sábado, 26 de julho de 2008

Filminho (IV)

Onte gocei coas curtas de Lara Bacelo, con algunhas máis, con outras algo menos, pero en conxunto xa compensou a tarde e parte da noite. E das músicas, que contan e tanto, quedei con esta xente, que puña a banda sonora no Mind the gap de Daniel Domínguez.

Mágoa todo o que quedou sen ver, en parte porque porfían na impuntualidade, talvez comprensible nas horas da sobremesa, pero cabreante na mesma; en parte, pola programación paralela, que me privou do filme de Manuel Mozos e das curtas proxectadas na última sesión da Nova. Quen fora deus!

2 comentários:

llll disse...

qué ben que gostaras... que para o ano repitamos as dúas, e que todo vaia a mellor... oes... a foto esa do sinal que pon Galiza... eu tirei a mesmiña na saída de Vilanova de Çerveira, xusto ao carón do paseo do río, antes de me marchar o domingo de volta a Compostela... ten graza.

apertas

pd: sabes? coido que, se foches a tantas proxeccións, xa sei quen es... houbo un par de caras que sempre se repetían...

lereiche.

beijocas

Sun Iou Miou disse...

Xa te tiña lido algunha vez, Sara Jess, pero non sabía que eras ti. Até creo que algunha curta xa a vira noutra parte, talvez no Play-Doc?
A foto do sinal lévoa no móbil e o outro dia tirei unha coa cámara temendo que acabase como a que hai no cruzamento anterior, esborranchada. (Curiosidade: antes de estar esse indicador houbo un primeiro no que puña "Espanha". As pontes unen porque permiten prolongar as conversas alén dos ríxidos horarios dos transbordadores.)