domingo, 27 de abril de 2008

A vella polaca. Capítulo IV

Aquela mañá notáraa estraña. Tiña un brillo especial nos ollos que nunca lle vira. Erguérase a cantaruxar e estaba esaxeradamente solícita. Deulle un bico de bos días, meiga, a súa princesa. El sorriu, pero por dentro algo lle dixo que acaba de perdela. Non foi capaz de falar. Esperaba que ela, dun instante a outro lle espetase o puñal no peito, non imaxinaba aínda a lonxitude da lámina, a fondura da ferida que xa nunca estiñaría, sangue do seu sangue. Porque os síntomas eran inequívocos: estaban escritos en calquera manual da materia, e el, que como era lei de vida tamén sucumbira a esa doenza feroz, coñecíaos de cor.
Pero correu a mañá e ela non lle desvelou o seu segredo, acrecentando a angustia que o rillaba con dentes de armiño. El tamén calaba, non procovaba respostas, non adiantaba a morte, sen imaxinar sequera a crueldade que a había de acompañar. E así pasou unha semana. Unha semana de ollar para o reloxo cando ela tardaba, unha semana de ventás de par en par polas que entraba radiante a primavera, sete días, sete noites a sentir medrar o cancro, os celos, e o peor: os remorsos de sentir celos.

Cando no sétimo día entraron as primeiras luces da mañá no dormitorio sen persiana nin cortinas filtradas polas follas da faia, soubo que o mundo estaba para afundir á súa volta.

—Papá —díxolle sen preámbulos, e nunca até entón o magoara aquela palabra, que foi a primeira nos seus labios de meniña e sería a derradeira que lle oiría na voz de muller que se afastaba para sempre.

El levantou a mirada do xornal no que disimulaba a pena, no que lía a súa esquela, perdida entre tantas, tanta xente morre cada día. Non falou, agardaba —aínda ninguén inventara as palabras que disfrazasen a tristura de ledicia.

—Queríache presentar un amigo. Se che parece ben, esta tarde, despois do xantar, virá a tomar café.

E continuou falando, mentres cada son, cada nota que entoaba, eran mil agullas de aceiro que o furaban, millóns de lascas de vidro que se lle tinguían de vermello no peito, nas puntas dos dedos, nas coxas, na lingua, na meniña dos seus ollos que se cegaban, ela sen percibir que falaba cun morto, el ignorando que xa secara, que non lle quedaba unha gota de seiva nas veas.

Dez mil oitenta minutos despois despedíaa, a sacudir no ar un pano que parecía branco e era a súa alma de loito que estremecía en estertores; ela a axitar pola fiestra o ramo que desprendía pétalos de azar, folerpas de neve resplandecentes coma o sorriso que se lle abría ao berrar, "Adeus, papá!". Ao lonxe íase borrando a matrícula de letras brancas sobre fondo negro, negro, negro, mentres se difuminaba o P negro, negro, negro, enmarcado nunha elipse branca, no deportivo vermello que o fulminou na beirarrúa ante a casa virada para o Báltico na que naceran e morreran innumerables xeracións de Bukovskis.

8 comentários:

Jonas disse...

Penso que já te avisei que os teus leitores não gostam da velha polaca.
Mata tu depressa a tua, porque a minha, embora estejas sempre a rezar-lhe pela morte, continua fresca e boazuda...e a sustentar-me

Sun Iou Miou disse...

Já vi que não gostam. Tanto reclamar a continuação da estória e nem dão por ela. Mas cá sou eu quem decide o que se escreve, ainda.
E falando na velha, tão iludido te tem que pensas que esta e aquela são pessoas diferentes? Acreditas que te esteja a sustentar? Ao quê pensas que foi ao banco, se não esvaziar a tua conta? Lambón! Fresca é boazuda isso é que está, sim.

Jonas disse...

Há pessoas diferentes, sim!
Esta minha é diferente, e lambona!
Esvaziar a minha conta!
Essa fez-me rir!
Quando é que eu tive uma conta com saldo positivo?

Sun Iou Miou disse...

Vês como perdeste a memória até o ponto de te declararem incapacitado mental as autoridades sanitárias? Ah, que rica vida ela vai levar agora sem tu lhe poderes controlar as despesas! Fora sapatitos de ballet, venham sapatinhos de salto alto e batôn rouge!

Anónimo disse...

Non é que non gostemos, o que sucede é que a escrita é de tal densidade que precisamos ter tempo dabondo e tranquilidade no entorno para ler con atención. Hoxe lin os catro capítulos dunha sentada. É certo que prometía máis marchilla ao principio, pero aínda estou intrigado de para onde vai tirar a cousa. (Ainda que se cadra xa podería ter rematado)

Sun Iou Miou disse...

Ves, Couselo? Ese é o segredo do "culebrón": demorar os acontecementos, pero xa que te vexo con pouca pachorra, se prefires, de agora en diante, coloco só sinopses, centrándome no miolo do choio, tal que así: "Pois no capítulo de hoxe, resulta que vai a velha e tras baleiralle a conta corrente ao marido, foxe para a Patagonia co Eustaquio, onde montan unha casa de lenocinio", ou, "A ASAE leva a cabo unha redada nocturna na Cordoaria e o ti Jonas, indocumentado, acaba deportado e drogado nun avión con destino a Timbuctú, onde vive feliz os seus últimos días. Fin". E pasamos a outra cousa.

Anónimo disse...

Perdoa. Eu serei todo o indocumentado que queiras, pero non tanto como para non distinguir un culebrón do que non o é, e o teu non o é. Fáltalle a frase de tres palabras imprescindibles que diferencia a un culebrón de calquera outra historia.
Mañán leo o novo capítulo que hoxe teño traballo, e igual non o entendo ben.

Sun Iou Miou disse...

Visto o escrito, lido o dito, non me queda outra que te perdoar, Couseliño. Ti si que me es fiel. Vouche ter que dar un papel na historia (non vaia acaparar todo o protagonismo aí o ancián desvalido), sempre que non che importe saír en coiro por esixencias do guión, claro.