domingo, 9 de maio de 2010
O parvo, se é calado, pasa ben por asisado
Pola presente confeso que cada día estou peor, non digo para encerrar, que xa me eu encerro sen axuda, nem de amarrar, que bastante me amarra a mortalidade ao chan. Digo peor de parva. Hai un par de días entrei nun blog cuxa xerencia anunciava o feche temporal por viaxe a Escocia. Convencidiña de que estaba no estaminé da Teté, abrín a caixa de comentarios para disuadila de que me trouxese unha botella de malte, que aló, pola cousa dos impostos sobre os vapores etílicos, sae muito máis caro. Chamoume a atención que non houbese a macacada de costume para pór a nota colorida no texto, estrañeza de que deixei constancia por escrito. E quedei tan pancha á espera do regreso. Até que onte me acordou ir visitar o tasco do Marreta e bato coa fuza nun kilt estendido a corar...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário