domingo, 25 de julho de 2010

Retrato impresionista dun incendio calquera










Agárraseme ao nariz o fume mentres ascendo a Arga ferida, fito o sol alto e a alta desesperanza que o tolda, que me abrasa por fóra e dentro, polos poros que transpiran e os ollos que cuspen querendo derrubar a fera que arrasa o monte contra a tarde en calma. Dóeme o rostro dos bombeiros, arrimándose o aconchego uns aos outros, vermello e negro, negro e vermello, formigas de brazos caídos coma o espírito, o cansazo e a tristura tatuados a ferro na pel incandescente e seca, de costas ao quita-medos e á impotencia, o camión-bomba rendido aos pés deles, manso, fungando de ventre baleiro, rebentado.

Agárraseme ao peito o lume mentres descendo a Arga magoada, prendo o instante nos ollos en que os dragóns de auga envorcan o cesto, como xoguetes que desafiasen as mofas do trebón colosal cincento; resóame nos ouvidos o brado do monstro cego; no tacto apéganseme os estralos agonizantes dos piñeiros que a resina ceba e o silencio das criaturas de pernas curtas ou asas inválidas que sucumben sen unha memoria tisnada de tenrura que as salve.


10 comentários:

ella disse...

Está tan ben descrito que ata cheira a fume. Mais logo Arga rexurdirá das súas cinzas como a ave Fenix

Anónimo disse...

A mesma tristeza de todos os veráns. A mesma desesperación xorda e a mesma pregunta.
Saúdos

Sun Iou Miou disse...

Non foi propiamente na Arga o incendio, Ella (a Arga pouco ten que arda).

E nada renace. Como mínimo, morre muita xente pequena nos incendios, morre moita vida. Os incendios son terroríficos. Velos de lonxe ou pola tele non dá unha idea nin remotamente aproximada do que son. Onte á noite, regresaba à casa e só vía por todas partes en Portugal, anacos de monte a arder e parecía "bonito" todo tan iluminado... Dubido que ningún bombeiro teña do inferno unha imaxe romántica.

Sun Iou Miou disse...

Creo que pese a todo, Kaplan, desta beira aínda avanzamos algo. Onte fun pola A-9 e había a cada pouco carteis que dicían: "Alto risco de incéndio. Tirar cabichas, 4 puntos." Iso é un grao de concienciación. (Non é que crea que os incendios se producen por tirar cabichas, ollo, pero hai unha cousa que se chama educación cívica e que ás veces só se aprende a base de multas.)

Marreta disse...

Não temos maremotos, furacões, tsunamis, vulcões, mas temos esse pesadelo anual que são os incêndios. E eu, como tantos outros, temo pelo meu hectarzinho "plantado" numa zona extremamente massacrada por essa calamidade, onde, para além da esporádica presença marretal, habitam outros seres vivos igualmente importantes.

Saudações do Marreta.

Sun Iou Miou disse...

É sempre a mesma coisa, Marreta. Chega a calor e o monte a arder... até quando?

Kapikua disse...

Lindo o teu texto Sun Iou!

E lá estou eu a achar belo o relato de uma calamidade...

escusavas de escrever tão bem...

bastaria: a floresta está a arder, até quando esta merda todos os verões?

Beijo fresco

Sun Iou Miou disse...

Não te preocupes, Kapik, é normal achares belo um texto de que não percebes patavina. É o engodo do desconhecido.

E pensas que escrevi dez linhas por quê? Se eu soubesse resumir assim como tu numa frase bestial, escusava mesmo de escrevinhar delírios. :)

pau disse...

Faça favor de continuar a escrever delírios. Delírios assim de belos. É triste, já o sei, mas eu tb percebo a beleza do texto e é mesmo um bocadinho de frescura entre a sempiedade do lume.
Beijinhos.

Sun Iou Miou disse...

Nem tempo tenho para delírios, Pau. Só escrevo rascunhos inacabados. E depois, cada vez que olho janela fora é fume...