quinta-feira, 10 de julho de 2008

Axenda





Onte foi un día de favoritos e mesmo que non acontecese nada digno de contar, vou anotar igual só para que conste:

· Café a media mañá con Sigrid. E logramos non falar de choio!
· Consulta de Medicina Interna (ou debería dicir: Me The Monster de exposición ante o departamento en pleno?) Colesterol? Azucre? Que lles dean! Estou viva.
· Xantar (Outra vez, tugas? Xantar em galego é almoço em português, não vão confundir mais, que pode trazer consequências desastrosas) fronte ao mar co Sapinho Encantadíssimo (o outro que non son eu) e un dos meus J preferidos. E sen chorar! Non dou creto.
· Eu, me, min, comigo... colgada dunha cometa, arrastrada pola forza do vento e sen partir a fuza, rodeada doutro dos meus J preferidos, seus dous irmáns a dar leccións contraditorias e desalentadoras, e o Piru, un amor, a ensinarme a voar, por fin.

Cando pensan facer os días con máis horas, que así non chega para nada?!
_________________
Tamén traballei, ollo, non vaian pensar que estou de vacacións aquí...

10 comentários:

Raposo disse...

Por sorte, o desexo primixenio do ser humán de voar segue vixente en nós. En canto os días de 30 horas non cho teño nada claro.

Sun Iou Miou disse...

Raposo, non é tanto voar, voar, que non me interesa nada, senón ir zoando a rente da auga. A cometa apenas son asas emprestadas que hai que aprender a dominar para non matarse.

condado disse...

Agora si que facemos o video. Título: Hostias!

Sun Iou Miou disse...

Hostias en vinagre vas facer o vídeo, Condado! Non che vai chegar o zooooooooom!

Teté disse...

Se o teu dia tem 24 horas, se foste tomar café a meio da manhã, ao médico (ou junta), almoçar junto ao mar e ainda aprendeste a "voar", quando é que tu trabalhaste??? Não me digas que te levantaste novamente às 20 para as 4... (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Pois, é Teté, às cinco da manhã, que são as quatro ai. Como hoje. Amanhã, se calhar, é só às seis. E ainda postei (`_^)!

condado disse...

Tentarémolo nun día sen moito vento para que non te leve tan lonxe

Sun Iou Miou disse...

Condado, antes teño que aprender moitos nomes e a tratar de vostede nos ventos.

Rei da Lã disse...

Tá bem!
Percebi tudo menos aquilo que não entendi...

Sun Iou Miou disse...

Eu sei, Rei, fica tranquilo, tu só percebeste aquilo de que xantar é almoço. Agora vai mirar as batatas, que acho que estão greladas. E deita fora as garrafas vazias, que não se pode entrar pela porta (nem pela janela).