quinta-feira, 24 de julho de 2008

Filminho (II)




























Hoxe a crónica vai ser breve. De xeito só vi a Nocturna (lamento pero non atopei por ningures unha mostra da dobraxe galega -a española é un horror de voces agudas- e este fragmento ben merece que abramos os ollos e as orellas), que me pareceu deliciosa: o medo como forza sinistra que destrúe o que nos rodea, cunha música belísima que arrolaba nesas pesadas horas do post pandrium. Da Aldea fun a correr para a Nova, que había a homenaxe a Alberto Estévez e saíu un señor disfrazado de crítico cinematográfico, coa súa gravata de paxariña negra e todo: implacable.
Pero despois marchei a patinar, que xa era moito mono, e encontreime co meu escritor preferido (agora sabendo quen é, ando con moito máis tento para non o atropelar, que quero que me siga escribindo historias terribles fermosamente narradas), e aínda tiven que ir a Moinobreemoileal por causa de choio e logo... Logo acabei no briol, que había aniversario na veciñanza, que é bo, mesmo bo, que a xente faga anos na nosa compaña (eu é que cuns viños -os xustos, que xa aprendín a medilos- son xente coma a xente), pero o blog reséntese.

Sem comentários: