O inicio da operación "Francesinha" (quedoulle a cabeza aberta ao que escolleu o nome tratándose duna acción programada na Invicta e máis sendo a dona da pensión quen era) estaba previsto para as catro da madrugada. Dicía o comisario, o doutor Manoel Luís Afonso Secundino dos Santos Portimão —de agora en diante simplemente o comisario para abreviarmos—, que aquela hora era a xusta para sorprender os interfectos in flagranti, porque aí se producía segundo os estudos científicos ao efecto a fase cuarta do sono NoREM, en que este era máis profundo, e habería máis posibilidades de éxito na redada. E así foi. En canto soou a primeira badalada na Torre dos Clérigos, o comisario levantou o brazo para dar o sinal, que era a luz do móbil, porque fundidos como estaban os dous únicos farois que había por perto, non se vía un burro a tres pasos. E non era pola falta deles. Como por ensalmo empezaron a xurdir das sombras os axentes da lei, con aquela chulería que lles é propia cando se ven máis fortes ca o inimigo, o que máis o que menos abaneando a porra, moi milhomes eles, algúns coa man na pistola, que xa fumegaba antes de tempo.
quarta-feira, 2 de julho de 2008
A vella polaca. Capítulo XV
O improvisado do encontro aínda dera para axenciar unhas viagras do pisco que lle pasou antes de arrear da Cordoaría o Rei da Lã, quen sempre andaba preparado as urxencias, pois amañaba os lotes a prezo rebaixado, co cal quitaba uns réditos para tabaco, que non tiña el interese ningún en maiores talladas. O ti Jonas, culminado o esforzo do triquetraque co cigarro ritual, roncaba: coma un bendito para a Miss Anyeska, que xacía ao seu lado contemplándoo, créndose a salvo naquel recanto cutre do sur de Europa; coma un porco segundo comentarían á mañá seguinte algúns inquilinos da pensión, os máis por envexa, algún que outro só porque a falta de sono lle avivaba a xaneta. E con razón, que a noite fora abofé movida.
O inicio da operación "Francesinha" (quedoulle a cabeza aberta ao que escolleu o nome tratándose duna acción programada na Invicta e máis sendo a dona da pensión quen era) estaba previsto para as catro da madrugada. Dicía o comisario, o doutor Manoel Luís Afonso Secundino dos Santos Portimão —de agora en diante simplemente o comisario para abreviarmos—, que aquela hora era a xusta para sorprender os interfectos in flagranti, porque aí se producía segundo os estudos científicos ao efecto a fase cuarta do sono NoREM, en que este era máis profundo, e habería máis posibilidades de éxito na redada. E así foi. En canto soou a primeira badalada na Torre dos Clérigos, o comisario levantou o brazo para dar o sinal, que era a luz do móbil, porque fundidos como estaban os dous únicos farois que había por perto, non se vía un burro a tres pasos. E non era pola falta deles. Como por ensalmo empezaron a xurdir das sombras os axentes da lei, con aquela chulería que lles é propia cando se ven máis fortes ca o inimigo, o que máis o que menos abaneando a porra, moi milhomes eles, algúns coa man na pistola, que xa fumegaba antes de tempo.
O inicio da operación "Francesinha" (quedoulle a cabeza aberta ao que escolleu o nome tratándose duna acción programada na Invicta e máis sendo a dona da pensión quen era) estaba previsto para as catro da madrugada. Dicía o comisario, o doutor Manoel Luís Afonso Secundino dos Santos Portimão —de agora en diante simplemente o comisario para abreviarmos—, que aquela hora era a xusta para sorprender os interfectos in flagranti, porque aí se producía segundo os estudos científicos ao efecto a fase cuarta do sono NoREM, en que este era máis profundo, e habería máis posibilidades de éxito na redada. E así foi. En canto soou a primeira badalada na Torre dos Clérigos, o comisario levantou o brazo para dar o sinal, que era a luz do móbil, porque fundidos como estaban os dous únicos farois que había por perto, non se vía un burro a tres pasos. E non era pola falta deles. Como por ensalmo empezaron a xurdir das sombras os axentes da lei, con aquela chulería que lles é propia cando se ven máis fortes ca o inimigo, o que máis o que menos abaneando a porra, moi milhomes eles, algúns coa man na pistola, que xa fumegaba antes de tempo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
 
15 comentários:
Hahahahaha, pois si que si. O certo é que, fora bromas, os meus vizinhos tiverom um fim de semana (manhã e tarde e manhã e tarde!) digamos... agitado :P e nom paravam, meu deus, aquilo parecia um trem que nom acabava de passar :P (porém pessoalmente (e nom personajilmente) nom me resultou o tema especialmente inspirador :P)
Agora, bata de guata?! Rosa e com laços, nom me digas mais! :P Eu é mais corpetes de cabedal, ou babydolls de renda ou longas e estilosas batas de raso :P Ainda que, bem pensado, Amancio seica começou com batas de guata... :P
Hehehe, encanta-me :)
Concho, La Queue, que me acabas de fazer feliz. E desculpa as licenças, mas pôr-te como na foto sado não me parecia próprio dum blogue decente como este.
As licenças som o mais divertido, minha senhora ;)
La Queue, sendo como são todo licenças não podo por menos de me sentir gabada. A ver se hoje não durmo tampouco. (`_^)
Hehehee, se for por isso, podes nom dormir um anaco, mas depois dorme-me, eh! nem que tenhas que usar o método do ti Jonás ou acabes embaixo da cama
Pões-mo fácil, La Queue, vou ter de acabar debaixo da cama. É questão de experimentar.
Ai, ai, qdo dizes isso só me dá gana de falar seriamente consigo, senhorita! Mas eu nom som quem para dar lições de nada a ninguém. Um casto beijo na bochecha de boas noites ajudaria?
Acho que não, La Queue, mas obrigada de qualquer forma.
Porra, entao é drogas duras o que funciona?! Home, ou depois está o clássico (drogas legais) de pilher umha melopea e depois dormir a mona :P
[Bueeeeno, já te deixo tranquila :) desculpa]
Já dormirei quando o corpo não aguentar mais, La Queue. Não te preocupes. E graças de novo. É melhor não continuarmos por aqui. Beijocas.
Esta é unha conversa para reconvertir aquela de París-Texas dun lado e doutro do espello. Durmistes ben?
Xa viches a resposta, non, Condado?
Perdoa, Condado, quitei o post de "A desolación". Non era este o sitio del.
Uns ressonam enquanto os outros tentam dormir... muy bien!
Afinal de contas, onde é que pára a velha polaca???
Teté, a velha polaca... damos razão dela no próximo capítulo, que ficaste tu lá com o inquérito sobre os hábitos sexuais dos portuenses, lembras? (`_^) A história já está prestes a terminar.
Enviar um comentário