sexta-feira, 3 de julho de 2009

Aniversario










Surfeirando na nete
, decateime de que nunha fin de semana coma esta, aló polos meus quince anos, pisei nas Carrouchas por primeira vez. Non sei se me alegre, se non. Vou matinar niso.

13 comentários:

couselo disse...

Pois precisamente eu, revisando vellas fotos, atopeime paseando polas Eiras hai uns 24 anos (xa tiña máis de 15). Nese momento nin imaxinaba que ía recalar por aquí de xeito definitivo, pero sei que me gustou e a máis que remota posibilidade non me pareceu un drama.
O que si boto en falta agora, é a frescura dos achádegos e das perspectivas. Iso si, agora sei que son moito máis guapo.

Ana disse...

:D o que o passado tem de bom, são as recordações dos belos momentos, e não das velhas zangas. :D

Ana disse...

Ps - parabéns ao teu passeio! ;D

Teté disse...

Excelente fotografia do Rio Minho, Sun! (*_*)

Matinar quer dizer pensar melhor no assunto, matutar, não? Mas se não gostasses daí viver, já tinhas mudado para outro sítio, né? Como diz o ditado popular (português): "quem está mal, muda-se!"

Beijocas e bom fimde para ti!

Sun Iou Miou disse...

Alégrome de que mellores cos anos, Couselo, aínda que non che servise de moito (non quero saber como eras antes, logo). :P

Eu, pola contra, estou moito peor, pero sigo encontrando excelentes perspectivas e achados que recenden.

Sun Iou Miou disse...

Vani, só estava a pensar no rumo que pode tomar a vida por a gente fazer uma escolha ou outra. Mas, afinal, é perder o tempo, que a vida só tem um sentido: de frente. (`_^)

Sun Iou Miou disse...

É um bocado mais abaixo da Cabra, Teté, e tomada em melhor dia que aquele. (`_^)

Matinar é o mesmo que matutar, sim. E gosto deste lugar, sim, e muito, mas são muitos anos aqui já. Talvez siga a dica do meu médico: essa tenho-a reservada para um textinho, um dia destes conto.

Bom fim-de e beijoquita

sinistro disse...

Podes alegrar, que decatácheste a unha pronta idade de que as carrouchas non eran moi civilizadas.
Mais tamén pode que quixeses probar de novo con quince anos.

Sun Iou Miou disse...

Non volvo aos meus quince anos nin que me paguen, Sinistro, grazas.

Sigo con dúbidas. Case me gustaba máis cando había menos civilización... e case nin teléfono.

Anónimo disse...

¡Alégrate, muller!
Eu alégrome, que se non, non te coñecía.
Sigrid

Sun Iou Miou disse...

E por que non me habías de coñecer, Sigrid? Cidadeabertaaomar non é así tan grande e dúas tolas sempre acaban coincidindo nalgún momento, nin que sexa no Rebullón. (`_^)

Sigo matinando...

Anónimo disse...

Pois tamén che é ben certo.
E o Rebullón non é tan mal sitio; que ben bonito que é.
Sigrid

Sun Iou Miou disse...

Nunca estiven, Sigrid (non por falta de motivos). Ti si?

Bicos