sábado, 13 de dezembro de 2008

Choque

Salvouse, así como volo conto. Porque se en vez de eu lle dar polo embigo como lle dou, medise coma quen di dez centímetros menos, ou el tivese dez centímetros máis de pernas, o golpe había ser brutal... para el, claro. E non sendo así, apenas produciu leves danos no abdome do devandito e no pescozo dunha servidora, que sentiu como a cabeza lle saía disparada cara á esquerda, arrastrando, por fortuna, o corpo enteiro atrás.

Quere isto dicir todo que hoxe, sábado, ando co pescozo cabaleiro e a cabeza que me estoupa, consecuencia da turrada que me metín contra o Teletubby hai dous días ao remate do minipartido de hóquei, cando xa só quedabamos os dous na pista a pelexar cegos e feroces pola bola. E aínda ben, que non me espichou o stick.

14 comentários:

Anónimo disse...

espero que non fose contra tinki-winki: sería intolerable!

Sun Iou Miou disse...

Non sei cal deles é, Kaplan, que non os distingo, pero de que o colega de patinaxe se move coma un teletubby dou fe, e o alcume xa llo calquei. Isso si de porteiro de hóquei, imbatível.

Teté disse...

Xi, isso parece uma rota de colisão com um camião, indo tu de mota, está claro!

As melhoras rapariga, que ainda hoje deves estar "abananada"... (`_´)

Sun Iou Miou disse...

A metáfora é boa, Teté.

Obrigada, mas já estou quase para outra, he!

Anónimo disse...

Hola de novo sun!
En vista da foto da cadela, pensei que o conto o facías dende a súa mente supoño de dun chimpo pódelle dar no embigo aou máis enriba a claquera. Pero non. Parece que, non sei como, conseguiches meterte na liga profisional de hoquei, e andas a xogar contra auténticos armarios. Me temo que a única posibilidade que tes é afinar a puntería.
A ver se te fago unha visita en breve para coñecer a cadela antes de que me pape dun bocado, ou antes de que un deses armarios te caia enriba

Raposo disse...

Estache ben por practicar deportes de risco. Co divertido e pacífico que é o xadrez.

Sun Iou Miou disse...

Home, era sen tempo, Couselo! Andas apegado á flauta ou?

Pois non o dixen pero o armario caeume enriba, o cal era lóxico debido ao impacto da colisión e de que os dous iamos de patíns. Ende ben, botou os brazos ao chan e non me esmagou, senón a estas horas estaba eu que nin para papel de fumar. En fin, non me queixo, que foi o máis perto que estiven de cheirar home desde... Sabes o conto da avoa que imita o lobo? Pois iso. Aúuuuuuu...

Do resto, se vés, benvido, avisas e poño o café ao lume. E tranquilo, que a ti a cadela non creo que te pape, pero non traias zapatos de amallós.

Sun Iou Miou disse...

Arre demo! Raposo, non me faga vostede pensar máis. Para un momento no día que unha dedica a desbravar irreflexivamente. Xa terei tempo de non correr riscos despois de morta.

Tá-se bem! disse...

Quem manda a ti seres irrequieta!?? han? não estavas melhor em casa a fazer ponto cruz..com um tempo destes?? ahahahahahah

Beijooooo de Segunda e as melhoras ;))

Sun Iou Miou disse...

Pois, não, Tá-se bem, não estava nem melhor nem sequer bem a fazer ponto cruz na casa, digo-te o mesmo do que ao Raposo: descansar em paz é para os mortos e lá havemos de chegar sem pressa nenhuma.

Já está tudo melhorado, que afinal a gente é a reencarnação da Iron Maiden, mas só na parte do "iron".

Beijo de segunda!

Anónimo disse...

O deporte é un castigo. Eu desque deixei a adolescencia e o deporte, xa no século pasado, teño moitas menos dores. Non sei quen nos dixo que era san. ¡Unha merda! ¡O deporte prós profesionais! Que pa eso cobran, digo eu, pa escordarse e levar hostias e cotizar pa cando vellos e prás baixas médicas. Alá eles. ¿Pero ti, muller, a ti qué se che perde querendo meterlla por entre as pernas a un teletabi?

Sun Iou Miou disse...

Primeiro: benvido a este eido, EstifenJókin.
Segundo, puntualizo: non practico deporte porque sexa san, senón porque gozo ata cando sufro (e se non despois que contaba aquí?).
En canto ao do stick e abreviando: a que fuxía coa bola era eu, polo tanto, era o Teletubby o que andaba co stick atrás miña... que todo volo hai que explicar.

leticia disse...

jajajaja muy buena entrada, pero casi tan buenos son los comentarios!! jejeje y por supuesto tus respuestas, no dejo de reirme. Será para compensar la tristeza del post anterior...

"foi o máis perto que estiven de cheirar home desde..." y si con esto fuera poco:
- "¿Pero ti, muller, a ti qué se che perde querendo meterlla por entre as pernas a un teletabi?"
- "era o Teletubby o que andaba co stick atrás miña... que todo volo hai que explicar."

Acabas de alegrarme el día (la noche)

Besos

Sun Iou Miou disse...

Pois alégrome, Leticia, porque eu quedei coa parte do sufrimento, non coa do pracer (menos mal: o Teletubby non sabe que este Cabaré existe e creo que vai dar xogo para moitos partidos.)

Claro, deron por suposto que era o Teletubby o que mandaba. O problema é que tiven que virar para ir cara á portería e aí foi onde me estampei. Porque o Teletubby patinar non patina ben, pero páraas que nindiós e méteas dunha portería a outra. Que falla lle fai patinar?