sábado, 11 de setembro de 2010

Non foi nada ao que puido ser...

... é a frase que se di nun caso así e é bonita de dicir.

Onte á tardiña, nun cruce con visibilidade nula, un coche (cuxo condutor saíu, fiando no espello redondo e traizoeiro de barriga prominente) arremeteu de lado contra min, contra a miña perna esquerda, no medio e medio da canela esquerda, cando ía cos patíns na maleta da moto para a Nova. Ai! (baixiño). E non se conformou con iso. A matrícula do coche fíxome un corte na perna. Non foi para tanto, non fose que me ía desangrando e manchei as medias de algodón de patinar, que valen unha pasta... e que quedei sen patinar esa tarde. O primeiro que pensei ao sentir o golpe foi, "Alá vai a minha carreira deportiva de ancianita patinadora!". Pero non, parece que saio desta case ilesa. Doeu un pouco. A moto intactamente tombada. Aínda ben. O primeiro, despois de ver que non tiña nada partido, foi levantala do chan. E sosegar o condutor, que padece do corazón e estaba cuns nervios que nin reaccionaba. Coitado. He! Casualmente, xusto no cruce de camiños do accidente, aquí nas Carrouchas, vive un enfermeiro, que saíu co botiquín e me fixo os primeiros auxilios cunhas tiras de aproximación para estiñar a hemorraxia. Hai outras maneiras de estiñar hemorraxias, como é ferrar un tiro na cabeza do animal ferido para evitar que morra desangrado, pero non foron precisas medidas tan drásticas, que aquí esta besta aínda era quen de se impor cunha mirada asasina, mesmo que non puidese dar á perna.

O propio condutor levoume despois ao médico. Media hora de camiño dándolle ánimos, tan mal se sentía o pobre. Polo menos creo que aprendeu a non confiar máis nos espellos convexos dos cruces... e eu, a non fiar nas preferencias de paso nos cruces sen visibilidade.

En Urxencias atendeume un enfermeiro simpatiquísimo (e guapiño), que gabou o labor do colega no lugar dos feitos. Meteume un punto sen anestesia, porque para un punto, dixo, non merecía a pena. Pedín whisky para superar o trago cun grolo, nin que fose bourbon, como nas do oeste, pero o único alcol de que dispuñan, polo visto, non é potable: seica anda mal de recursos a Sanidade. Así que tivo que ser a doer, pero non foi para tanto: como dúas picadelas cando vas facer análises (limpas, ollo, das de sen escarafunchar). E logo a inxección no cu da gama que, malia as advertencias case sádicas de que me ía doer máis do que o punto, tan pouco a noite, que até dubido se ma puxo se non con estas de aforrar en gastos por causa da crise. Chámanlle efecto placebo contra o tétanos.

O único que me amolou foi que ninguén me dese un caramelo na saída por ser valente e non chorar nadiña. Non volvo saír da casa sen un caramelo. Queda dito.

_____________
Última Hora: Ao condutor do coche o sentimento de culpa seica lle esvaeceu despois dunha noite, deduzo, ben durmida. Esta mañá, cando foi dar parte ao seguro, tinha dúbidas (ir)razoables de que a culpa fora dele. Aínda ben, na compañía déronme a razón, porque a teño e teño, ademais, testemuñas e o parte asinado por el onte coa descrición do accidente e os danos.

Segunda lección: Non é só nos espellos convexos no que non debe fiar unha persoa nunca.

24 comentários:

Rub disse...

"Aquí Michael O´Day vino a yacer

pues su derecho al paso quiso mantener.

Tenía preferencia, ello es bien cierto,

mas, como si no la tuviera, aquí está muerto"

xD

Sun Iou Miou disse...

Eu sei, Rub. Hai unha copla portuguesa que agora non me lembra moi parecida. Intentei acordarme para colocala no texto pero non houbo maneira. :)

Andar por camiños de aldea todos os días nunha moto é un deporte de risco, xa polo simple feito de que son estreitos e en calquera momento, tras unha curva, pode aparecer un coche fogueado, e máis con cruces de visibilidade nula como ese.

Se non chego a ir devagar, probablemente neste momento non o estaría contando con tanta alegría, porque o primeiro que pensei cando sentín o golpe foi que me desfixera a perna.

De todas maneiras, a vida é isto: morrer en calquera momento. O único malo é non morrer e quedar vexetal sufrindo e facendo sufrir.

Alexandre de Castro disse...

Lamento o acidente, Sun Iou Miou. Poderia ter sido mais grave. Tem toda a razão em não acreditar nos retrovisores e nos condutores irresponsáveis.
Mas, para outra vez, não se esqueça de levar os caramelos.
As suas melhoras.

Sun Iou Miou disse...

Não foi o retrovisor, Alexandre. Foi um espelho desses convexos que há nos cruzamentos com nula visibilidade. O condutor do carro confiou nele e saiu sem se deter a comprovar que efectivamente não vinha ninguém pela sua direita.

O que me indignou realmente foi que o gajo, depois de reconhecer no momento a culpa, porque era evidente, no dia seguinte, quando foi à companhia de seguros, quis culpar-me a mim... E tudo porque talvez agora perca descontos na apólice. Felizmente, na companhia disseram que é um caso claríssimo, e eu, se precisar, tenho testemunhas. Tinha é de dar graças o miserável que não aconteceu nada de grave, que me pôde deixar aleijada para a vida.

ella disse...

Vaya! menudo susto, espero que te repongas pronto. Cuidate mucho.

Sun Iou Miou disse...

Gracias, Ella.

Anónimo disse...

Vaia, muller, síntollo, e aínda sinto máis non ter sabido antes do accidente para enviarlle un apoio e un caramelo virtual cando máis doía.
E o elemento ese que a atropelou é unha alfaia; déalle tres días e verá como foi vde a agresora.
O dito, alégrome de que non fose nada.

Sun Iou Miou disse...

Grazas, pero non o sinta tanto, Kaplan, porque non foi nada (ao que puido ser).

Ao cata non houbo que darlle tres días: unha noite chegoulle para pretender acusarme a min. Aínda recordo os tempos en que a xente deixaba unha nota no parabrisas cando daba noutro coche aparcado un golpe por pequeno que fose. Agora só se pensa en zafar para non perder os descontos das aseguradoras.

Creo que vou mudar de itinerario de agora en diante, non vaia ser que para a próxima non teña tanta sorte.

O caramelo pódeo mandar de todas todas, que non se estraga. Con azucre, por favor. :)

Rafeiro Perfumado disse...

Quem te manda ir a dar consolo ao condutor? Da próxima (que espero não acontecer) vai o caminho todo para o hospital a gritar AIIIII A MINHA VIIIIIIIIDA, QUE ESTE COÑO DESGRAÇOU-MEEEEEEEEE!!!!

Pode ser que assim não tenha dúvidas da asneira que fez.

Beijocas e as melhoras!

Sun Iou Miou disse...

Seguirei o teu conselho, Rafeiro, com uma ligeira alteração. No lugar de COÑO, utilizarei outra palavra não-sinónima mas mais pertinente, como CARALLO ou se preferires CARAJO (o repertório de insultos é amplo, no problem!)

Abracinho e obrigada!

Kapikua disse...

já eu acho que tu tens fétice por médicos/enfermeiros...

quando aí for, pelo sim pelo não, levo bata branca.

tu não deves confiar é na companhia de seguros e seus mediadores. Foram eles por certo quem fizeram a cabeça do teu "amigo" atropelador!

beijo sem anestesia!

Sun Iou Miou disse...

Se vires de bata branca, Kapik, ai... sou capaz de ter de precisar um boca a boca. ;)

Beijo anestésico!

Alexandre de Castro disse...

Neste caso, o acidente já está explicado. E o culpado do acidente não foi, certamente, o condutor do veículo automóvel. Só não ficou a saber-se se o enfermeiro-socorrista percebeu.
No próximo acidente eu levarei a seringa.

Sun Iou Miou disse...

Ai, o Alexandre descobriu a trama e agora sou eu que estou tramada! ;)

Confesso, fui eu que me coloquei deliberadamente diante do carro para ele me ferrar a chapa da matrícula na perna e assim acabar na maca das Urgências com o lindo (e novo e simpático!) enfermeiro aos meus pés. :))

luque disse...

Ai, agora que me lembro do conto, ou sea que o asunto foi lucir a perna espida... muller, naquel intre o do caramelo podíase trocar por un cafeciño (ainda que fora desca)que sempre axuda a recompoñer-lo corpo.
Dos espellos convexos non se pode fiar un, seica parescen reflectir outras dimensions, endexamais a realidade...Alégrome que estes ben.

Sun Iou Miou disse...

Falando en espellos, Luque, a ver se vai ser que estou morta e por iso no saín no espello, como lle pasa ao XLV?

Habemos de tomar ese café. O sábado andaba con algo de présa. Só parara na Pepa a dar o parte de primeira man, que como é o centro oficial das rexoubas, igual se terxiversaba o conto máis da conta e me facían nun pispás o traxe de madeira. ;)

E grazas.

luque disse...

Arrenégote demo ¡¡¡
Coido que non e coma ti pensas, ti fixo que saiches, o que pasa e que os que non saen nos espellos son aquiles que se lles morreu a ialma por iso non viches a o contrario. O XLV non sae nos espellos porque ten o "status máxico atemporal" co que pode facer o que lle pete mesmo o sair ou non nos espellos.
Por certo, lémbrate de lle dar un "toque" pra que despabile e veña a facernos unha visita.
O dito, o café na Pepa...

RubRub disse...

Non se amouque, Dona Sun, ¡seguimos estando! Vaille un malta porsis.

Sun Iou Miou disse...

Luque, xa é difícil controlar os vivos, canto máis os mortos. O XLV, como todo bo fantasma que se preze, ha de aparecer cando lle pete. ;)

Habémoslle mandar ese café na Pepa, con ou sen. :)

Sun Iou Miou disse...

Non mamouco, non, RubRub (escangállome, ás veces incluso con erre, cos seus nomes!).

:))

Anónimo disse...

Menos mal que non foi nada. E como experiencia ata é bonita. Eu nunca nunca me fiei deses espellos dos cruces... basicamente porque nunca entendín que raio de lado é o que reflexan.
E iso di, ¡daba algo por verte pedindo un grolo de whiskey!
Un bico terapéutico na perna, Sun Iou Miou.
A Sigrid

Sun Iou Miou disse...

Xa che vale, Sigrid. "Como experiencia até é bonita?!" Creo que non temos o mesmo concepto de "bonitura".

Os espellos están como referencia, mais nada. É como fiarse dos retrovisores, desatendendo que teñen un ángulo morto.

Eu si que daba algo por verte dándome un bico na perna, co aspecto que ten! Non cres nin ti. ;)

La queue bleue disse...

Epa! Que mal :/
Uff, alegro-me de que nom fosse nada, nena. Biquinho biquinho

Sun Iou Miou disse...

Ai, LQB! É que ninguén vai vir a cantarme o sana sana culito de rana?