quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

U-lo Karl?













As tendencias tiran para zombies-nzumbis e monstros variados. Xa nin nos cemiterios hai paz, menos descanso. E sae de balde, casemente, ollos postos na produción do espectáculo, aforrar no contrato dun protagonista que non actúa, que nin aparece. De balde dixen? Dixen en balde. Satisfáganse os dereitos sobre nome, pagadeiros a defuntos cuxos bens outros vivos vivísimos administran. Fóra o gran pormenor, barato. Estarei a desenguedellar a trama? Duvido, logo existo, que é máis do que se pode esperar dunha obra de fantasmas, nas varias acepcións do termo. Mais se así fose, se desvelei o que é evidente —que o Marx morreu—, non hai raciocinio que resista ao pracer do envoltorio: diálogos e disdacalia (viches como aprendo logo o que logo non me esquece?).

(Cada vez gústame máis ler teatro. Pódese ler dun tirón na sala de espera do médico para escorrentar desesperanzas, mentres algún paciente impaciente reclama o xantar, non por fame, máis e só por enredar, por matar o tempo, como se o tempo non soubese morrer pola súa conta.)

11 comentários:

Teté disse...

Onde é que Karl Marx alguma vez teve descanso no cemitério? Nenhum, com milhões de pessoas a amaldiçoá-lo forever and ever, como o Demis Roussos...

Mas esse livro/peça suponho que tão depressa não sai por cá, se sair. Daí que se revelaste algum desenrolar do enredo passa lindamente, que amanhã ou depois ninguém se lembra! :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Ao Demis Roussos também o amaldiçoam, Teté? Essa é que eu não sabia. O que a gente tem ainda para aprender! Hihihi!

O livro talvez não, mas alguma obra do autor já foi representada em terras tugas, de maneira que nunca se sabe...

Beijoquita

Teté disse...

Eheheh, coitado do Demis Roussos, ele só cantava a canção... :)

Sun Iou Miou disse...

Ah, agora percebi, Teté. Estou noutro mundo. :)

erre disse...

Non son eu quen para dicilo, pero o Karl na peza non segue entre os mortos, ¿non é? E desenguedelle a trama, que é o que se merece.

O último parágrafo deberan apuntalo os profes de literatura, os libreiros e tódalas xente de bo ler nas súas frontes e nos seus tímpanos.

Anónimo disse...

Demis Roussos vive aínda??!
Estou perplexo
E si,o bon de ler teatro é que se corre que dá gusto, e iso sempre é reconfortante.

Sun Iou Miou disse...

Ah, carago, don erre!

Sabe? Confésollo. Li o libro xa algúns días e se chego a escribir no momento, dáballe máis literatura ao asunto, pero ando estresada, estresada. Só me relaxo nas salas de espera e grazas á xente coma vostede.

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, xa prefiro non saber quen vive nin quen morreu porque non proceso a información.

O señor erre lembroume que existe o teatro, que parece que é unha cousa que estuda no século de ouro e alí quedou. E non. E ademais non ten palla, cousa que se agradece enormemente.

Anónimo disse...

Comprendo que estea recluída, pero muller, un postiño tampouco é tanto! Ande, déalle leña

Jonas disse...

Déalle leña...!
Eis um bom conselho, sobretudo atendendo ao frio do tempo.

Sun Iou Miou disse...

Kaplan, Jonas, lá foi a lenha, toda a que havia para arder.

Beijos e bicos e apertas e abraços para os dois.