domingo, 25 de novembro de 2007

Diego

Aproveitando que o Pisuerga pasa por Valladolid, fixen como que ía a un congreso de chinés ao que non tiña pensado ir no fondo, porque a cuestión era buscar unha escusa para estar con CN ante a inminencia da chegada de Diego. Pero Diego, como bo Porco (falo do horóscopo chinés, por favor), que elixe con quen e cando vai nacer, decidiu que non agardaba a que o sacasen daquel encerro no 27, tal como programaran, senón que o 21 de novembro era unha data excelente, pois a humidade dun día chuvioso volve menos agresivo o cambio de medio. Así que mentres agardaba pola miña lǎoshī (que ela si ía ao congreso) en Cidadeabertaaomar, recibín un sms todo babado coa nova de que Diego xa estaba destoutro lado do mundo, con 3,640 kg e 51 cm, disposto a revolucionarnos, ou mellor dito, a que evolucionásemos ao seu redor. Total que saímos cara ao sueste, en dirección a Pisuerga-con-Esgueva, eu ao meu, durante cincocentos quilómetros, desconectada do incesante bra-bra-bra bra-bra-bra de Zhāng lǎoshī e do kia-kia-kiá continuo da súa cámara made-in-Taiwán.

10 comentários:

Anónimo disse...

Pícame a curiosidade... Qué quere dicir Sun Iou Miou?

Anónimo disse...

Son eu meu? jeje

Sun Iou Miou disse...

Avelaíña: Sun Iou Miou, en efecto, é como se pronuncia Son Eu, Meu (ou Meu, Son Eu, na orde correcta en chinés, co apelido diante do nome) na variante da Aldea das Carrouchas: é só buscar nun atlas lingüístico aló polo sur da Galleira. En chinés, Miù Sǔn Yòu (escrito na transcrición pinyin e pronunciado Miou Sun Iou, o dos tons ímolo deixar para outra) significa Falso, Gromo de Bambú que Seduce... Aló vai o meu segredo (`_^)

Rafeiro Perfumado disse...

Boa, assim fico a saber que não me estás a insultar ou coisa do género! ;)

Sun Iou Miou disse...

Ó, Raf-Raf, Iou nunca insultaria um caozinho, 'ta descansado, aliás falamos a mesma língua embora um rio nos separe. Mas nem sempre digo a verdade (^_^).

Sun Iou Miou disse...

E, Raf, em português (da parte de onde falam em 'gotas', não em 'pingos'): Sou Eu, Meu. Esse "meu" não sei se vocês utilizam, mas é um equivalente carinhoso (de "meu amigo") do "pa" ou do "mano".

Teté disse...

Que bom signo chinês tem o Diego (é o meu, escusado será dizer!)

O "meu" usa-se em todo o país, como gíria, calão, linguagem de rua, mas depois das gotas e dos pingos, acho que "só sei que nada sei"!

Sun Iou Miou disse...

Pois tem, isso mesmo disse a minha professora de chinês: porco é o melhor de todos. Boa para ti. Eu pelos vistos sou boi (ou vaca?, mas tranquila, não ando a atravessar estradas), o qual não está nada errado: sempre a trabalhar.
Por cá entre pingas e gotas, há mais pingas do que gotas.

torredebabel disse...

Pois benvido Diego!!! que tamén está ben nacer cando a un lle peta!

Sun Iou Miou disse...

Benvida ti, e apertas de perto ao lonxe, torredebabel, que se non fose por esa maldición biblíca, a ver de que e para que habiamos vivir algúns, os que temos vocación de ponte?