domingo, 6 de abril de 2008

Outra vez as chaves

Xa de regreso, na última parada, no último café que aínda é bica, procuro as chaves da casa coa intención de metelas no bulso da cazadora para telas á man ao chegar. Non as encontro onde deberían estar. Desacóugome, pero no que resta de viaxe, coa cabeza ocupada en guiar, non matino máis. Paro na do Condado a deixarlle un ovos moles, ben cocidos dun día enteiro na maleta esquerda (avisado estaba, pero ameazoume con non me atender máis os cans se non llos traía) e a pedir copia das miñas chaves. Entro, baleiro as maletas, poño a mochila boca abaixo, nin rastro das chaves. Escribo unha carta. Cismo. E rebobino. Cando saín, levaba as chaves na man. Para que non me estorbasen mentres gardaba as bolsas dentro das maletas, pouseinas nalgún lugar. Alí as estaban: dous días as chaves tiradas no camiño, onde cargara a moto, practicamente á porta.
É o que ten vivir na aldea.

7 comentários:

Jonas disse...

Que naif...!!!
Escuta, com atenção:
1-Um potencial bandoleiro viu as chaves caídas no chão;
2-O bandoleiro(agora já em potência), foi imediatamente tirar umas cópias de todas as chaves;
3-Voltou ao lugar do achado e colocou os originais no mesmo lugar;
4-De hoje em diante a tua casa está nas mãos de um bandoleiro, que só espera a melhor oportunidade e melhor recheio para te dar o golpe final.
5-Muda de fechaduras, ou
6-Muda de casa, de terra, de identidade...
Foge...
hehehehehe

kanjas disse...

jonas, acho que essa historia é um bocado rebuscada. claramente que a coisa foi mais assim:

as chaves ficaram em casa. ao aperceberem-se que a sun se tinha esquecido delas agarram umas nas outras e rastejaram porta fora. quando chegaram a rua ja a sun tinha arrancado e elas nao tinham forças para continuar.
ca para mim tiveram sorte por nao terem falecido. ainda foram 2 dias ao tempo

Sun Iou Miou disse...

Ó, Jonas, não te esqueceu a opção "espera pacientemente que o bandoleiro em real potência aparecer para te roubar a vida -visto que a bolsa está vazia- e foge com ele"?

Fausto, as chaves, livres por uma vez durante dois dias, em lugar de dar-se ao primeiro que passou, preferiram, como amantes fieis, aguardar o meu regresso.

Anónimo disse...

¿Entrou o bandoleiro na morada da sun?¿Sabe como é a persoa a quen vai buscar?¿ou o que sucede é que só gosta de coleccionar copias de chaves perdidas e xa non sabe nin a que moradas pertencen?

Sun Iou Miou disse...

Entrou mesmo, Couselo, e rouboume a vida. Ando a ver se o convenzo de que me rapte e me leve á fin do mundo.

Anónimo disse...

Pois o mellor é que entrou pero non levou as chaves..ou e que, como dicía eu antes, é moi desordeado e as perdeu.
Podes deixalas chaves en sitio visible pero non evidente. O risco pode ser que bandoleiros hai moitos, pero que carallo!!!

Sun Iou Miou disse...

O bandoleiro só hai UN e entrou, repito, e o que perdeu foi a cabeza, Couselo. As chaves estaban en lugar visible, pero só para quen sabe ver.