sexta-feira, 5 de setembro de 2008

Advertencia aos lectores deste blogue a modo de exemplo polo si ou polo non

Para que non me volva coller o touro vouno amarrar polos cornos

Se a Sun Iou Miou di aquí neste texto, por dicir algo, que non lle gustan os touros e despois dá media volta, deberiase ater ás consecuencias e estaríalle ben toda crítica que lle caese enriba. O de seu debe ser fiar fino para non andar despois ás turras.

Porque que diga que non lle gustan os touros, e dígoo para evitar malentendidos, non implica necesariamente que lle gusten os toureiros, que por se a alguén lle interesa, non lle gustan.
E, concretando máis, cando di que non lle gustan os touros, non é que os animaliños non lle gusten, que lle gustan, tanto ao natural como estufados -en especial, a parte do rabo; nada os cornos e menos se cheiran ao esturro-. O que non lle gusta, que despois todo son explicacións, son as corridas de touros. E cando di o das corridas non é que lle desagrade que os touros corran en liberdade vixiada ou sen vixiar, nin que se corran tanto e como poidan -que o teñen cru, coitados, co da inseminación artificial, en fin eles non, que aínda llela sacoden, senón as vacas, que nin o cheiran-. O que a Sun Iou Miou quere dicir é que detesta o espectáculo sanguinolento no que dentro dunha praza se acirra á matanza un fulano cunha vasoira imaxinaria enfiada no cu e vestido de entroido entre os vítores e aplausos da concorrencia.

En fin, algún detalle é probable que me escapase. Logo, se queren acusar a Sun Iou Miou de ver as cousas en branco e negro, home, pintar non sabe, pero polo de agora -disque- distingue as cores e algún ton que outro.

A ver, tampouco o tomen ao pé da letra, que era unha metáfora. E con isto non digo Diego onde dixen digo.

20 comentários:

Anónimo disse...

ben, creo que me quedou claro: á sun non lle mola a tauromaquia... ande, ande, reláxeseme ;-)

Sun Iou Miou disse...

Xa me hei relaxar cando morra, Kaplan. A vida é tesão.

En realidade, o que non me gusta é que me toureen.(`_^)

As vacacións? Renderon?

Bico virtual.

R.R. disse...

Eu ía dicir que... pero mellor calo :-/

Sun Iou Miou disse...

Cala, R.R., cala, que aínda che poño as cangalleiras. Non estou para andar máis ás turras.
Mais vale listo que cala ca idiota que fala. (Este refrán se non existía, había que inventalo.)

Cóidateme.

Anónimo disse...

vacacións? what vacacións?
(se pregunta polas dos meus alumnos, o certo é que lles renderon pouco)

Tá-se bem! disse...

Mas que porra! Quem é que anda a marrar contigo? :(

É sexta-feira! Yesssss! :)

Beijo de Bom fim-de-semana!

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, alguén comentou no seu bloque que se estaba de vacacións. Que sei eu que nin sabía que tiña alumnos. Cóideseme, que non estou para perder comentadores pacíficos.

Sun Iou Miou disse...

Se marram comigo é porque sou de pedra, Tá-se bem!, de pedra-pomes.

Bom fim-de-semana e bom beijo!

Anónimo disse...

non sei se con tanto trafego e tanta guerra poderá, pero ten en ithaca unha encomenda. saúdos.

Sun Iou Miou disse...

Medo me dan as encomendas, Kaplan, pero por deferencia a vostede, vou lá espreitar. Se é de tirar con arco igual acepto.

Teté disse...

Estou contigo, Sun! Não tenho nada contra os touros, mas odeio touradas. Espectáculo sanguinolento, é dizer pouco...

Se marrarem contigo, olha é deixar passar! Afinal, vozes de "touro" não chegam ao céu... (`_^)

Jinhos, nina!

Sun Iou Miou disse...

Ah, Teté. Então já voltaste de mais umas feriazinhas ou é só uma espreitadela pelo blogoglobo?

Fica tranquila, que murros virtuais não magoam. (`_^)

condado disse...

Eu nunca fun a unha corrida de toros pero gosto das fotos de toro e torero, non entendo a paixón entre eles, non é de cazador e presa, máis ben de amantes, a última vez que un touro colleu a José Tomás (foto portada do Pais) parecía que ao sentir a cornada entraba en éxtasis máis que sentir dolor... Ben, é outra opinión, creo que como en todo o que ten que ver coa cultura é interesante adentrarse, ainda que non sexa a nosa cultura...

Sun Iou Miou disse...

Cadaquén é cadaquén, Condado, pero a min interesante non me parece. E hai cousas nas que prefiro non penetrar nin que me penetren. Danme noxo e punto. As festas enténdoas doutra maneira.

Pero, en fin, o texto era só unha metáfora, xa dixen, sobre o que se deixa de dicir ou non cando se di algo.

Unknown disse...

Sun,
Tambem eu destesto touradas. Nunca me senti bem vendo os animais serem "explorados" pelo homem.
Na realidade, quanto ao cenário, uma arena repleta de pessoas, o colorido das roupas, a imagem do toureiro com seus pantalones mui justos mais parecendo um maricon do que quem vai enfrentar uma féra!
Tudo isso não deixa de ser fascinante. Pecando apenas com o martírio do animal.
Gostei demais da parte em que tu dizes que o toureiro deveria meter uma vassoura no cu!!hehehehe
Vais ver que a moda pega!
Beijos do
Manoel Carlos

leticia disse...

Totalmente de acuerdo.

Qué bien te explicas.

A buen entendedor pocas palabras bastan, pero algunas veces debemos utilizar algunas cuantas palabras más para hacernos entender...

Besos.

Sun Iou Miou disse...

Antes de mais nada, Manoel Carlos, muito bem-vindo e muito honrada com a sua, digo tua (então passamos ao tu cá, tu lá, com licença?, `_^) presença nesta outra margem do rio.

É verdade que como imagem congelada até pode ser bela, se ficasse só nisso...
E depois, acho que ainda há coisas piores, o que em Castela chamam as "vaquillas" (que nem o ano devem atingir), nas que os jovens fazem mil barbaridades nos animais e fazia-me chorar sem conto quando era pequena. Quando menos os touros defendem-se e mandam algum imbécil ao andar lá de cima uma vez que outra.

O da vassoura enfiada no cu... nem sequer é ideia minha: diz-se das pessoas que andam muito esticadas e arrogantes.

Há uma outra expressão que se aplica em situações nas que vai um enchido de orgulho, mas com um toque engraçado, não é pejorativa como a anterior, se calhar também se usa em Ponte de Lima... "estar uma pessoa que não lhe colhe uma palha no cu".

E queres saber que hoje, quando terminei o trabalho, decidi ir almoçar para o meio da montanha, e enquanto lá estava, pensei em descer até Ponte de Lima e oferecer-te umas fotografias para celebrar a tua outra pátria pequena. Mas depois lembrei o dia que era, e aquilo em domingo é sempre multidões. Fica para outra ocasião.

Beijinho

Sun Iou Miou disse...

Explico-me bem, Letícia. Achas? E eu que penso que nem todas as palavras do mundo que grite vão chegar para me fazer entender e ouvir.

leticia disse...

Acho que sí, Sun. Fales no idioma que fales, explicaste que nin diola. O que pasa que a quen non quere entender... non lle chegan nin todas as palabras do mundo.

(sínto o meu mal galego)

Bicos.

Sun Iou Miou disse...

Ai, fala no que quiseres, Letícia, e nunca sintas que falas mal: só falando se aprende a falar. Eu por vezes nem sei em que falo já. Se não entenderes alguma coisa, não repares em perguntar. Para quem quer saber sim tenho paciência.

Beijos e sorte nos testes.