quarta-feira, 21 de outubro de 2009

De soidades e finais










De todos os terrores nocturnos e diurnos o do transtorno mental é o maior. O esquecemento, a loucura en calquera das súas formas, múltiples e perversas, róldanme coma teimudos aparecidos desaparecidos. Cadaquén ten os seus. A min habítame a obsesión cando vou tras a túa sombra pola cidade, sendo como é a túa sombra a que me segue. Nas películas made in USA, nin que sexa cine independente, obsesiónanse cos finais felices, o que sempre me deixa con moitos efes nos labios, desinchándome.

Vén todo isto a conto (ou non) de que pasei o sábado na Invicta, aproveitando que tiña que ir recoller ao Sá Carneiro os turistas que regresaban da city á noite. O primeiro que fixen ao chegar foi visitar a librería de segunda man por ver se encontraba algunha sorpresa. E encontrei. Collino con certo pudor. Ler as cartas de amor dun vivo... Aínda que fun lendo algunha entre café e café, polo de agora repousa na mesa de cabeceira, que ando no Brasil de finais do XIX, pero xa intuín que o tema recorrente é a soidade.

E falando en soidades, volvo ao principio: dediquei parte da tarde á película de Joe Wright. Pouco teño para dicir, fóra de que me gustou, non fose o final (certo, iso son eu e os finais, que teño tendencias tráxicas) e unha escena da ex-muller e xefa de redacción do xornalista que amarra tremenda lascarda nunha cea fina (paripé de premios e promesas que os políticos entenden á súa maneira: medallas para os deles; porras para os outros, sempre os outros), á que só encontro xustificación se foi para mostrar persoas con virtudes e defectos, xente coma nós, con medo da soidade. Porque no fondo debe ser iso a loita de quen ten algo e o perde, de quen non ten nada e encontra algo.

Xa digo, non fose o final tan simetricamente equilibrado, sinfónico e harmónico, todo ben, e mesmo ese, pódese ouvir de ollos fechados, desde a butaca, mentres os espectadores marchan lentamente da sala, até que soa a derradeira nota. Porque soa ben. Aínda que logo a vida non termine onde termina o relato e veñan unhas frases sobreimpresas innecesarias a chapodar a fantasía, lembrando que aquilo esta baseado nunha historia real. Por favor.

Como sei que non se me entende nada, que quede claro: conmoveume a película, e non fose polo final, ou case, púñalle o superlativo. A ver se así.

8 comentários:

Teté disse...

Tenho alguma curiosidade em ir ver esse filme (que, aliás, não encontrei no link, mas sabia de que filme se tratava), quanto às cartas de amor do António Lobo Antunes, se ele deixou publicar, é com ele. Mas já se sabe que essa história não terminou em final feliz, como o filme.

Aliás, ele recentemente anunciou o seu casamento com uma brasileira de 30 anos, mas a moça lá pensou melhor e desistiu... eheheh!

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

As cartas, Teté, pelo pouco que li eram as que recebeu a mulher e deixou às filhas para elas publicarem (isso disseram elas!) se quiserem após a sua morte. Não deduzi de aí que tivessem autorização dele para isso. Não que esteja à par da vida do ALA, que como sabes, ainda me estreei agora com a sua literatura.

De toda a maneira, intuo que devem ser um documento interessante sobre a guerra de Angola. Quando ler, saberei. Agora ficam em stand-by, que estou com o Dom Casmurro (que sei que já leste!).

Não sei que raio têm as brasileiras, hehehe! Mas esta vê-se que também tinha cabeça.

Também não percebo o que te aconteceu com o link do filme. Comprovei agora e a mim vai-me correctamente.

Beijoquita

condado disse...

Todas as historias, non son reales? Agora si que vou matutar un bo rato

Sun Iou Miou disse...

Matuta, matuta, Condado. Se non tes máis que facer.

Anónimo disse...

Pois eu, que lle quere, cada vez estou máis polos finais felices. A vida xa é dura bastante. Sei que se sigo así acabarei exclusivamente nos debuxos animados. Acepto o meu destino.

Sun Iou Miou disse...

Xa, Kaplan. Enténdoo perfectamente. Ha de ser cousa miña, que ando negativa e prefiro que o que vexo non desentoe do meu humor cincento. Non fíe nos debuxos animados, que igual leva un susto. É mellor que quede nos clásicos en branco e negro.

João Paulo Cardoso disse...

"O Solista" também está na minha lista de "Filmes a Ver Antes do Natal Caso Não Tenha Gasto Todo o Dinheiro em Prendas de Natal".

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

JPC: Não quisera que fosse por causa da minha prenda de Natal que ficasses sem ver o filme, mas se tem de ser, tem de ser.