas (com cheiro), até que enfim... a titia conseguiu que ela adormecesse justamente no segundo em que entraram os pais pela porta. Então? Mereço ou não mereço um prémio (ihhh, acho que já recebi!)
Etiquetas:
son da familia hai que aturalos,
superlativo
segunda-feira, 9 de março de 2009
Pastel cor de rosa
Tivo unha época en que lle deu pola cor de rosa. A avoa foina recoller à escola e entraron nunha pastelería.
—Entón cal queres, cuqui?
—Ese!
Elixira cos ollos arregalados un inmenso pastel cun aspecto sintético que arrepiaba a razón. Cor de rosa. Saíu coa felicidade pintada nos labios, as mans suxeitando ben o doce. Aventuróuselle tímida e larpeira a lingua, tocou na crema e recuou, mudando o xesto, o brillo de felicidade a transformase en bágoa pulando por rebentar a escorrer polo rostro. Colleu folgos, chanchou os incisivos leve, que era cor de rosa e era lindo, dela enteiro. Navegou pola boca a migalla sen paraxe, revirouna buscándolle o gusto que lle imaxinara rosa coma a cor, suave. Enguliu, glup. Logo non fixo hm... senón agh, muda. E mirou de esguello para a avoa. E a avoa ao cabo era avoa.
—Non che gusta, non, cuqui? Pois non vas quedar sen merendar. Anda, trae, que compramos outra cousa.
Volveron entrar na pastelería. Ante os seus ollos todas as lambonadas do mundo expostas: o branco da nata, o amarelo da vainilla, o castaño do chocolate...
—Entón cal queres?
Os ollos ilumináronselle e asomáronlle os dentiños todos armando un sorriso meigo.
—Ese, o drosa...!
—Entón cal queres, cuqui?
—Ese!
Elixira cos ollos arregalados un inmenso pastel cun aspecto sintético que arrepiaba a razón. Cor de rosa. Saíu coa felicidade pintada nos labios, as mans suxeitando ben o doce. Aventuróuselle tímida e larpeira a lingua, tocou na crema e recuou, mudando o xesto, o brillo de felicidade a transformase en bágoa pulando por rebentar a escorrer polo rostro. Colleu folgos, chanchou os incisivos leve, que era cor de rosa e era lindo, dela enteiro. Navegou pola boca a migalla sen paraxe, revirouna buscándolle o gusto que lle imaxinara rosa coma a cor, suave. Enguliu, glup. Logo non fixo hm... senón agh, muda. E mirou de esguello para a avoa. E a avoa ao cabo era avoa.
—Non che gusta, non, cuqui? Pois non vas quedar sen merendar. Anda, trae, que compramos outra cousa.
Volveron entrar na pastelería. Ante os seus ollos todas as lambonadas do mundo expostas: o branco da nata, o amarelo da vainilla, o castaño do chocolate...
—Entón cal queres?
Os ollos ilumináronselle e asomáronlle os dentiños todos armando un sorriso meigo.
—Ese, o drosa...!
Etiquetas:
non é conto,
son da familia hai que aturalos
quinta-feira, 5 de fevereiro de 2009
Criaturiñas!
Hoxe non sei por que, nun comentario do Condado na entrada anterior viñéronme á cabeza dúas anécdotas familiares, da familia del, digo. Talvez o que vou contar non se ateña rigorosamente á realidade, pero tamén sería a primeira vez que tal acontecese neste blogue, de maneira que pido licenza aos implicados (afectados?) sen agardar que ma concedan.
NetaNeta é o fillo do Condado e xa de pequeno apuntaba alto (onde vai que uso “pésmáxicos” como el dicía, para tentar albiscar por onde lle paira a cabeza, pero tampouco ten mérito medindo aquí unha metro e medio sobrado). O cativo, cando aínda así se lle podía chamar, non mostraba ningún interese pola lectura, para desolación dos pais, nin por calquera punto que a vista agudísima do pai lle sinalase no horizonte, nin que fose a “cabra” da Nova, que desafía os ventos no miradoiro do Cervo (?!), ata un día: o rapaz saíu do oculista con lentes de ver diante dos ollos, e cando se encontrou por primeira vez no mundo real coa avoa (muller enorme concentrada en corpo escaso), proclamou con toda a sorpresa da súa inxenuidade infantil unha das maiores verdades que xamais se pronunciaron e que o ha perseguir mentres eu viva:
—Que grande es, avoa!
Ao Condado gústalle pasar as tardes de inverno quecendo o corpo ao calor dunha estufa de leña e a alma cuns groliños de Porto. Do primeiro apenas resta máis rastro ca as cinzas, do segundo adoita quedar unha botella verde translúcida. Un día, o pequeno, observando como a señora que ten nome de coche recollía do chan o corpo do delito, abanou a cabeza entre avergoñado e resignado e largou a segunda frase que ha de inscribir o seu nome na posteridade:
—É o que me queda: un pai borracho.
E agora, o que me queda a min, que é velas vir.
Etiquetas:
blogoglobo,
son da familia hai que aturalos
sábado, 27 de dezembro de 2008
E foi bom!
Conste que estava assustada. Levava meses sem vê-la e as fotos que periodicamente me enviava o meu cunhado davam muito que desconfiar. Na primeira era escarrada ao Chuckie, o Boneco Diabólico, com aqueles olhos vermelhos que arrepiavam. Logo já minha irmã, mãe da criatura, ao saber-me tão aflita, mandou uma em que aparentemente era normal -no mínimo era coisa passageira, consolei-me, se calhar, os vestígios duma má noite de álcool e troça. Mesmo assim, a dúvida persistia, porque nas fotos sempre faltava alguma parte do corpo, o que me induzia a recear que perdera peças, ou que se avariava com muita frequência.
Por isso, no dia 24, quando chegaram pela anoitecida, o primeiro que fiz foi dar muitos beijos e abraços nela para comprovar, sorrateira, que não deixaram nenhum pedaço atrás, em QuilómetroZero.
Enfim, com certeza na foto não se vê de corpo inteiro, mas à tia babada basta-lhe o sorriso que lhe dedicou.
Por isso, no dia 24, quando chegaram pela anoitecida, o primeiro que fiz foi dar muitos beijos e abraços nela para comprovar, sorrateira, que não deixaram nenhum pedaço atrás, em QuilómetroZero.
Enfim, com certeza na foto não se vê de corpo inteiro, mas à tia babada basta-lhe o sorriso que lhe dedicou.
Etiquetas:
son da familia hai que aturalos,
superlativo
quarta-feira, 24 de dezembro de 2008
Na véspera da véspera
Quen me coñece sabe como é a miña vida ultimamente. Levo dous meses sen saír, pegada ao ordenador, sen festivos nin tempo libre para nada. Para esta noite -e só por non quedar de túzara- acordara ir cear á casa dun meu irmán que vive em Vilamormallo, pois ía tamén miña irmá desde o QuilómetroCero coa pequena. Despois pensaba volver para durmir n'As Carrouchas e mañá trabalhar (a)normalmente. Onte, contra as dez soou o teléfono: o número indicaba que era meu irmán.
-¡Hola!
-Hola. ¿Qué tal? -silencio longo.
-Dime.
-Que si no te importa íbamos a cenar ahí mañana.
-...?!
Esta noite a miña casa vai ser un campamento de refuxiados. Preciso cobertores, alcol e leite en pó. E persoal sanitario para me facer o boca a boca.
-¡Hola!
-Hola. ¿Qué tal? -silencio longo.
-Dime.
-Que si no te importa íbamos a cenar ahí mañana.
-...?!
Esta noite a miña casa vai ser un campamento de refuxiados. Preciso cobertores, alcol e leite en pó. E persoal sanitario para me facer o boca a boca.
Subscrever:
Mensagens (Atom)