sexta-feira, 31 de julho de 2009

Pausa sen paraxe










E agora, con licenza, rematada a primeira fase do choio, fago unha pausa na que non vou parar, porque vou alí nun instante a ver e ouvir este home, dou uns pinchos (até me salten tamén as lágrimas), bebo uns copos (para recuperar o líquido perdido entre chimpos e prantos), como como é debido (porque as penas con pan son penas con pan), admiro o ceo da miña outra terra e regreso para pulir o diamante que andei estes meses a extraer da mina. Até xa!

__________
P.S.: A ir e vir non lle chaman carrexar? Pois...

4 comentários:

Dylan disse...

Muito interessante. Mas é galego ou português?

Sun Iou Miou disse...

Olá, Dylan, bem-vindo!

Pois, umas vezes é galego, outras é português -(só)ligeiramente danificado dizem-, tem dias em que é um e outro, e até fases em que se fala calando no idioma universal do silêncio.

Interesse já não sei se tem para outros -quanto menos muito-, mas obrigada. (`_^)

R.R. disse...

¡Páseo ben!

Por se non viu isto...

Sun Iou Miou disse...

He, R.R., mañá se teño gana, igual fago un textiño sobre estas relixións... e outras anécdotas.

(Por certo, que ouvín pola radio segundo viña de volta da meseta que en Vilamormallo foi un caos.)