quinta-feira, 30 de julho de 2009

As cicatrices do itinerario (VI) Unha escolla mala e unha boa










As augas azuis e friísimas (que se presentían, digo) agasalláronme os ollos mentres percorría a costa de Sines a Vila Nova de Milfontes, onde pensaba facer noite. Atravesei Porto Côvo cunha sensación estraña de illas, pexegueiros e príncipes desencantados tamén cantándome e unha felicidade pequena, a das estradiñas tranquilas e o ar enteiro ao meu alcance inundándome, reciclándose.

Coa referencia de que había un cámping fantástico alá fun dereitiña, sen pensar... sen pensar que puidese haber dous. Xa nada máis entrar arrepioume (e desconcertoume) a sensación de ruína que ofrecían as tendas descoloridas prolongando caravanas deterioradas, case de barrio de chabolas, que me levaron a pedir praza para unha noite só. Plantei o forte nun lugar apartado e fun dar un paseo pola vila: foi cando descubrín que alí ao lado había outro cámping, do que saían, un tras outro, todoterreos de luxo, como se os regalasen dentro nunha tómbola.

Entrei a comprar unhas chanclitas nunha tenda xeitosa, cun dependente máis xeitoso aínda, a quen lle preguntei onde podía cear decentemente e mandoume a unha tasquiña pola que non tardou en aparecer el tamén. E abofé que non me enganou, comín ben e bebín mellor: aquilo era o Alentejo mesmo. E xa na sobremesa, observei un fenómeno que espero non esquecer mentres viva, digno de calquera película italiana que se prece. Chegou unha familia tipo: pai, nai, fillo pequeno e filla adolescente. Des que entrou a nai (presuncións, claro, que ao mellor non lles era nada ao seus acompañantes) estivo pegada a un móbil polo que falaba coma unha metralladora (na miña vida, xuro, vin falar a ninguén máis rápido), mentres lía a carta e indicaba o que tiña que comer cadaquén, incluído o marido (presunto, insisto) , sen perder detalle do que sucedía nos seus dominios en ningún momento alén e aquén do teléfono. Un fenómeno a guicha!

Ao saír deille as grazas cun sorriso ao rapaz que me recomendara a tasca e parei nun miradouro a ver o solpor, onde unha parella se virou para min a cuchichar entre eles, como dicindo, e a esta non a vimos xa nós nalgunha parte?, mentres dous mozos fotografaban en secuencias.

Pouco máis hai que contar, fóra desgrazas. Cando cheguei ao cámping, chantárame outra familia tipo (non, aínda ben, non era a da tasca) dúas tendas case enriba, polo que pasei a noite ouvíndoos botar a partida (teño fobia ás cartas, non me pregunten por que, que non o sei), cada volta que daban sobre a colchoneta inchable e máis barullos que unha señorita coma min non pode amentar sen caer na vulgaridade do escatolóxico. Sorte a miña que unha ducha fría e o cafeciño que tomei no bar madrugador do mercado me devolveron o xuízo.

24 de xuño de 2009

___________
Aquí remata a primeira serie de fotos, para quen non as viu xa, e a ida. Ao día seguinte iniciei, demorándome devagariño, o regreso.

8 comentários:

João Paulo Cardoso disse...

Mas andas mesmo a percorrer o litoral português de mochila às costas?
É uma ideia muito gira.

Fotos fantásticas a acender o rastilho do desejo de viajar.

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Não, JPC, isto está tudo um bocado desfasado por causa do trabalho: foram as minhas férias de cinco dias imensos em finais de Junho (!!!), que vou relatando assim quando arranjo tempo, só por deixar constância para a minha frágil memória, se não de aqui a pouco já nem lembro nada. Não que interesse a ninguém. (`_^)

E parece pela lentidão do relato que foi a pé, mas (quase infelizmente) foi de mota.

Teté disse...

Vila Nova de Milfontes tem paisagens maravilhosas, Porto Côvo idem, já tinha visto algumas fotos tuas, destas não me lembro (tirando as de Aveiro e de Óbidos, Estarreja e Murtosa). Enfim, também pode ser PDI... (`_^)

E estão muito boas...

Nesta terra (não sei se mais que em outras, mas pronto) existem "cromos" que são realmente inesquecíveis! Os assumidamente saloios nem sem os piores! Os saloios com mania de modernaços ficam a anos-luz!!! ;)

Beijocas!

Sun Iou Miou disse...

Nem fiz muitas fotografias lá, na verdade, Teté, mas gostei muito de conhecer aquilo e acho que fui no momento perfeito (Junho é para mim o melhor mês para viajar, mas nem sempre se pode.)

"Cromos" há em toda a parte, "felizmente"... (^_^)

Marreta disse...

Eh lá, que isto interessa-me particularmente!
É que daqui a 1 mês, isto se não fôr contaminado com a gripe A, estarei precisamente em Porto Covo, ou lá bem perto. E estarei precisamente num camping, num desses 2 que referes, não numa tenda, mas num bungalow (sou mais refinado...). De facto, existem por lá 2 campings, o de Porto Covo e o da Ilha do Pessegueiro (para onde vou). Agora pergunto, a qual é que te referes? Qual é o camping "chunga" que te saiu em sorte?
E já agora debita lá o nome e localização da tal "famosa" tasca, que o Marreta também tem que comer!

Saudações campistas do Marreta.

Anónimo disse...

Se eu lle dixese que na vida fun de campismo?!
Todo o máis, o vrao que aprovei oposición, fixen un percurso por esa mesma costa que percorre vde. de Figueira da Foz a Lagos, e daí a Sevilla, dentro dunha caravana con 2 amigos e mais un can. Memorable

Sun Iou Miou disse...

Marretinha, o parque de campismo no que estive eu era de Vila Nova de Milfontes, mas se sabes que a onde vais há dois é fácil: entras e comparas. O meu erro foi pensar que havia só um.

Sun Iou Miou disse...

Eu xa había anos que non ía de campismo, Kaplan, pero que lle quere?, agora de vella dáme por aí (ou será que non me dá para máis?). En fin, mentres as costas aguanten, non é mala vida: peor é quedar na casa.