sexta-feira, 4 de julho de 2008

A segunda lei da gravidade

Hai unha coñecida lei de Murphy que sentencia que a torrada sempre cae do mesmo lado, isto é, o da manteiga. Eu hoxe voume lanzar tamén en caída libre a formular unha lei nova, que carece de utilidade e que nin sequera me produciu satisfacción ningunha constatar, máis ben, todo o contrario. A saber:

A Sun Iou Miou, cando cae, sempre manca o xeonllo no mesmo sitio.

En principio, pode parecer chorrada pero non é, tendo en conta a cantidade de veces que levo caído nos últimos meses (des que patino, con patíns; o das neuronas xa vén de lonxe) e que ademais ese preciso xeonllo é a parte do corpo que en peor estado tiña xa de antes (fóra da cabeza e do resto do corpo), porque doe. Doe mesmo. E ademais pode dar lugar a unha lesión grave.

O meu profe, no primeiro día de clase, cando me viu espatelarme por quinta vez e levantarme sacudindo o po con xesto displicente e asubiando de lado (sei dismular moi ben) afirmou:

—Ti vas chegar lonxe nisto, porque non tes medo.


Naturalmente, non o desenganei, para que? Nunca se debe desenganar a quen nos admira. Menos aínda mentindo. De mentir, é mellor mentir cousas bonitas. E o rapaz estaba ilusionado comigo. Quen sabe, talvez se imaxinaba levándome polos reality shows cun nome artístico ben sonoro: The Odd Skating Freaking Wreck, por exemplo. Pero aquí entre nós, en realidade, non é que non teña medo que son unha cagada senón que son unha inconsciente, que é o mesmo que dicir que teño falta de conciencia, toda. E esa é unha falta grave, de peso.

8 comentários:

Teté disse...

Onde é que se vai dar esse espectáculo dos Odd Skating Freaks... (perdi o resto do nome, à conta das gargalhadas)?

Achas que vale a pena fazer uma segunda lei da gravidade, depois do pão com manteiga, também tu cais sempre para o mesmo lado??? Não será a mesma lei, em vertentes diferentes? Pensa nisso durante o fimde, que a questão é altamente filosófica e metafísica...

Mas que é preciso coragem para se mostrar destemida, quando se está acagaçada (e dorida, está claro!), ó se é!!! (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Nah, não pode ser a mesma lei coisa nenhuma, Teté, que eu por desgraça de manteigas nem o cheiro (ainda faziam bué serviço numa queda dessas). E coragem, nadita, falta de massa... encefálica. Por isso é que de fim-de não vou pensar, só trabalhar, que é o que sei fazer bem.
O espectáculo? Qualquer um dia destes grande éxito no Youtube. Onde se não? Eu sou a patinadora sem cabeça. (`_^)
(`Tamos a ver se hoje as chuvas sossegam, que ontem isto foi amazónico.)

Anónimo disse...

Eu daba agora a vida toda por esa inconsciencia da que falas, para me atrever a facer todo o que anhelo sen medo nin nergoña.
Antes subíame a un esceario a facer calquer cousa. agora cago`por mim, e non creo que o faga peor

Sun Iou Miou disse...

Ei, Couselo, reapareciches? Xa ía poñer un anuncio no blog en letras gordas, que non tiña con quen meterme. Andaste a apañar pedras polo mundo adiante? Teño eu cá unha na parte esquerda do peito que non sei o que facer con ela, se a queres para a colección.
Dabas nada por iso, se non estaba dado. As palabras son bonitas. Non te queiras cambiar por min, que estás ben como estás. (`_^)

kanjas disse...

o que é um xeonllo?

com tantas quedas essa zona ja deve estar calejada. ja nao te doi :P
ainda te vamos ver a patinar na televisao, e nao é no isto só video nem nos freaks wreck skating (ou qualquer coisa parecida)

Sun Iou Miou disse...

Fausto, o joelho (não é assim tão diferente a palavra). Ah, a bacia está calejada e não dói tanto, com certeza. Mas é que esse joelho esquerdo já o tenho lesionado de há muitos anos, e um simples toque faz-me ver as estrelas (tem para ai uma coisa que se chama osteocondrite, desculpa o palavro, e não podo correr, por exemplo), quanto mais queda sobre queda...
Na televisão? Achas? E vais aparecer tu lá a dizer que me conheces ou serás dos que me neguem três vezes? (`_^)

kanjas disse...

eu digo que conheço, tu é que és capaz d dizer que nao me conheces para nao passares vergonhas :P

Sun Iou Miou disse...

Se disseres que me conheces, ó Fausto, em agradecimento deixo-me levar por ti na BB, quando o mar chegar a Abrantes... (`_^)