sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Consuma a píldora con moderación

Estudos científicos de absoluta solvencia demostraron que tomar a píldora durante un período breve (?) reduce as posibilidades de contraer cancro de útero, de ovario ou de recto, mentres que o consumo da píldora durante un período prolongado (oito anos ou máis!!!) aumenta as posibilidades de contraer os cancros devanditos. Ata aquí todo ben: pódoo corrobar -se lles interesa a miña experiencia (se non vaian para outra parte, que hai moito que ler no mundo)-, porque eu tomei a píldora durante un período curto e non padecín (meigas fóra!) aínda nin cancro de útero, nin de ovario, nin de recto. Padecín, si, un linfoma, pero ese tipo de cancro vese que non entra na estatística. Total, que como a ciencia está para suscitar en nós dúbidas e preguntas, digo:
a) Será que o período durante o cal tomei a píldora non foi tan curto como os resultados do estudo aconsellaban e por iso, castigo divino, padecín o linfoma?
b) Será que curei (meigas fóra!) do linfoma porque tomei a píldora durante un período que malia parecer curto non era tan curto como debía nin tan longo como non debía?
c) Se o período prolongado se considera de oito anos ou máis (isto é, coma quen di, oito anos ou oito anos e un día), débese considerar o período curto de menos de oito anos (isto é, coma quen di, oito anos menos un día).
d) E quen aguanta como para apañar un cancro cun período tan curto ou tan prolongado sen morrer antes de anemia (ou de noxo, ou na ruína ao prezo que andan os tampóns)?

3 comentários:

Teté disse...

Hummm, não me parece que a pílula tenha a ver com isso...

Mas também, a minha moderação é tanta, que já não me lembro de quando foi a última que a tomei!

Fica bem!

Sun Iou Miou disse...

Podes ver a notícia, não inventei, mas tou bocadito verde ainda nisto e esqueci incluir o link. Se calhar assim percebes milhor, mas taméñem não há nada que perceber:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3112_8_163421__Sociedad_y_Cultura-Tomar-pildora-corto-plazo-tiempo-reduce-posibilidades-padecer-cancer

eue disse...

Reafírmasme no cachondeo científico do meu comentario ao post anterior.

X-DDD