terça-feira, 29 de abril de 2008

A vella polaca. Capítulo V

Mentres Ludmila Bukovski limpaba sen disimulo a man dereita de imaxinarias babas e suores das que presuntamente lla impregnara o mingamona do don Sexismundo cun pano bordado de seda que deixou caer na papeleira ao pé do mostrador, o Tisco entretíñase en uliscar a maceta do ficus, á procura do mellor ángulo para aliviar a vexiga de toda unha noite de contención. Ocupada como estaba Jennifer, para variar, en atender ao teléfono nun murmurio que non daba para ocultar o ton erótico da conversa, o Eustaquio recibiu a vella polaca con todos os dentes que lle collían na queixada á vista. Na porta, petrificado, don Sexismundo abaneaba a cabeza do mostrador ao ficus, sen sospeitar que naquel preciso instante a súa mellor cliente transfería ao banco dun paraíso fiscal e turístico os fondos da conta que durante décadas figurara ao nome do matrimonio e cuxa potestade o día anterior un xuíz, instado polas autoridades sanitarias competentes e mercé aos oficios dun avogado sen escrúpulos, acababa de conceder á futura viúva. Non satisfeito, o Tisco, en vista de que a operación se prolongaba, decidiu descargar o peso que lle oprimía o ventre, discretamente, encollendo o corpo, nuna actitude de indefensión que naquelas circunstancias sempre o impelía por instinto a ampararse nun curruncho. Á Jennifer o fedor que invadiu de súpeto o local segoulle a inspiración, e ao dirixir ao corpo do delito (ou viceversa) os ollos, cruzáronselle co xesto entre suplicante e imperativo do director, que a instaba a reparar a desfeita ipso facto de fregona na man, en canto o can rañaba na baldosa coas patas traseiras coma quen quere botar terra sobre o asunto.

6 comentários:

Teté disse...

Então mas a velha polaca não foi presa???

Como perdi alguns capítulos da história, não estou a perceber nada disto... (`_^)

Jonas disse...

Nem eu!

Sun Iou Miou disse...

Há uma velha VERDADEIRA, Teté, e uma imaginária, produto duma mente enferma.
Que tu não compreendas até é compreensível, ti Jonas. Tomaste a medicação hoje? Olha, que se não o doutor não permite te tirarmos a camisa-de-força para saíres ao jardim.

Anónimo disse...

..eu tampouco entendín algunhas cousas, pero son paciente dabondo e espero que cada unha vaia pouco a pouco acupando o seu lugar.
Rectifico o dito onte. Ainda estás a tmpo de colar as tres letras que o convirten nun auténtico culebrón (e, por suposto, non chas penso dicir mentres non as preguntes)

Sun Iou Miou disse...

A ver se te aclaras, Couselo: onte eran tres palabras, hoxe son tres letras, así non hai quen xogue ás adiviñas. Porque non serán tres palabras dunha letra cada? De todas formas, o enigma puxéchesmo difícil, que non son experta en culebróns coma ti, pero acepto o desafío: vou barrenar un pouco antes de pedir papas.
O argumento téñoo complicado, que o ti Jonas lévame moita dianteira e non lle dou seguido o ritmo, claro que el está xubilado e así calquera. Pero todo irá ao seu sitio, espero eu tamén, ao seu debido tempo.

Anónimo disse...

Eroo. Son tres palabras. a primeira, un verbo.