quarta-feira, 15 de setembro de 2010

Incomunicando










Non entendo o absurdo desa pregunta, mesmo que eu a faga ás veces, admito. Como se pode preguntar se está todo ben? Claro que, se cadra, é a clásica pregunta retórica que non espera resposta ou, se espera, debe ser inescusablemente unha outra frase feita de idéntico calibre, vacuo, de preferencia adornada cun sorriso-grilanda, dentiños en ringleira como gardenias case plásticas de tan lustrosas.

Había un ano que non nos viamos. Reencontrabámonos, non moi casualmente, no mesmo lugar.

―Todo ben? ―preguntoume el.
―Non ―respondín, e tamén non había sorriso ningún nos meus labios, menos nos ollos.
―Non?! ―retrucou el desconcertado.

Non era esa, con certeza, a resposta que ditaba o protocolo. Son tarda, ás veces, en percibir as regras da convivencia en sociedade. Reeduqueime logo.

―Preguntas se estaba todo ben e non todo está ben. Unhas cousas ben, outras mal ―e calei, discreta xa, un "outras pesimamente".
 ―Ah, vale! ―aliviouse.

Parecían só sutilezas de lingüista, aínda ben. Esbocei un sorriso fino de labios para corroborar, baleiro, à altura da conversa, a restra de flores nun cordel estendidas.

―Pero de traballo ben, non?
―Claro, de traballo ben. E ti que?

Foi finando a troca de banalidades por aí. Afondar máis era traspasar os límites do conforto. Ao cabo, era festa e aquilo apenas un rumor que contribuía como é debido ao balbordo xeral de fondo. Fun até ao contedor de lixo máis próximo, levantei a tampa e deitei no interior a grilanda de flores xa murchas, ocres, sen que ninguén vise.

16 comentários:

Kapikua disse...

matas o interlocutor logo à nascença!

O rapaz, depois da protocolar banalidade inicial, poderia até surpreender-te pela sua inteligência...

raistefodam (à la Jonas) Sun Iou! :)

beijo raisfodido!

Sun Iou Miou disse...

Há uma certa forma de inteligência, Kapik, que se chama sensibilidade, de que sei (enfim, calculo, vamos deixa-lo aí) que tu não careces.

O rapaz, depois de protocolar banalidades, levou a conversa ao terreno do trabalho. Ele estava de férias ainda. Era fim de semana. Eu não tivera férias e também trabalhara de fim de semana. Falar em trabalho?! Com certeza, pude embebedar-me para estar à altura do panorama geral e continuar com a conversa inteligente e insensível.

Raismefodam (à la Jonas, e raisofodam a cujo dito, que continua sem aparecer.)! E raistefodam a ti, sensível e inteligentemente!

Beijo desprotocolado!

Alexandre de Castro disse...

Esta é uma boa pergunta para colocar à Sun Iou Miu:
- Tudo bem? Espero que sim.

Sun Iou Miou disse...

-Não, Alexandre. Não está tudo bem -e grunhido a seguir.

Teté disse...

Por acaso essa frase do "tudo bem" tem muito que se lhe diga. Primeiro, quem pergunta normalmente não está interessado em saber a resposta, é apenas uma banalidade costumeira. Segundo se em vez de "tudo" de sorriso nos lábios, recebem de resposta "mais ou menos", "assim-assim" ou mesmo um rotundo "não", ficam sem saber como prosseguir a conversa circunstancial.

Há costumes mesmo estranhos, não há? ;)

Beijoquitas!

Alexandre de Castro disse...

Por acaso, eu até estava interessado em saber a resposta. E fiquei preocupado com a resposta.
Eu entendo que, antes de ser uma banalidade, é uma forma de cumprimento.´,como qualquer outra.

Sun Iou Miou disse...

Tudo (a) bem da cortesia, Teté. :)

Sun Iou Miou disse...

Nesse caso, Alexandre, troco o grunhido por um sorriso. :)

(Eu sei que é uma forma de cumprimento como qualquer outra, como quem diz boa tarde ou bom dia. Está tudo bem.)

Ana Saraiva disse...

A minha favorita:

-Como vais?
-Vai-se andando!

Dava um (ou vários) Tratados mas hoje num mapetece!

Vou andando, que se faz tarde. (adoro esta!!!!!)

Sun Iou Miou disse...

Em galego, Ana, dizemos:

-Como vas?
-Vaise indo.

E na hora de ir embora:
-Vou ir indo.

E até há uma música popular, cuja letra diz "Vaite indo, vaite indo, que eu tamém me vou andando".

:)

ella disse...

En castellano: ¿hola que tal?, Cuanto tiempo sin verte, que es de tu vida?.
Pero bueno...!!!que sorpresa!!!
Hombre fulano, me alegro de verte.
¿Como te va?.......................

Si, estoy de acuerdo Son Iou, el "todo bien?" es poco expresivo y no pregunta nada.

Anónimo disse...

O asunto está, creo, en que a frase non se debe tomar literalmente, como cando se pregunta ao entrar nun sitio, que hai? (cousa que eu fago constantemente, e logo rebéntame cando alguén en vez de ola se me pon a contar non sei que cousas).
Na Mariña cando te cruzas con alguén pola rúa o saúdo é Logo p'onde vas? (o que a min ao principio me parecía o colmo da impertinencia, ter que explicarlle a calquera descoñecido a miña vida)
En fin, perdón pola conferencia.

LM disse...

deixei algo para ti no blogue (http://oblodelm.blogspot.com/2010/09/paideleo.html)
beijos

Anónimo disse...

Nun bar en Galicia:
-Bos días
-E por que?
-Por dicir algo.
E os dous interlocutores continuaron cada un ao seu.

Marreta disse...

Tudo bem?

Chousa da Alcandra disse...

Un día, con tempo e ganas, habías describir con máis fondura iso de "un sorriso fino de labios". Non é que non o vexa, é que me gustaría velo na túa escrita.

Deixo boas intencións