quinta-feira, 16 de outubro de 2008

Pan a que non ten dentes










Pois, Kaplan, é o primeiro que me veu á cabeza cando me propuxo vostede o desafío: Se eu fose rica, inmensamente rica, en que cinco excentricidades estragaría os cartiños? O asunto francamente non é doado, porque se eu tivese tal cantidade de pasta como para desvariar ata ese punto (quen o teña que querer non o queira), o mellor que podería facer sería ferrarme un tiro e deixarlle a herdanza a quen a soubese gobernar ben -desde logo, non á familia, non fora o demo que acabasen às turras entre eles, mellor que se xuntasen cada Nadal para me maldiciren. E é que por moito que esprema os miolos, e falta de imaxinación non ha ser, non me vexo eu, coma quen di:

1) A lucir un abrigo maxi feito de cascas de escaravello bosteiro, cosidos coa seda dos casulos da bolboreta caveira

2) A reservar billete nun foguete espacial á parte ningunha, porque nesas viaxes o importante, como dicía aquel lema de Tráfico, o importante é volver... eu que boto a pota ata nun carrusel de feira

3) Vivindo nunha quinta de Monção transplantada á sabana africana, cun zoo incluído especializado en pingüíns e osos pardos albinos

4) Rodeada de maromos ben dotados que andarían a babarse seguido à vista dos meus encantos infinitos

5) Indo en calesa aos máis céntricos grandes almacéns que poida haber nunha gran cidade en hora punta para pasearme sobre uns altísimos tacóns por cada planta co brazo dereito case en ángulo recto e o dedo índice estendido dicindo isto si, isto non, isto si, isto non...

En fin, que case vou deixar de xogar á Primitiva, non vaia ser que me toque e a caguemos.

12 comentários:

D.Rambaut disse...

:-))

Tá-se bem! disse...

Não é pão! a frase é "nozes a quem não tem dentes" ehehehehe :p

Beijoooo
(hoje levei os bebés ao veterinário.. dava jeito uma semanada extra... hihi ) :)

Sun Iou Miou disse...

Ollo, monte D. Rambaut, non arregañe tanto a queixada, non se lle vaia desencaixar. (^_^)

Sun Iou Miou disse...

Pois, cá é pão, Tá-se bem! Não sabia que os tugas abriam as nozes com os dentes. Tanto Magallhães e ainda não chegou aí a tecnologia do quebra-nozes?

Sabes que é só pedires, Tá-se bem! Agora mesmo faço transferência para o número de conta de costume. Hahaha!

Jocas!

D.Rambaut disse...

Não se preocupe, os "espritos" como a mim não temos problemas de queixada. Acaso não vê você a tevê e o modo que temos de abrí-la boca.
;-)

Gostei da sua entrada.
Um cumprimento

D.Rambaut

Sun Iou Miou disse...

Sempre se agradece a presença dum "esprito" e o seu alento refrescante, D. Rambaut.

Obrigada

Teté disse...

Eh, eh, eh, porque será que me lembrei logo de "Um Violino no Telhado"? Apeteceu-me cantarolar logo a continuação do iubidubidubidum... (*_*)

E essa de não deixar nada à família, para eles não se zangarem (os euritos a mais causam esse mal, com alguma frequência) e terem conversa para os próximos natais, também é genial!!!

Quanto à 4 e 5 (esta sem os sapatitos de salto alto, que são absolutamente dispensáveis), pois, está claro, que são boas ideias... Já as anteriores... hummm... nem por isso, apesar do Zoo não ser má ideia, mas noutro enquadramento...

Mas um texto bem bolado, para dar umas boas risadas. :)))

Beijoca e bom fimde para ti!

Sun Iou Miou disse...

Já viste, Teté, comigo desafios a sério é que não.

Beijo e bom fim-de para ti e os teus.

Anónimo disse...

lin xa as súas extravaganzas: o do abrigo de escaravello bosteiro tardarei en esquecelo, mil anos que viva.

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, por fin vou deixar pegada indeleble do meu paso polo mundo.

Anónimo disse...

E que culpa teñen os escarabellos da merda de que ti devezas por un disfraz de Dar Vader?
Non o podes facer so con plástico?

Sun Iou Miou disse...

Precisamente esas son as prerrogativas de ser extravagantemente rico, ergo gilipollas, Couselo.

E como nin tanto nin tan calvo, tampouco non che deixo a ti a herdanza, que eras capaz de facer unha fundación a prol do escaravello bosteiro.

Bico, e déixate convidar a un café, de vez en cando.