sexta-feira, 6 de novembro de 2009

O morto triste (2)











Hai moito morto inconsciente por aí andando. Pásalles como aos vivos que non se decatan de que fan anos e anos, teimando nunha adolescencia mal desenvolvida, como é o meu caso, ás veces, nin que os ósos renxan coma porlóns que descoñecen a lúbrica suavidade do aceite e/ou a tintura do pelo disimule mal o ton cincento das ideas que recobren. Abundan, como digo, os mortos que non asumen o seu desestado, mortos que nas áfricas chaman nzumbis (xa falei dalgún nesta paraxe), fantasmóns que presumen de vitalidade sendo nin fume, ar que se traspasa coma um bo malamor.

Foi iso mesmo o que lle aconteceu ao Xoán Lobo Vieira, que coñecemos xusto antes de se espatelar escaleiras abaixo. Non se sabe ben se foi porque aínda non lle espertaran os sentidos todos cando a espichou, o caso é que non deu tomado conciencia da súa novísima condición de defunto e aínda non arrefecera, cando se ergueu —un algo aloulado pola esnafrada descomunal, dígase— cunhas pingas de sangue a escorrer polo nariz abaixo, que limpou nun xesto mecánico coas puntas do furabolos e o gordo da man dereita, e un parietal do cranio esmagado. Nada grave... para quen xa morreu.

E así, coma quen que segue adiante pola rutina da vida, entrou na cociña a preparar un café, cunha tristura inexplicable a ensombrecerlle a paisaxe sobrenatural que lle regalaba a amañecida a través dunha vidreira innecesaria.

(Continuará... talvez)

20 comentários:

Euzita Verdita disse...

Há dias em me sinto assim, "morto inconsciente por aí andando". Beijos

Sun Iou Miou disse...

Também eu, Euzita, só que nem andando, hoje. É mais sentada ao computador. Quero é mandar uma piscadela, mas piscam-me os dois olhos. `_´

Oscar disse...

Ual, espero que continue a história...

Sun Iou Miou disse...

Só por não te fazer desesperar, Oscar.

(Estão os brasis todos hoje pelo Cabaré que não é, parece!)

Oscar disse...

O teu blogue é o nosso Bataclan !

Sun Iou Miou disse...

Sabes que cá se usa "bataclán", Oscar? Hehehe! E nem me lembrei dessa. Acho que vou mudar o nome. O que achas?

Teté disse...

Hummm... será que os zombies vêm dos nzumbis?!

E Bataclán é um título óptimo, com sabor a coronéis já ultrapassados... mortos-vivos que ainda nos assombram! (`_^)

Bom fimde!

Sun Iou Miou disse...

Pois, acho que vou mudar, Teté. Acho o quê?! Decidido! É muito mais sonoro. Bataclán, bataclán, bataclán. Até parece filme de oeste, cabalos cabalgando e os saltos das dançarinas batendo nas madeiras do cenário.

Sim, imagino que sim, que zombies vem de aí.

Xan disse...

Hai procesions de mortos viventes tentando redimir a sua pena polas ruas e corrediras; a pena de non vivir cando podían facelo, e asi andan abrazando as farolas, en lembranza dos tempos que destragaron, creendo que eran moi importantes sen decatarse de que eran unhos fantasmóns.
Unha aperta

Marreta disse...

Às vezes nem é preciso passarmos à outra dimensão para morrermos, como dizes o que não faltam por aí são mortos vivos, os tais zombies, e na maior parte das vezes, ao contrário do que se pensa, muito conscientes.

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

Iso parece, Xan. Eu mesma as máis das veces non sei se son unha desas mortas inconsistentes. Téñome buscado no espello sen me encontrar. Será un sinal?

Oscar disse...

Ual, não é que mudaste mesmo o nome da casa! Agora para além dos coronéis decadentes, vamos esperar as gabrielas, os nacifes e toda aquela boa gente que cheira a cravo e canela :-)

Sun Iou Miou disse...

E depois estão os vivos-vivos, Marreta, espertalhões que nos vampirizam.

Ah, estou cá com um sono.

Sun Iou Miou disse...

Está tempo de mudanças, Oscar, sem mudar nada. Já te digo, cá na Aldeia, quando virem o novo cabeçalho, vão adorar.

Quem vai passear agora pelo Bataclan vão ser os habitantes todos da terceira margem do Minho.

(Ia-te escrever, vou, antes que me durma o sono.)

Anónimo disse...

Os mortos que non son consecuentes coa súa nova condición dan, efctivamente, xogo na literatura e até no cinema; pero desde logo son unha lata, coitados.

Sun Iou Miou disse...

Ultimamente non falo mais de que mortos que non están completamente mortos, Kaplan. Andarei obsesionada? Será que teño dúbidas da miña propia existencia? Non me eu quería converter por nada do mundo nunha morta changarella.

condado disse...

Vivan os mortos! Se seguen tan vivos...

Sun Iou Miou disse...

Hihihi, Condado!

couselo disse...

Que siga, que siga!

Sun Iou Miou disse...

Mañá mais, Couselo. Xa está escrito o capítulo. ;-)