quinta-feira, 14 de janeiro de 2010

O inferno existe

É escuro, case negro, o sangue que me mana do antebrazo pálido, das veas azuladas e secas, de paredes engrosadas, raíces às que o vento e a auga desprotexeron, e queda en depósito, coma o mercurio dos termómetros rotos, nos tubos de laboratorio nos que a enfermeira pega cadanseu código de barras, a miña identidade, o que eu son resumido nun número, longo, e vállanos iso.

No bar fálase de fútbol, bébese café con leite, sol e sombra às veces en copa pequena ou licor café ou unha branca, e mastíganse devagar torradas ou churros mentres o televisor vomita imaxes do horror colectivo que se torna visible durante uns minutos sen alterar apetitos e rutinas. Alá lonxe —nin se sabe moi ben onde, que hai tantos outros lonxes deses— o oitenta por cento da poboación arrástrase por baixo do limiar de pobreza, o sesenta por cento da poboación malvive con setenta céntimos de euro diarios e a morte compite acotío con eles polo territorio, insaciable. E non, non son masas informes desprovistas de terminacións nerviosas, non son seres aos que a miseria e o sufrimento —consolámonos— virou de pedra, xentes que paren fillos de lama. Son un e un e un... individuos que respiran se os deixan. Non os deixamos. E pasamos a outras novas.

Arrío en banda sobre os poemas de Anna Akhmátova*, traducidos a esta lingua de tres ortografías que nos une. As atrocidades que ela viviu hoxe parecen ridículas, case mesquiñas, peso pluma na balanza dos espantos, pero haxa calma, de aquí a uns días volve ocupar o seu lugar de honra na literatura universal, como merece.

Eu, entón, volverei estender os brazos ante a enfermeira para que elixa vea á vontade. Despois entrarei nun bar calquera a almorzar un café cargado con croissant e un libro de poemas. Non me alcanzará xa o fedor dos cadáveres desenterrados e enterrados, nin me desacougarán os ollos húmidos dos que a paso lento cada día, ás vinte e catro horas, sen sosego, sucumben alén destes soberbios muros nosos.

______________
* Anna Akhmátova. Só o silencio me responde. Tradución de Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira. Rinoceronte Editora, 2007.

12 comentários:

Anónimo disse...

O mundo ás veces é horrible; e só estamos nós, o pioriño que hai nel, para melloralo.

Kapikua disse...

Estas tragédias mexem sempre connosco.
Pena é que só nos lembremos dos que nada têm quando perdem a única coisa que lhes sobra, o ar!

Beijo!

Adorei o teu texto. Que paradoxo este de achar BELO o relato triste da morte!

Sun Iou Miou disse...

Tampouco é pensar que só os seres humanos son maos neste mundo, Kaplan. Os animais tamén son crueis cando lles dá para aí. Iso si, o de melloralo está nas nosas mans, polo de agora. Claro que non todo a xente entende igual a dirección en que deben ir as melloras. :(

Sun Iou Miou disse...

Não pretendo fazer-me de santa agora, Kapik, não sou. Haveria que ver até que ponto estou disposta a sacrificar o meu bem-estar para que os que não têm nada tenham alguma coisa. É obsceno pensar quanto dinheiro investem os serviços sanitários para eu poder continuar aqui a ventilar os meus problemas de consciência... e amanhã é outro dia.

No mínimo, que o texto seja BELO. Pensei que não ia conseguir escrever nada de jeito sobre isto. Obrigada, rapaz.

Beijo comovido.

Kapikua disse...

Ontem BRUTA hoje SANTA!!! :)

porque te menosprezas tu?

Beijo grato (pela beleza do texto e por me chamares de rapaz:) )

Sun Iou Miou disse...

Ando assim um bocado para o fundo, Kapik. Toca agora, parece. Não me ligues.

Cá todos somos rapazes e raparigas até ao fim. :)

Beijo para ti

(E agora vou patinar, ver se esqueço as neuras.)

Kapikua disse...

vai lá e manda um daqueles espalhos em que te partes toda A RIR!!!!

BEIJO!

Teté disse...

Também gostei muito do texto, Sun. O relato do que nos está próximo, versus o que está distante e não nos toca tanto. Ou nem toca, por vezes!

Mas sim, como dizia alguém ontem, aquele povo nasceu para sofrer... e nós ainda nos queixamos por tudo e por nada, às vezes até sem razão...

Enfim, é a vida!

Beijoquitas!

João Paulo Cardoso disse...

Um bom fim de semana para ti e para... a Anna.

Beijos.

Sun Iou Miou disse...

Coisas, Kapik! Dei um espalho mesmo no jogo de hóquei e foi o único momento em que ri essa tarde.

Vais-me gastar os beijos. E depois? ;)

O depois que se lixe! Vai um beijo grandérrimo.

Sun Iou Miou disse...

Obrigada, Tetezinha.

Beijoquita

Sun Iou Miou disse...

A Anna Akhmátova parece-me que há tempos que não desfruta dum bom fim-de-semana, JPC, mas cá estou para desfrutar por e com ela.