domingo, 6 de janeiro de 2008

Carta da mañá de Reis

Benqueridos Reis Magos:

Non hai forma. Todos os anos igual. Desta foi a Encantada-vestido noiva, a Ariel co xogo de maquillaxe e unha saia de flores —monísima, dixo todo o mundo. Como volo hei de repetir? Eu quería —coma sempre, pero nunca mo traedes, así que para o ano insistirei— un Madelman explorador, ou un Fort Apache para montar granxas de indios e vaqueiros, ou un Mecano, ou un camión volquete deses enormes para cargalo de pedras, ou unha bici de carreiras… Ou libros, polo menos, libros! Pero nada. Nin sequera o saco grande de caramelos, que nunca o poño porque sei que sodes magos e “suponse” que adiviñades. Era tanto pedir? Vale, a bici é cara, xa sei, pero co que levades gasto en todos estes anos de regalos inútiles xa daba para unha de tres estralos. Conste que o gordo xa me fixo proposicións deshonestas para que cambie de operador, pero a miña lealdade segue convosco e estou por asinar un contrato de permanencia se para o ano cumprides a vosa parte. Vós veredes, pero advírtovos que estou empezando a encherme.

4 comentários:

Cesare disse...

Pásese ao gordo, pásese... Xa se sabe que un médico cura, dous dubidan, e tres matan.

Sun Iou Miou disse...

Se cadra, Cesare, o meu é que non ten cura. Empezo a pensar se non serán os meus desexos os que están confundidos. En todo caso, xa aprendín a tentar acadar pola miña conta o que desexo e por veces até o consigo(`_^). Beixiños.

Teté disse...

Xi, já vi que nem os Reis (magos?) te contentaram...
Deixa estar que aqui o Gordo da Coca-cola também se fartou de enganar comigo, quando era pequena: eu a gostar de BD e ele só me trazia livros da Anita...
Já deixei de reparar nos enganos... :)

Sun Iou Miou disse...

Afinal, Teté, a ameaça parece que foi eficaz e deixaram para ai repartidos livros e um jogo de escovas para limpar a bicicleta que lhes agradeço imenso às suas Majestades. Vai um voto de confiança para o ano. (Aliás, a aparição do gordo nesta outra margem já me apanhou um bocado grande para acreditar nele e também não tenho chaminé na casa, não me vou pôr a fazer obras agora.)