sexta-feira, 27 de novembro de 2009

Recaídas










Por causas alleas ao grupo, as clases de patinaxe só recomezaron hai tres semanas. O primeiro día, o monitor, aleccionando os novos, advertiulles que se querían aprender non se ían librar de caer unhas cantas veces, que era inevitable, que todos caemos e que tumba (ou tomba) e dálle. Namentres, Sun Iou Miou, servidora, fervéndolle os pés e co discurso sabido de corpo e cor, entretíñase en tentar malabarismos (e o demo) sobre as rodas traseiras dos patíns.

—De aquí a nada —engadiu o profesor virándose para min— aí a Sun Iou Miou faivos unha demostración de como se debe caer sen mancarse.

Meu dito, meu feito. Foi ouvir o meu nome, levantar a cabeza, desequilibrarme e mandar o primeiro batecú da tempada, como pallaso ensaiado. Os novos estartelaron os ollos e os veteráns regañaron a queixada, mentres o monitor, que ten nome de deus da guerra coma unha chufa do destino, se enchía de razón:

—E non o fixo adrede.
—Abofé que non —corroborei cos ollos esbagullados do ataque de risa.

Logo, durante o partido de hóquei, sufrín a segunda porque mentres fuxía coa bóla, o Á meteume o pau entre as rodas do patín esquerdo (Falta! Falta!) e aló fun eu a espatelarme coa perna reviritada, sobre a cicatriz de sempre, coma no amor. Non foi nada ao que puido ser. E o sangue, sendo algún, non daba para fillozas.

Total que pasei unha semana reprimíndome de arrincar a bostela, para que a ferida me curase ben, que ás veces danme arroutadas autodestrutivas. Porén, durante o partido desta semana, volvín turrar contra o Á e ao caer, batín... adiviñen, sobre que xeonllo? Xusto nese, xusto sobre a ferida non curada, e do golpe arrinquei a bosteliña que tanto me custara conservar. Malfadada eu!

(Nestas sempre me acorda a do que matou o cabalo dun tiro porque se lle ferira cunha silveira:
—Se non o mato, desángraseme! —explicouse o cata.

E eu polo si polo non, río e érgome, como se nada, sacudindo o po.)
___________________
P.S.: Onte foi a terceira clase e non caín nin unha soa vez, pero foi só por non volver arrincar a bostela.

16 comentários:

Teté disse...

Xi, quando caio normalmente até choro! Mas também nem preciso de patins, é assim mais ao natural...

Olha se me metesse num desporto desses?! Mas a minha teoria, que já ninguém aguenta, até porque politicamente incorrecta, é que o desporto faz mal à saúde... `_^

Beijoquitas e bom fimde!

Sun Iou Miou disse...

Enquanto não partir um osso, Teté, não faz mal. Doem mais outra classe de feridas.

À minha saúde física não sei se lhe faz bem, mas à mental garanto-te que lhe faz muuuuuuuuuuuito bem. Imagina só! `_^

Bom fim-de, 'nina!

Anónimo disse...

¡Que historietas!

^___^

¡uhuhuhuh!¡hahahahahah!
¡ayayayayayay!
Miss Tollo

Sun Iou Miou disse...

Vaites, Miss Tollo, saíches da rede?! Era sen tempo. Ándasme feisbuqueada.

E non son historietas, son historias.
Cataclonc! Ui! Ai! Uf!

Hehehe!

João Paulo Cardoso disse...

Posso então esperar para te ver no "Dança Comigo no Gelo"?

Beijos!

Sun Iou Miou disse...

Só se for para quebrar o gelo... numa queda, JPC!

Bom fim-de-semana!

Kapikua disse...

isso é o que eu chamo de patinagem artística! :)

Cair dessa maneira e sair a rir é uma belíssima forma de arte!

Beijo e bom fds!

Sun Iou Miou disse...

Diz o professor, Kapikua, que sou a única pessoa que conhece (e já teve não poucos alunos) que ri depois de cair... até um dia, imagino, he! Mas é que sou muito feliz a patinar, e muitimisíssimo! a jogar a hóquei. ^_^

Bom fim-de para ti!

Anónimo disse...

Ría ría... pero cóideme dos dentes, a ver como ri despois :-)

Sun Iou Miou disse...

Sempre podo recorrer á dentadura postiza de Xoán Lobo Vieira, que a deixou nun vaso con auga na mesa de cabeceira cando morreu.

E falando no XLV (Anda!, pero se me dá un número romano. Terá algún significado?), teño que seguir coa historia.

Euzita Verdita disse...

Que inveja! Eu nunca consegui ficar em cima desses "trecos", nem quando era criança, tinha mesmo muito medo de cair, mas morria de vontade e só na vontade fiquei... snif, snif.Bom fim de semana! Beijos

Sun Iou Miou disse...

Bom, Euzita, eu acho que perdi muitos medos já, não todos. `_^

Ainda estás a tempo de aprender.

Bom fim-de!

Raposo disse...

Hai xente que non escarmenta. E non o digo por vostede, líbreme Deus!!!

Sun Iou Miou disse...

Pois ben o pode dicir, Raposo. Non escarmento, non.

Disque o home é animal que tropeza dúas veces na mesma pedra? Pois eu, muller, xa perdín a conta.

(E que non o teña que librar deus, que vai dado!)

couselo disse...

Sei pouco ou nada do hoqei. Básicamente o que pode ter visto pola tele, eu que non fago uso dela para os deportes. Me sona ver aos xogadores equipados de proteccións, cada un para parte do su corpo que máis o necesita. Así que me imaxino como será a túa protección para o cu. Morro en ganas de verte con ela posta

Sun Iou Miou disse...

Pois morre, Couselo, morre! A protección para o cu está nos protectores dos pulsos, xa ves ti. Hai que saber caer. E sobre todo, saber levantarse. :P