quarta-feira, 23 de julho de 2008

Filminho (I)

Pois, rapidiño, que vou estirar a orella.

Da primeira sesión, cinco estrelas para catro minutos de curta: entre a angustia e a tenrura, o cerebro non daba abasto a transmitir sentimentos. En canto á longa, en fin, o principio é realmente nefasto: cando quero ir ao teatro, vou ao teatro e a certo tipo de teatro nin sequera vou. Pero como dis que dicía o pai do Tambor: se non tes nada agradable que dicir, é mellor non dicir nada de nada. Despois vai mellorando un pouco bastante e logra captar a atención, grazas, iso si, a algúnhas interpretacións, a da protagonista moi especialmente (Camila Bossa está espléndida), o mozo da afillada e o facha rico.

Na seguinte sesión houbo que escoller por incompatibilidade de horarios e callou a longa que botaban na Aldea. Unha metapelícula rodada por un catalán na Galleira con mestura de planos de aló e de acó, ponte de linguas e perspectivas, visións humanas. Curiosa e sobre todo simpática. Saímos tentando lembrar cal foi a primeira película que vimos no cine (sobre o que pensamos que é o amor non houbo insinuación ningunha) e de aí a devandita cita infantil. De todos os personaxes que saían coincidimos en salientar a involuntaria interpretación de Pabliño, o neno que non quere ser actor... porque non.

E por hoxe, que xa é mañá, rematou a función para min.

Sem comentários: