terça-feira, 16 de setembro de 2008

Nin todo foi malo (III)










A viaxe de regreso sen dúbida mereceu a pena. Desapareceume da cabeza aquela frase persistente que me machucara o cerebro durante o día anterior e aquela mañá: Por que non iría eu para Trás-os-Montes? Certamente a saída de Lisboa fíxome suar, non tanto polo tránsito, senón polo peso da moto cargada, a baixar por aquelas rúas de cubos, tentanto esquivar as vías do tranvía, e porque, confeso, teño os rodamentos da dirección cascados e até a próxima revisión non os vou mudar, de maneira que custa un pouco a máis circular con ela a pouca velocidade por terreos irregulares.

Tirei de novo pola costa cara a Sintra, parei desta na vila, onde tomei un delicioso boliño de mazá ácida que me lembrou os pasteis que facía miña nai e case me salta unha bágoa de felicidade. Quixen subir ata o Castelo dos Mouros, e case case, chego, se non fose porque ao final o último treito era de malditos cubos outra vez (e mira que me gustan esteticamente, pero cando vou na moto, témoos, porque un desnivel mínimo xa me impide chegar ao chan cos pés e alá van as dúas burras) e como ía con equipaxe fóra das maletas non a quixen deixar alí soa. De todas maneiras gocei moito do paseo por aquela estrada sombría.

Saín da Serra en dirección a Ericeira. Nalgún momento se me despistou un indicador, e ben que o lamentei, pero non conseguía aclararme. De golpe vinme nunha autoestrada, así que decidín volver pola A8, que vai máis arrimada á costa, e ir saíndo e entrando. Torres Vedras pareceume un bo lugar para apearme en dirección a Peniche. Non me pregunten por qué Peniche. O caso é que unha vez alí, sen saber a que ía vin un indicador cara ao Cabo Carvoeiro. Máis un cabo, pensei, case que paso. Pero quixo o destino que nunha rotonda houbese obras e que me desviasen, de forma que volvín ler: Cabo Carvoeiro, que parecía que chamaba por min. E estaba o mar dun azul tan limpo e forte aquela tarde, que pensei que podía aproveitar para borrar coa goma da beleza o feo debuxo dentro dos ollos*. E borrei. E estou aquí creo de que milagre tamén. Porque cen metros antes do farol parei a tirar unhas fotos. Arrimeime ao acantilado, tan afouta eu, que nin me lembrei da vertixe, coa cámara ben disposta. E unha vez tirei fotos a pracer e vin onde estaba, e mirei para baixo, puxéronseme as pernas a tremer de tal maneira, que o máis fácil era ceder á tentación de deixarse ir. Pero acordeime de ti, Condado, do mal que che ía parecer que me esfragase por alí abaixo coa cámara, que desde aquela altura non ía quedar medio píxel vivo, e recuei, recuei, un meeeeeeeeetro que se me fixo interminable.

Logo xa fun para o farol, e había un pequeno mirador, coa súa varanda de ladrillo pintado de branco, que non daba para vertixes, nin había xaponeses que matar para tirar fotos de xeito.

Barallei as posibilidades: que se Nazaré, que había mil anos que non pisaba alí; que se a Figueira da Foz, que non o coñecía, aínda que varias veces estivera por perto; que se Aveiro, que coñecía e me chamaba; que se Coímbra, que non coñecía, que aínda tamén non coñecía. Pero foi pensar Coímbra e vin unhas letras nunha pantalla que dicían:

-Não vás a Coimbra.
-...?
-Coimbra é triste.
-Também eu sou triste.
-Não vás.

E non fun, porque case tiña gana de chorar antes de sentir a tristura das pedras de Coímbra. Preferín ir para o mar, porque alí, se alguén me sorprende cos ollos mollados, sempre podo disimular dicindo que foi unha onda que me salpicou na cara. E acabei facendo unha parada en Figueira da Foz, marabillándome co Mondego e co solpor na praia, do que só me arrincou a vontade de chegar a Aveiro antes de que aquelas nubes negras e mais as que viñan en camiño descargasen, e me deixasen cear tranquilamente, talvez incluso pasar a noite alí.
O ceo portouse ben comigo, que non me choveu, pese ás ameazas, e puiden cear e ben, que foi a única comida decente que fixen naqueles dous días, mais por abandono ca outra cousa. Cheguei á casa malladiña ás dúas da mañá. E os cans, case sen saudades miñas aínda, recibíronme coma sempre, como se volvese de tomar un café, abaneando o rabo e aos pinchos. E desta até me deixei lamber.

Esa noite sentín a chuvia repenicar no vidro por riba de min...

________________
* "...alma desviando minha luta de esquecer embora, não aceita esfregar a borracha da beleza no feio desenho dentro dos olhos". Lá, em Tetembuatubia, do José Luandino Vieira

22 comentários:

LM disse...

oi, pois nós também passamos por aveiro...beijos

Anónimo disse...

Nun texto anterior hai unha foto dun home nas penas cunha cana de pescar. Lembroume a unha prácticamente idéntica ue fixen hai case cinte anos en Nazaré, e pensei que de alí era a túa. Cando teñas ganas de voltar por ahí e queiras levar a alguén de paquete, avísame.

condado disse...

Ta bem, xa sirvo para máis uma coisa então.
Pasoume a min en Nazaré, non puiden ca tentación de tirar fotos da praia a vista de paxaro (para -daquela- meu rapas), posto que había un tipo facendo debuxos dos Simson na areia a un tamaño xigantesco (vou ver si as atopo entre tanto negativo). E si, houbera sido unha pena grande...

Sun Iou Miou disse...

Ao final o mundo é pequeno, LM: talvez até nos cruzamos.

condado disse...

Esquecía: Coimbra non é triste ¿Quen coño dice iso? Eu sempre que penso en Coimbra penso nesta canción: Para ti meu amor é cada sonho/De todas as palabras que escrebeste/Cada imaxe de luz e de futuro/Cada día dos días que te dou... Do grande compositor Luís Cilía...
Vaia, busquei no youtube e estaba:
http://es.youtube.com/watch?v=4EVkNCJ6mLU

Sun Iou Miou disse...

Couselo, a foto do pescador é no Guincho, na costa da Serra de Sintra. Pero imaxes desas hainas en todas partes (por iso precisamente me gustou).

En canto ao de levarte de paquete, vouno pensar. Que tal colles as curvas?

Sun Iou Miou disse...

Condado, xa ves que miro pola cámara e vencín a tentación de deixarme caer.

Que máis ten quen dixese o da tristeza de Coímbra? O duro é non querer esquecelo.

Vou escoitar a do Luís Cilia, a ver se me convence.

Sun Iou Miou disse...

Condado, despois de escoitar a canción... Creo que para min Coimbra, se nada o remedia, vai ser sempre triste.

La queue bleue disse...

Meu deus, o diálogo de Coimbra é sublime. Nom sei que tenho que ultimamente vejo poemas em toda a parte...

Sun Iou Miou disse...

Todos os diálogos com ele eram sublimes, LQB, todos.

La queue bleue disse...

Os diálogos fazem-se a dous.

Sun Iou Miou disse...

Vou-te ter de querer por força, LQB. Todo o texto foi desculpa para colocar esse diálogo e só tu o soubeste ler. (*_*)

Teté disse...

Enfim, não sei onde tiraste o poema ou texto de Coimbra, mas espero num dia não muito distante ir visitar a cidade, que de todas as que referes é a única que não conheço.

E Sintra, está claro, foi "cantada" por Lord Byron e pelo Eça... (e uma queijada, não provaste?) (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Tirei da memória duma conversa com uma pessoa muito querida por mim, Teté, uma pessoa que me conhecia melhor do que eu me conheço.

A minha intenção era provar as queijadas, mas depois vi aqueles bolinhos de maçã e não resisti. A queijada fica para a próxima visita, com certeza.

Tá-se bem! disse...

Voltarei com mais calma... até lá não te quero próxima de alturas! Aiiiii >:(

Mas gostei da foto ;)

Beijoooo ensonado

condado disse...

Ben, queda claro que non coincidimos na sensación de felicidade. Voume enfrascar un pouco máis na saudade.
A última vez que estiven en Coimbra escoitei cantar e seguindo o rastro din nunha minúscula praza con dous cantores e un pequeno grupo de xente... Enfrente á cidade hai un mirador perfecto e flota no ar a sensación de estar diseñandoa... E ademáis está Conimbriga...

Sun Iou Miou disse...

O texto é complicado e cumprido demais, Tá-se bem!

Fica descansado. À minha volta não há precipícios atraentes.

Beijão acordado!

Sun Iou Miou disse...

Como habiamos de coincidir, Condado? A tristura vai de dentro para fóra.

Rafeiro Perfumado disse...

Há mil anos que não ias à Nazaré? Que idade tens tu, afinal? Ainda tens direito a carta? ;)

Sun Iou Miou disse...

E quem disse que eu tenha carta, ó Raf Raf? :P

llll disse...

pois eu nunca fun ate Coimbra. tan triste é? onde si rematarei será en Bragança, dentro de pouco. ando de ruta por aí adiante. xa te contarei qué tal.

Sun Iou Miou disse...

A tristeza é unha emoción, Sara Jess. Non vén incluída nas guías turísticas.

Conta logo. Agardo.