quinta-feira, 11 de novembro de 2010

Tamén do meu silencio










Do silencio como arma que se vira contra o señor Stevens ou contra min: o dominio dos sentimentos, refreados para non afastar (velaí a inxenuidade!) o que se quere ter, mesmo sen sabelo conscientemente. Apréndese tarde, case sempre, que nunca se debe adiar a voz e/ou o xesto precisos.

Máis ben era coma se un tivese à disposición un número interminable de días, meses, anos para resolver as veleidades da súa relación coa señorita Kenton; un número infinito de eventuais oportunidades nas que remediar este ou esoutro malentendido. Daquela non había, con certeza, nada que indicase que tales incidentes manifestamente pequenos ían tornar imposibles para sempre soños enteiros.

Kazuo Ishiguro. The Remains of the Day


Porque no fin será iso o que reste do día: saudades de futuro.

(Subliño que a novela ―digo excelente― é moito máis ca esta pincelada. Deséñase nela un home a desvendarse sobre un escenario moribundo, decote cunha palabra, dignidade, empuñada en van. É, en definitiva, a introspección en voz alta que dá en exhibir a alma coma quem descasca unha cebola ―prosaica mente, a miña― para encontrar na última capa nada ou lágrimas. Lágrimas.)

4 comentários:

Teté disse...

Nunca li este livro, mas vi o filme. Quer dizer, mais ou menos, que era tããão chato que adormeci/dormitei quase o tempo todo. E com bons actores (Anthony Hopkins e Emma Thompson))!

Mas, claro, muitas vezes os livros são bem melhores que os filmes! Com ou sem lágrimas que o filme não trouxe! (alguém chora a dormir?) :)

Beijoquitas!

Sun Iou Miou disse...

Não vi o filme, Teté, mas posso imaginar que fosse bem chato. Afinal é um gajo que se vai mostrando como é, muito pouco e pouco, enquanto fala dos outros. O livro, porém, para mim foi empolgante. Com certeza, eu sou um bocado muito atirada ao esquisito... ;)

As lágrimas não eram minhas, desta vez.

Anónimo disse...

Coincido coa Teté en que vin o filme e non lin o libro, pero a min por contra non me pareceu nada chato, ao contrario. Penso que efectivamente é unha peli lenta e con pouca acción: como non había de ser, se está centrada no día a día dos criados, e a acción e a diversión pertencen ao mundo dos señores.
Até me dá vontade de volvela ver (lástima que a teño en VHS)

Sun Iou Miou disse...

E logo, Kaplan? Mandou o aparello de VHS ao lixo? Eu aínda lle teño aquí mesmo un beta, dos tempos gloriosos, por non falar xa da cámara e o proxector de 8 mm!