domingo, 12 de outubro de 2008

Pracer










O que máis me gusta dos xelados de cucurucho é o cucurucho. É natural. Que motivos pode ter unha persoa para pedir un xelado de cucurucho, se non lle gusta o cucurucho máis que nada? Por iso, cando como un xelado de cucurucho, o que fago é ir saboreando o xelado, devagariño, moi, moi devagariño, mesturando o chocolate e a framboesa coa culler, levándoo até a boca amodo nunha viaxe demorada para depositalo na punta da lingua, onde primeiro sinto o frío e despois déixoo desfacer con calma, a mestura do doce no centro e do ácido nos bordos, para engulilo coa miña propia saliva, xa formando parte de min. Así é unha culler e outra, todas mínimas, tan pequenas, que o xelado vai derretendo e vira cada vez máis cremoso, fundidos xa o castaño case negro co fucsia escuro. E cada vez que introduzo a culler, observo o cucurucho, impregnado de xelado por dentro, intacto aínda, e deléitome imaxinando o momento en que vou atacar a derradeira cullerada, para logo separalo e miralo por última vez antes de lamber a galleta e trincar o meu primeiro anaco cos dentes, trac, mentres o recollo coa punta da lingua para mastigalo suavemente, ai...

16 comentários:

Ana disse...

cucurucho é o cone de baunilha, sun?

La queue bleue disse...

Mmmmmmmmmmmmmmmmmmmm.
Pessoalmente, nom gosto de cucuruchos e por isso subscrevo completamente isto que dizes: "Que motivos pode ter unha persoa para pedir un xelado de cucurucho, se non lle gusta o cucurucho máis que nada?". Claro! E por isso hai anos que nom pido cucuruchos.
O texto, delicioso, para variar. E o recado do da foto original só o vim hoje (andei de perdida por aí), nom fai falta, com a que tava no blog já me apanhei, mas obrigado na mesma!

Teté disse...

Por acaso gosto da mistura do gelado com a bolacha, se bem que prefira uma mais fina e sem açúcar (para isso já lá está o gelado).

Tento chegar ao fim, com os dois em simultâneo... (`_^)

Sun Iou Miou disse...

Cucurucho é o cone com ou sem baunilha, Van, mas eu com a palavra "cone", e mais a pedir um gelado, hmmm, fico atrapalhada.

Sun Iou Miou disse...

'Tá bem, LQB, pero eu só queria dicir que sempre deixo para o final o que máis me gusta, para gozar mais cando chego alá. Pode ser o cucurucho ou o arroz da paella, coma quen di.

Sun Iou Miou disse...

Teté, digo-te o mesmo do que disse aí a LQB: em geral, na vida, sempre deixo para o fim aquilo de que mais gosto.

Anónimo disse...

uff, sun, descúlpeme, pero este post é puro sexo
(eu non sei de que gosto máis, se dos de cucurucho se dos que teñen pau, nunca o teño claro)

Anónimo disse...

se ademais falarmos de cones e de paus, a confusión é completa ;-)

Sun Iou Miou disse...

Vaia, Kaplan, por fin un que entendeu algo. Case me dan ganas de repetir o que lle dixen no último comentario alá no seu canto. Pero para que?

O pau do xelado cómese?

Sun Iou Miou disse...

Esa foi boa, Kaplan, pero xa ve: non era confusión ningunha.

La queue bleue disse...

O de "Mmmmmmmmmmmmm" e delicioso era o importante do comentário, sun. O resto, cucuruchices sem importância.

Sun Iou Miou disse...

Pois, LQB, mmmmmm... Slurp!

Lúa Neghra disse...

Mmmmmm, si, o cucurucho é o mellor do xelado, como o corrosco é o mellor da empanada e as cabezas o máis saboroso do peixe.

Sun Iou Miou disse...

Mmmmm, non me fales em cabezas de peixe, Lúa Neghra, rapariga.

Tá-se bem! disse...

Isso é que é saber saborear um gelado.. eu também gosto mais é do cucurucho! ehehehehe

Tenho um primo que gosta de gelado morno :p

Beijoooo de segunda ;)

Sun Iou Miou disse...

Ah, Tá-se bem!, eu também gosto de gelado morno, mas gosto mesmo é de aquece-lo eu... (Bem, às vezes tem de dar um ajudita com o micro-ondas, hihihi!)

Beijo de segunda o quê? É beijo de terzaaaaaa! Smuac!