domingo, 6 de dezembro de 2009

1130 km / 36 h






Chuvia e vento decontino case até Benavente. Despois sol. E nubes. Segovia. Un cuarto de hospital. Nubes, nubes, nubes, que van e veñen pola mente, achegan e afastan lembranzas. Se necesitas algunha cousa, dimo, repetíame. Esquécelle quen son. Isto de ser vello, dicía. E a filla de H, sabes como se chama? Ana! E sorría. Este hotel debe ser caro. Non se ve nada desde a ventá. Non, non se ven piñeiros. Ponlles algo a estes señores. Non me deixedes só. A noite.


A mañá. Sol, sol, sol, a pequerrecha. Que sorrí. E ás veces chora pero pouco. E logo nubes, chuvia desde antes de Puebla de Sanabria. E vento, e chuvia. Vento e chuvia.

10 comentários:

condado disse...

Este país de chuvia e vento é unha merda, eu estaba a punto onte de largarme para sempre e cando estaba case que na porta, veu a veciña a regalarme pan gramado e dulces de castela... Tiven que ficar, outra vez...

Sun Iou Miou disse...

Xa ves, Condado. E quedoume na casa o máis importante: as améndoas garrapiñadas de Villafrechós. Logo chas levo. ^_^

De todas maneiras, nunca vin a provincia de Segovia tan seca, tan seca, tan seca. Asusteime. Non sei que será peor.

Xan disse...

No medio da chuvia e vento, de rabos de nube, do sol, da terra seca da meseta. Da amnesia que pide amparo, aparece a resurrección da vida, a felicidade que asoma na cara dese pequerrecha allea os problemas.

Sun Iou Miou disse...

É así, Xan: uns que xa non recoñecen, outros que empezan a recoñecer. E non sei se *_* ou ^_^.

Rafeiro Perfumado disse...

1130 km e 36 horas são coisa pouca, se foi para ver um sorriso como aquele.

Abracinho!

Sun Iou Miou disse...

E não foi o único, Raf, cousinha mais linda (a pequena, não tu!).

Abracinhinho!

Teté disse...

Vento e chuva que não são só no caminho para Segovia! (nem nas nossas mentes)

Mas o sorriso da bebé certamente compensou... :)

Beijinhos!

Sun Iou Miou disse...

Não quer parar, Teté. Acho que devo ter cogumelos nas orelhas já.

A viagem, com chuva ou sem chuva, não foi má. E a pequenina compensou tudo. Mau foi mesmo ter de voltar.

Ra disse...

Aire fresco, después de todo.


(Qué tal está La Teta Asustada? Bueno, la pregunta suena regular :))

Sun Iou Miou disse...

La Teta Asustada, Ra, es diferente: fuerte y suave. Merece la pena verla.

Ya el título en sí mismo suena regular, pero enseguida se entiende. Jamás hubiera ido a verla si no tuviese de ella más referencia que el título.