terça-feira, 7 de julho de 2009

Tras o solsticio de verán (á atardecida)










—Uf, como se notan os días...
—Como os días?*
—Digo as noites, que van crecendo.
—Ah, xa, as noites, claro. Aínda a semana pasada destas horas andaba eu a segar a herba.
—De aquí a nada, estamos en agosto, cos neboeiros...
—E logo xa está aí o Nadal...
—O que eu digo: primeiro de agosto, primeiro de inverno.
—Uf...

____________
* Repárese en que esta pregunta se formula, non porque o interlocutor non entenda nin saiba de sobra o que vén despois, senón para dar pé a unha conversa que se repite desde tempos inmemoriais, aos quince días do solsticio de verán.

4 comentários:

Teté disse...

É, as pessoas repetem todos os anos as mesmas conversas, quase sem darem por isso... (`_^)

Mas é certo que o Natal está a chegar... só faltam menos de seis meses!

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Ainda não há uvas (quanto menos passas), Teté, e já estão todas vendidas, hehehe!

Esta conversa e a da mudança da hora não faltam nunca.

Beijoquita

condado disse...

Ya está ahí San Roque, joer, otra vez las navidades... (A miña nai dixit)

Sun Iou Miou disse...

Da tua nai me estaba a lembrar cando escribín isto, Condado, e dos neboeiros de agosto, e do ditado de Paredes de Coura. E se non lle ouviste xa este ano a conversa á túa cuñada, prepárate, porque na cea desta noite cae, fixo.