sábado, 12 de julho de 2008

Seda pura

Uma noite só
de infinda ternura,
asas, plumas, brisas,
ouro e seda pura;
negra noite e macia
de água morna e aguarelas,
sem alba só uma noite
estremecida de estrelas.
Para quando houver distância,
quando houver silêncio, ausência
que me fique cá a tua essência
prendida nos dedos, na pele.

Deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
mas agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.

Uma noite só,
abraço que não tem fim,
areias, dunas, ondas,
lavanda, salva, alecrim,
trigo, caramelo e alma,
pétalas que são sussurros,
sem alba só uma noite,
bálsamo, espuma e calma.
E ao se tingirem de orvalho
os olhos em que nadaste
que essa noite não se afaste
destes dedos, desta pele.

Pois deste-me seda pura
quando estava já na altura
de ir embora
e eu agora
não vou ir mais à procura
doutro sal, doutra doçura,
que para me embalar na aurora
ficou-me a tua seda pura.

8 comentários:

condado disse...

Vou repasar no mac o intento de canción que quedou aparcado no garage band.
E agora recordo tamén que non comentei as ataduras do texto por causa da rima en algunha parte... Do que máis gostei: caramelo

Sun Iou Miou disse...

Non te molestes, Condado. Non paga a pena. É só que non atopaba máis nada que dicir, e como son idiota, non sei estar calada.

condado disse...

Estou de garda na capi, non está mal que traballe alguén en sábado e así ter con quen falar. As cancións raramente saén dunha vez, e coma casique todo precisan dun tempo para despois retomar, ou non, seguir reposando.

Sun Iou Miou disse...

Moito traballas ultimamente, Condado. Pensei que era eu a única. Fai o que queiras, logo.
O blogoglobo non se fixo para as fins de semana, menos aínda para as de xullo, que nin a Teté está.

Anónimo disse...

Esixo autoría inmediatamente.
Sigrid

Sun Iou Miou disse...

Autoría o que, Sigrid? Cando roubo, digo que o roubei e a quen. Se non digo que roubei, é de Sun Iou Miou ou de quen non é Sun Iou Miou, "que no es lo mismo pero es igual" (e esa frase é de Silvio, Silvio Rodríguez, claro).
Bicos.

Anónimo disse...

Pois neste caso, Sun Iou Miou, se o levase, quitaría o sombreiro ante ti. Por certo, que lle podías emprestar a letra a Camané para que fixese un fado, porque o estribillo (refrán, se o prefires) é fado puro, pero de fado bonito, de fado esperanzado.

Sun Iou Miou disse...

A letra, Anónimo, está aí para quen a queira coller. En canto ao de fado esperanzado, a min paréceme todo o contrario, é cousa máis triste do mundo, absoluto desistir e desesperanza, pero en fin, son puntos de vista.
E non quites o sombreiro, que está un sol que abrasa. (`_^)