terça-feira, 15 de julho de 2008

Fuxir

Un día, quen non é Cesare comentoume que intuira que este blog era meu polo estilo da escrita. Flipei, porque só lera tres textos anteriores asinados de quen non é Sun Iou Miou e non me coñecía de máis nada, salvo que unha breve conversa telefónica se poida entender como coñecemento. Agora doume de conta de que é así. A escrita de cada quen é coma o adeene. Do mesmo xeito que se identifica a canción nova dun grupo musical aos primeiros acordes, aínda antes de sentir a voz do cantante, ou a autoría dunha pintura polos trazos... recoñécese nos textos o albanel que os constrúe. E non estou a falar de arte, non confundan, só de escrita, de artesanía da palabra, sen cualificativos.
Isto todo vén a conto de que penso, polo menos hoxe, a estas horas, oito e trinta e nove do 15 de xullo de 2008, que non serve de nada fuxir, nin mudar de identidade, nin crear outros mundos onde se mesturan mentiras e verdades (ah, ah, ah, esa é outra, cal é o límite?), porque afinal perdemos pola boca, ou talvez debería dicir polos dedos.
E por iso decidín abrir outro caderno sen ir para lonxe, onde desferrar a mala moa que me rilla ás veces. Esta mañá non vai haber texto, aínda, non paga a pena entrar, que aquilo é só un baleiro negro coma a miña boca, porque antes necesito unha foto que por preguiza onte non fixen, por preguiza e porque non quería amargar outro fermoso solpor á beira do río entre marés.
Así quedan delimitados os espazos e largo a negrume dos anxos sen ceo por un lado, os exabruptos e as palabras podres por outro, e aquí, aquí o que der.

____________
En fin, agora si hai algo, pero é só un preámbulo a modo de explicación.

14 comentários:

condado disse...

Non creo que podas desdobrar a malahostiacastelllana en dous blogs, pero ben, se é por un blog máis creativo e outro máis comunicativo, fico a espera dos mecajoendioala e así... Por certo, contestaron os do filminho e si (este ano blog e videosentimental vanme facer quedar en bolas). Hoxe quedarei por pontevedra para ver se lle arranxo o da imaxecine imaxetelevisión. Xa te conto

Sun Iou Miou disse...

E viva! Haberá que celebralo en Castro Laboreiro rillando unha posta de vitela barrosã ou um bacalhau à broa ou dunha e doutro e sen moderación ningunha. Magoa, esta fin de tócame choiar tamén e o que queda de mes (snif).

condado disse...

Xa podes ver a programaci�n do filminho. Nin se te ocurra non vir, e menos por exceso de choio...

Sun Iou Miou disse...

Que non se me ocorra non ir a onde? Ao filminho, claro que vou. A onde non, é ao Castro Laboreiro. Teño que traballar, queira que non queira. Vou mirar logo a programación. Hai algo interesante en Cidadeabertaaomar para ver? Teño que ir esta tarde.

condado disse...

Eu estarei en la capiprovinciá, cando remate si remato te chamo, aínda podemos tomar un condado en Cans antes de ir pra casa

Sun Iou Miou disse...

Vou estar desconectada, Condado, deixa recado no mancontro.

Violeto disse...

Sun, talvez já tenhas reparado que eu nunca por aqui comento. A razão é simples: Sou poliglota na proporção inversa da encantadora pessoa que és, a julgar pelos comentários que fazes. Lamento, mas não te entendo...aqui.

Sun Iou Miou disse...

Não faz mal, Violeto. Mas repara tu agora que por vezes também faço algum texto no meu português cativo, embora também não se me entender nada. Gostei imenso de te ver por cá e tenho saudades dos teus "dedos em flor", vê lá se os mostras máis. (`_^)
Então como é isso das proporções inversas? Quantos miles de línguas é que sabes? :P

Rei da Lã disse...

Por mim tudo bem, podem fritar os carapaus!

La queue bleue disse...

Se che vale como (ía dizer consolo mas recuei) contraponto, eu também intuo quem és e nom che lim nada (ou mirei/escuitei), conscientemente ao menos.
Quanto a entendimentos, queridos tugas, eu comparto espaço administrativo com a menina e nao é a primeira nem a segunda vez que tenho que reler para saber o que lá diz...

Sun Iou Miou disse...

Rei da Lã, sabes que se houver carapaus há também para ti. Só preciso saber se os queres com gelado de morango ou pudim. É só dizeres.

Sun Iou Miou disse...

Agora La Queue, entre o contraponto por uma banda (mas acho que te enganas, não sou pessoa conhecida) e os entendimentos parcos pela outra, e o 'menina' pelo meio, fico (e não recuo)... nem sei como fico, sem consolo?

La queue bleue disse...

O dos entendimentos é um elógio, o cripticismo é vocacional e de propósito, n? Pois conseguido. ;)
O teu estilo é esse e nom é por acaso; de qualidade, sem dúvida, mas retorcido que nem o rabo da porca! (se me permite a modificaçom criativa):P (tola eu que gosto! ;P)
[Que nom és pessoa conhecida já sei e tb penso que nom me engano, mas melhor deixar o assunto que caladinha estou mais guapa].

Sun Iou Miou disse...

Tantas flores ainda vou é enjoar com o perfume, La Queue (`_^). E no entre colchetes: agora avivaste mesmo o lume e isto aqui nem sei como vai acabar, que não há bicho que mais fure do que a Sun Iou Miou intrigada.