terça-feira, 1 de abril de 2008

Xexún

Uns científicos (sic) da Universidade do Sur de California (estado ben coñecido polo muito que bate o sol nas cabezas) elaboraron un método baseado no xexún para curar o cancro. Vergalludo. Todos son vantaxes.
Porque a ver, punto primeiro: eu cando estaba coa quimio comía a dios, e o carallo é que non me aproveitaba nada, co cal, as guichiñas que repartían a xanta, veña a traerme dobre de sobremesa, que se unha de puré e outra de sopa, e galletas pola calada, e aquilo era un chuzarlle que ao final ía todo para o váter, cunha pouca de sorte e se non me enguedellaba co goteiro e montabamos o cisco a medio camiño, pero ese detalle tampouco non vén ao caso. A cuestión é que aquilo era un gasto improdutivo á conta do erario público, non só en comida, senón na man de obra tamén, así na cociña, como no reparto, como á hora de limpar a potada.
Punto dous: aforrando en comer, afórrase en limpeza de váteres, e aquí creo que non cómpre entrar en fonduras. Se alguén quere satisfacer a curiosidade, logo desentrípollo na rebotica polo miúdo.
Punto tres, (que como manda o refrán, se non o hai, hai que inventalo): dado que desde o punto de vista do envellecemento a restrición calórica favorece a conservación das células (velaí o caso das uvas pasas ou da chacina, sen ir máis lonxe; ou indo lonxe lonxe, a dos faraóns...), pois estas en vez de dedicarse, ala...!, a reproducirse como se fose acabar o mundo, utilizan a enerxía en protexerse da quimioterapia, co cal diminúen os efectos secundarios, consecuentemente tamén o consumo de herba luísa e xa non digamos doutros medicamentos de última xeración para contrarrestalos, que lles doen ós inspectores de farmacia como se llelo quitasen do peto.

E por último, está o obxectivo esencial do experimento, non nos enganemos, que é ir liquidando listas de espera por inanición, aínda que logo os catas asubíen para o ceo e digan: "Ai, pois cos ratos funcionou de putamadre". Porque, claro, quen nos garante que mentres está o da probeta na casa a dormir tan pancho, non vén a señora da limpeza (que só se diferencia do outro na cor da bata), para iso lle pagan, quita os ratos mortos e pon outros vivos no sitio? Eh? E a ver quen é o fino que distingue eses infelices que utilizan nos ensaios, que son todos idénticos.

Agora que tampouco pensen que descubrían a pólvora aí os americanos, que xa o viviu en primeira persoa o xitano dono do célebre burro, que xusto cando o deu acostumado a non comer, foi e morreulle.

21 comentários:

Anónimo disse...

Pero curar, curábao. Ou non?
E que eu xa non entendo tanto nihilismo de vir aquí a quitarnos a fe na ciencia.
Que queres? ¿Que non metamos todos na relixión?
Direiche que os señores científicos coidan dos seus ratiños como un pastor do seu rabaño, que eu unha vez vin un que entre mil ovellas atopaba a que tiña a pata mal para curárllela tódalas terdes. E, ademais, as señoras da limpeza non soportan as ratas e nin se achegan a elas.

Raposo disse...

Pois si, todo son vantaxes, menos para os restaurantes e Arguiñanos varios. Pero non vamos a entrar nesas menudencias, que carallo!

Sun Iou Miou disse...

Carallo se curaba, Couselo, e de vez! Pregúntallo ao burro.
Aclaración: A relixión, para a Historia da Arte. Se hai alguén que ten fe na ciencia, sun iou, miou. Como me dixo o meu hematólogo preferido un día que lle dei as grazas: Dállas á Medicina. Pois iso.

Comer é unha delicia, Raposo, cando se fai por pracer, coma quen saborea un viño en boa compaña, pero cando se coloca á altura das necesidades fisiolóxicas e hai que comer para non mirrar, o mesmo que á inversa hai que obrar para non estoupar, vén sendo unha tortura. Menos mal que existen a alimentación por vía parenteral e os laxantes.

Teté disse...

Bate-lhes ali um Sol a mais na cachimónia, lá isso bate. O jejum ajuda a curar o cancro? E funciona com os ratos? Então jejum já para todos, que se não for da doença, a fome faz o resto...

Come mas é tudo o que te apetecer, que estômago vazio não ajuda ninguém a seguir em frente! (`_^)

Jonas disse...

Esse Manuel Outeiriño...anda a roubar-te o ânimo.
Não te esqueças que, em determinada altura do regime, o burro do cigano atinge uma tal elegância que também tem de ser considerada, positivamente...
Há mulheres que pagam fortunas por uma experiência de 'burro de cigano', e a coisa também lhes dura pouco tempo.
A solução faraónica não é muito aliciante, mas a da uva-passa...se aquilo se conseguir com muito sol na 'Uva', é de considerar.

Rei da Lã disse...

Minha senhora:
Fale português que eu não entendo nada de chinês!
Pode ser?
;)

Sun Iou Miou disse...

Ó, ti Jonás, o Manuel Outeiriño é uma jóia em bruto (literal), ele sim é um maluco, o meu nexo com a Galiza nos tempos em que os dois estudávamos em Barcelona, já no século passado... Que morrinha!
Do resto, para não ficar como a múmia ou coma o burro sempre convém saber parar o jejum a tempo.

Sun Iou Miou disse...

Sua senhora, meu rei, vai ter de fazer um curso aceleradíssimo de português, mas falta-lhe um mestre como é devido, que domine a língua. (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Quem puder comer tudo o que lhe apetecer, minha Teté, como o paladar delicado que eu tenho, ai... Nem me fales, que está o toucinho de porco ibérico pelas nuvens...

Jonas disse...

Isso mesmo.
O homem é ele próprio mais a sua circunstância - dizia um dos vossos.
E uma das circunstâncias pode ser a inteligência, actuando clarividentemente numa outra circunstância,quando manda interromper o jejum, por exemplo.

Sun Iou Miou disse...

Ó, ti Jonás, ninguém melhor que o senhor para expressar em elevadíssima linguagem o que estas minhas mãos tão toscamente tecleam.

Jonas disse...

teclam...faxavor!

Muito estimo a mais que notória elevação do humor, preclaríssima chinesa.
É assim mesmo!, said the other clown.

Sun Iou Miou disse...

Agradece-se a correcção, ti Jonas. Estive a duvidar entre "teclam" e "tecleam" e afinal escolhi mal, como sempre, aliás.
Enquanto ao humor, ele está elevado, mas é do mau.

kanjas disse...

nao encontro o teu post sobre a serie japonesa. onde é que o meteste?

Sun Iou Miou disse...

O samurai sumiu, Fausto...

Rei da Lã disse...

BOM FIM DE SEMANA!

Sun Iou Miou disse...

Muitíssimo bom para ti, Rei, e para o resto do pessoal. E muito cuidado com as freiras (`_^)!

Teté disse...

Que Samurai mais fujão! Ainda tive tempo de lhe ver a cor da sola dos sapatos... (`_^)

Jinhos e bom fim de semana para ti!

Sun Iou Miou disse...

O pior é que o samurai levou os comentários todos, Teté.

Óptimo fimde também para ti.

Rei da Lã disse...

Vocês não digam mais nada!
Pensam que isto é a democracia socrática ou algum talho de peixe?
Já não avisei que sou gajo para arrebentar tudo debaixo de uma bota?!
Espero que o aviso surta efeito!
Ouviram?

Sun Iou Miou disse...

Como é que então não digamos mais nada? Acaso não estamos cá a falar português, Rei? Queres que saia para fora a postar textos incompreensíveis? Deixa-te ficar, que aqui a gente entende-se e reserva a bota para quem mereça. E não comas as freiras todas, que vai começar o filme e eu já renunciei ao jejum.