terça-feira, 22 de junho de 2010

Ánimos?

A Sanidade pública xa non é o que era. Onte, o especialista en internas medicinas recibiume tres minutos antes da hora marcada (interrompéndome as convulsións sobre un poema do Herberto Helder), sen fonendo ao pescozo nin bata branca...

―Raisopartan, doutor C, isto é maneira de recibir unha paciente? Onde van os protocolos?

Ao doutor C moito lle amola que o trate por doutor C en vez de polo nome de pía, que ao cabo xa lidamos moitas batallas xuntos e ímola virando. Pero hai que manter certas distancias a prol da cerimonia e a asepsia na arte de sandar. O doutor C, explícase todo azorado, está en camisa de riscas azuis e brancas, porque é xuño e nesa zona de consultas, aínda ben, o aire acondicionado non virou o mundo polo norte asasino. Para compensar, esténdeme o sorriso e unha man e recita o ensalmo:

―Que tal?
―Mal ―rímolle en verso coxo.

O doutor C levanta a cabeza e a perplexidade da listaxe obxectiva de cifras, onde se confirma que algo non vai, abofé, tan ben como debera. Seguramente, en todos estes anos, nin cando as vimos máis negras me saíu unha tal contudencia negativa na resposta. Interrógame cos ollos. Fálolle de e do corazón, do espertar último detallado en síntomas e temores, mentres el, aplicado no reconto de triglicéridos e colesterois, suma e resolve.

―Vas facer un electrocardiograma e se notas dor no peito corres a Urxencias. E nin se che ocorra morrer antes de eu me xubilar.
―Xa lle vale, doutor, que egoísmos! Deixe que me xubile eu tamén, que me quero estrear nas viaxes do IMSERSO...
―Ai, perdoa, perdoa, é que pensei que eras máis vella ca min...

E aí é que case o ía matando...

10 comentários:

Marreta disse...

Também estou a precisar de uma consulta de Sanidade, não púbica mas mental, no entanto estou muito renitente, se lá vou sou capaz de já não vir. Isto da idade não perdoa, os neurónios vão-se à velocidade da luz.

Saudações esclerosadas do Marreta.

condado disse...

Oes, si vas morrer avisa...

Sun Iou Miou disse...

Os neurónios vão-se depressa, Marreta, e as pernas não correm tanto já para os alcançarmos.

Sun Iou Miou disse...

Vou morrer, Condado, vou. Ti non? Hein?

Teté disse...

Ahahah, mas essa de matar o médico raramente é boa ideia, por várias razões! Mas que foi um bocado falta de chá da parte dele, lá isso...

Olha lá, mas esse mal estar que sentes não será devido a teres tido vários desgostos esta primavera? É que não ajuda nada, para nos sentirmos bem...

Beijoquitas e as melhoras para ti!

Sun Iou Miou disse...

Pois, Teté, mas não sou a doente imaginária do Molière :) O colesterol e os triglicéridos estão altos mesmo e não é culpa minha, mas doutros medicamentos que tenho de tomar. De maneira que não está de mais o electro.

Quando menos o médico fez-me rir quando já ia embora. Talvez fosse a sua terapia de choque. :)

Anónimo disse...

E con razón!
(Váiase desenganando co IMSERSO, que ao mellor tamén nolo leva a crise, verá)

Sun Iou Miou disse...

Outro a dar ánimos. Kaplan, non me xosque, que xa non sei se vou dar chegado alá (onde queira que nos poñan o "alá" a este paso, que cada vez, en lugar de achegarse, afástase), como para que me tire a ilusión da vida, que é acabar os meus días polos balnearios en autobús... ;)

pau disse...

Nao sei que dizer, mas cá estou. Faça favor de sanar, que eu preciso de sorrir com estas histórias e estes versos coxos... muitos ânimos e beijinhos. Eu também vou morrer, ora essa! vamos todos para lá, vemo-nos no último capítulo... :))

Sun Iou Miou disse...

Se não fosse eu a me dar forças, Pau...! Ainda hoje de manhã alegrou-me a vida o ministro Corbacho com um eufemismo dos mais interesseiramente crípticos que já ouvi: "camino de recorrido" chamou ao adiamento da idade mínima de reforma...