terça-feira, 22 de julho de 2008

Frenesí fílmico



















Menos mal, esta noite durmín como a xente. Non era sen tempo, porque vén aí unha semana estresante de ires e vires dunha á outra marxe, da Nova á Aldea das Carrouchas, en sesión continua de cine. Hoxe comeza o Filminho, Festa do Cinema Galego e Português, e ata o 27 de xullo. A programación, atención, está en hora portuguesa sempre. Os prezos tamén están en moeda portuguesa: 1 € o billete para as sesións diurnas, 2 € as nocturnas no CCG (a aleivosía hai que pagala) e 20 o abono completo. Pódese pedir menos?

E a primicia: Condado expón a alma na sesión das 21:30 do venres (sexta-feira), 25 de xullo. Eu xa lla vin en sesión íntima (privilexios que ten unha), pero non penso faltar á exhibición pública.

Terça-feira, 22 de julho:
18:00 (CT)
Porca miséria. Joaquim Pinto/Nuno Leonel. 4'
A mariñeira. Antón Dobao. 84'
21:30 (AG)
Borboreta, mariposa, papallona. Pablo García. 89'
22:00 (AM)
Palíndromo. Eva Quintas Froufe. 7'
Goodnight Irene. Paolo Marinou Blanco. 98'

Claves:
CT: Cine Teatro dos Bombeiros de Vila Nova de Cerveira
AM: Auditório Municipal de Vila Nova de Cerveira
AG: Auditorio de Goián
CCG: Centro Cultural Goianés

Só espero que me quede tempo para ir contando aquí como vai a cousa...

2 comentários:

condado disse...

Eu xa non vou!

Sun Iou Miou disse...

Nin podes ir, Condado: xa lá estás!