quarta-feira, 2 de julho de 2008

Por onde empeza a morrer unha persoa?

Era para ir patinar, pero logo acordoume que tiña que recoller material de choio na Moinobreemoileal (que inda non sei con que fundamento invento os topónimos) e, pronto, mudei de rumbo. Nada máis saír notei un frío que me fixo preguntar ulo o quecemento global ou o verán de seu, sen ir máis lonxe, que estamos en xullo -e a quen corresponda! O peor estaba por vir, aínda que non foi tanto o peor vir a min como eu ir ao peor, que eran as nubes negras que pairaban sobre o meu destino. Mesmamente, ao entrar en Feira-às-quartas, caían guizos xeados que me contorceron o fociño e dei en cagarme en canto semáforo fechado encontraba. Pouco e pouco funme enchoupando e cando timbrei na casa á que ía para recoller os deuvedés, daba tanta pena, que de non ser pleno verán, de certo me ofrecían un caldo coa súa pataquiña, as súas nabizas e o seu aquel de unto. Pero prepararan gazpacho de cea, que o tiñan a refrescar na neveira, e como que non.
Total que cheguei á casa, espín a roupa en plan nove semanas e media pero dándolle ao FF a 32x e cando tirei os calcetíns descubrín horrorizada que traía os pés mortos. Aínda me debrucei a cheirar, que o fedor -pensei- sería sinal inequívoco, pero o único olor que desprendían era de humidade. Por fortuna, deinos reanimado a tempo. E aí os están, sosténdome. Desta non morro aínda.

12 comentários:

condado disse...

O problema era onde ías poñer os patíns... agora ben, poderías ir ás para-olimpiadas

Sun Iou Miou disse...

Non me imaxino cos patíns nas orellas, Condado, porque se pensabas que podería patinar cabeza abaixo cos patíns nas mans, estas tampouco viñan en moi bo estado, nin cos puños calefactores.
(Por certo, falaba agora coa tua amiga de Pucela e manda recado: "Máis traballar e menos blogar." Limítome a transmitilo.)

Teté disse...

Não sei por onde começa, mas sei onde acaba: nas unhas e nos cabelos, que continuam a crescer depois do óbito...

Mas está assim tão mau tempo por aí? Aqui nos dois últimos dias tem estado mais fresco, mas tipo 20 e tal graus, comparativamente com os 30 e tal graus do fim de semana passado...

Ainda que ri com essa sopa fresquinha!!! (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Está para ai com nuvens e claros. O caso é que na Aldea das Carrouchas não estava de chuva, nem muito menos, mas a quinze quilómetros, que é a onde fui, o céu estava negro. A temperatura muito elevada tambem não e, claro, com aquelas nuvens a escurecer o sol e a água, tornou mais frio ainda. Se eu sei que ia chover assim, aliás, ia preparada, mas era coisa de ir e vir. Nada grave. (`_^)

Rei da Lã disse...

Significa que vai chover?!

Sun Iou Miou disse...

Significa que choveu, Rei da Lã, e que este vai ser um ano bom de maçãs de chouriça e peras de café com leite.

Anónimo disse...

O de moinobreemoileal ben se sabe de onde o tiraches...

Sun Iou Miou disse...

Saber sábese, Anónimo, o que non lle sei é o fundamento. (`_^)

Anónimo disse...

sempre pensei (errado, sen dúbida) que un empeza a morrer de dentro a fóra, xa ve que cousas, como apodrecen as mazás...

kanjas disse...

quem te vê falar ainda pensa que está a nevar, rapariga!!

mas foste patinar ou nao?

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, non che quixera dar a razón porque non te penses louco, pero fuches o único que atinou coa resposta. Mágoa que isto non sexa un concurso, que levabas o premio gordo e con bote. Bicos.

Sun Iou Miou disse...

Nesse día, Fausto já não patinei, que era tarde. Mas fui ontem, e hei de ir hoje e amanhã e sempre... embora este último advérbio seja desses não se devem pronunciar nunca (como também este outro).
Acredita que estava frio mesmo, não de inverno, mas... Agora suma-lhe que ia de mota, molhada: é aquilo que se chama agora "sensação têrmica", pelo menos cá (o frio de dentro também deve contar, `_^)