... é a frase que se di nun caso así e é bonita de dicir.
Onte á tardiña, nun cruce con visibilidade nula, un coche (cuxo condutor saíu, fiando no espello redondo e traizoeiro de barriga prominente) arremeteu de lado contra min, contra a miña perna esquerda, no medio e medio da canela esquerda, cando ía cos patíns na maleta da moto para a Nova. Ai! (baixiño). E non se conformou con iso. A matrícula do coche fíxome un corte na perna. Non foi para tanto, non fose que me ía desangrando e manchei as medias de algodón de patinar, que valen unha pasta... e que quedei sen patinar esa tarde. O primeiro que pensei ao sentir o golpe foi, "Alá vai a minha carreira deportiva de ancianita patinadora!". Pero non, parece que saio desta case ilesa. Doeu un pouco. A moto intactamente tombada. Aínda ben. O primeiro, despois de ver que non tiña nada partido, foi levantala do chan. E sosegar o condutor, que padece do corazón e estaba cuns nervios que nin reaccionaba. Coitado. He! Casualmente, xusto no cruce de camiños do accidente, aquí nas Carrouchas, vive un enfermeiro, que saíu co botiquín e me fixo os primeiros auxilios cunhas tiras de aproximación para estiñar a hemorraxia. Hai outras maneiras de estiñar hemorraxias, como é ferrar un tiro na cabeza do animal ferido para evitar que morra desangrado, pero non foron precisas medidas tan drásticas, que aquí esta besta aínda era quen de se impor cunha mirada asasina, mesmo que non puidese dar á perna.
O propio condutor levoume despois ao médico. Media hora de camiño dándolle ánimos, tan mal se sentía o pobre. Polo menos creo que aprendeu a non confiar máis nos espellos convexos dos cruces... e eu, a non fiar nas preferencias de paso nos cruces sen visibilidade.
En Urxencias atendeume un enfermeiro simpatiquísimo (e guapiño), que gabou o labor do colega no lugar dos feitos. Meteume un punto sen anestesia, porque para un punto, dixo, non merecía a pena. Pedín whisky para superar o trago cun grolo, nin que fose bourbon, como nas do oeste, pero o único alcol de que dispuñan, polo visto, non é potable: seica anda mal de recursos a Sanidade. Así que tivo que ser a doer, pero non foi para tanto: como dúas picadelas cando vas facer análises (limpas, ollo, das de sen escarafunchar). E logo a inxección no cu da gama que, malia as advertencias case sádicas de que me ía doer máis do que o punto, tan pouco a noite, que até dubido se ma puxo se non con estas de aforrar en gastos por causa da crise. Chámanlle efecto placebo contra o tétanos.
O único que me amolou foi que ninguén me dese un caramelo na saída por ser valente e non chorar nadiña. Non volvo saír da casa sen un caramelo. Queda dito.
_____________
Última Hora: Ao condutor do coche o sentimento de culpa seica lle esvaeceu despois dunha noite, deduzo, ben durmida. Esta mañá, cando foi dar parte ao seguro, tinha dúbidas (ir)razoables de que a culpa fora dele. Aínda ben, na compañía déronme a razón, porque a teño e teño, ademais, testemuñas e o parte asinado por el onte coa descrición do accidente e os danos.
Segunda lección: Non é só nos espellos convexos no que non debe fiar unha persoa nunca.
Mostrar mensagens com a etiqueta diálogos da aldea. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta diálogos da aldea. Mostrar todas as mensagens
sábado, 11 de setembro de 2010
quinta-feira, 18 de fevereiro de 2010
Dilema perverso
Ía eu camiño da clase de patinaxe, polos auriculares os Coldplay duro e dalle co fix you, e eu pois, ala, veña, fix me, fix me, cando desde a outra beirarrúa chamou por min a Berta, que sempre anda á caza de leria xunto á cancela.
—Entón? Hoxe nin bici, nin moto, nin coche nin nada?
—Nada, hoxe toca a pé.
—Ouviste, que te ía facer eu unha pregunta, porque as mulleres que vivimos soas é o que temos. É que non sei se vaia logo á misa ou me meta na cama.
—Vai á misa, muller, vai á misa.
En que andaría eu pensando...?
quinta-feira, 28 de janeiro de 2010
Escabichada
Isto logo à noite já o descontamos,
disse a mulher enlutada que me serviu o café
enquanto eu lia, como peixe que demorara ao sol,
um poema do valter hugo mãe ineditamente publicado no JL,
sendo que o isto era a calor branda da invernia azul.
Sorri para ela, antevendo a noite ao longe.
disse a mulher enlutada que me serviu o café
enquanto eu lia, como peixe que demorara ao sol,
um poema do valter hugo mãe ineditamente publicado no JL,
sendo que o isto era a calor branda da invernia azul.
Sorri para ela, antevendo a noite ao longe.
Era sem tempo que eu voltasse por cá, nem que fosse só para anunciar ao mundo inteiro que continuo viva, hoje triplamente perfurada, depois que regeladíssima estendesse em sacrifício os braços, hirtos, às enfermeiras para me tirarem sangue suficiente que enchesse os muitos tubos coloridos ante o meu fascínio infantiloide (só esta infeliz para ir de mota à Cidadeabertaaomar com os campos geados além das bermas a lhe chamar nomes de inconsciente ou pior). Pois, é assim: foram precisas três tentativas com os vários métodos de extracção disponíveis e a paciência escarafunchadora de dois anjos experimentados. E eu, caladinha e dócil, finalmente submetida, de antebraço retorto, a aturar a agulha que bulia nas veias reticentes, a agitar torpemente os dedos, a fazer questão e tanto de expulsar de mim o material que a ciência exigia para me decifrar as razões desta morte demorada.
segunda-feira, 5 de outubro de 2009
Outonando
—Chegou o inverno!
Isabel, a vendedora da ONCE, devólveme así o saúdo, antes de se introducir no coche, a amparar co corpo da molladura a cea preparada que acaba de comprar no da Diana, mentres paso coa Lima, pitiños pingantes nós, felices (e non tendo eu rabo para abanar sorrío):
—Non chegou nada! U-lo frío?!
E o vento por ningures, calma de fíos en vertical desabando só, gloria de chapuzar nas pozas. Está o tempo de escacharen os ourizos de castañas nos camiños, todo corazón lustrado de espurgar, cru, asado, cocido... E máis nada.
terça-feira, 7 de julho de 2009
Tras o solsticio de verán (á atardecida)
—Uf, como se notan os días...
—Como os días?*
—Digo as noites, que van crecendo.
—Ah, xa, as noites, claro. Aínda a semana pasada destas horas andaba eu a segar a herba.
—De aquí a nada, estamos en agosto, cos neboeiros...
—E logo xa está aí o Nadal...
—O que eu digo: primeiro de agosto, primeiro de inverno.
—Uf...
____________
* Repárese en que esta pregunta se formula, non porque o interlocutor non entenda nin saiba de sobra o que vén despois, senón para dar pé a unha conversa que se repite desde tempos inmemoriais, aos quince días do solsticio de verán.
Subscrever:
Mensagens (Atom)